O ministerio acaba de trasladarnos e adiantarnos a publicacion das listaxes definitivas do concurso de traslados. Comunícanos así mesmo que o concurso anunciado con data 15-4-2013, publicarase o día 19-11-2013 no BOE. A data de cesamento para o corpo de Tramitación será o día 26-11-2013 e a de Xestión e Auxilio o 3-12-2013.
Busqueda rápida
- accion social
- cadros de persoal
- calendario laboral
- comisións de servizo
- concursos traslados
- cursos de galego
- formacion
- Horario
- interinos
- Letrados Admón.Xustiza
- Médicos Forenses
- mesas de negociacion
- Mobilizacións
- normalizacion linguistica
- noticias
- oposicions
- Oposicións
- Permisos
- plataforma unitaria
- retribucions
- substitucions

miércoles, 30 de octubre de 2013
martes, 29 de octubre de 2013
LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS OPOSICIONS SECRETARIOS
No BOE de hoxe publícase a Orde, pola que se
procede a aprobar e publicar as listas definitivas de aspirantes
admitidos e excluídos no proceso selectivo, pola quenda libre e a de promoción interna, para ingreso no corpo de secretarios
xudiciais, así como a publicar no anexo as relacións de excluídos, con
expresión das causas da súa non admisión.
jueves, 24 de octubre de 2013
PUBLICADA NO BOE A CONVOCATORIA DE OPOSICIONS AO CORPO DE XESTION
No día de hoxe publícase no BOE a convocatoria de oposicións para o acceso ao corpo de Xestión ao servizo da Administración de Xustiza.
O importe das taxas para poder participar serán de 10,99 euros para a promoción e 21,98 euros para a quenda libre ou 5,50 euros e 10.99 euros, respectivamente, se se ten dereito a redución.
O prazo de presentación de instancias finaliza o 13 de novembro e a solicitude terá que descargarse da páxina www.mjusticia.gob.es
martes, 22 de octubre de 2013
NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN
Publicáronse na intranet
no día de hoxe avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por
substitución. Podedes
tamén consultar directamente a
información premendo nos vínculos que se achegan
abaixo.
Prazo de presentación de instancias: 22, 23 e 24 de outubro
Novas substitucións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oSUhGNkV2QUlqUTA/edit?usp=sharing
jueves, 17 de octubre de 2013
CONVOCATORIA OPOSICIONS 2013
Segundo información do Ministerio de Xustiza as oposicións ao corpo de Xestión, quendas de promoción interna e libre, serán convocadas o vindeiro 24 de outubro, data da súa publicación prevista no BOE, abríndose para inscrición o prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación.
Convocatoria oposicións
Convocatoria oposicións
NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ULTIMAS ADXUDICACIÓNS
Publicáronse na intranet
no día de hoxe avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a
información premendo nos vínculos que se acompañan
abaixo.
Prazo de presentación de instancias: 17, 18 e 21 de outubro
Novas substitucións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oUURJd3JsZlBkOTg/edit?usp=sharing
Últimas adxudicacións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oa3FfcDlOT2JSSmM/edit?usp=sharing
miércoles, 16 de octubre de 2013
BASES COMÚNS OPOSICIÓNS XESTIÓN 2013
O Ministerio acaba de trasladarnos as bases comúns que rexerán os procesos de oposición aprobados na oferta de emprego público deste ano. Ditas bases serán publicadas no BOE de mañá, 17 de outubro. Posteriormente, nos vindeiros días, sairá publicada a convocatoria de oposicións ao corpo de Xestión para que todo o mundo interesado en participar poida botar a súa instancia que este ano será totalmente xestionada de xeito informático.
lunes, 14 de octubre de 2013
CONCENTRACIÓN DIANTE DA EGAP EN DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS
Mañán día 15 de outubro, as 13:00 horas, diante da EGAP, con motivo da xuntanza da Mesa Xeral da Función Pública, haberá unha concentración de delegadas/os en defensa dos nosos dereitos laborais e contra os recortes salariais que un ano máis o Sr. Feijoo vai levar a cabo.
lunes, 7 de octubre de 2013
NOVOS CURSOS EGAP - ALEMÁN E FRANCÉS
A EGAP acaba de publicar no DOGA de hoxe a convocatoria de sendos cursos de alemán e fránces para o persoal ao servizo da Xunta de Galiza.
Poderá participar nas accións formativas convocadas por esta resolución o
persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma
galega que se atope en situación de servizo activo, permiso por
maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun
fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos para cada
un dos cursos no anexo II.
O prazo de inscrición finaliza as 14:00 horas do día 17 de outubro.e a matrícula deberase facer a través da páxina web da EGAP no enlace que vos facilitamos abaixo.
viernes, 4 de octubre de 2013
NOVAS ADXUDICACIÓNS E OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN
Publicáronse na intranet
no día de hoxe as adxudicacións das últimas prazas ofertadas
para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos
de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a
información premendo nos vínculos que se acompañan
abaixo.
Adxudicacións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oR0hra3NZQzFZNE0/edit?usp=sharingNovas substitucións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oUmNaZmVMRTRmbDA/edit?usp=sharing
(Prazo de instancias o 3. 4 e 7 de outubro):
Suscribirse a:
Entradas (Atom)