Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

   Publicáronse na intranet no día de hoxe  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de peticións: 28, 29 e 30 de ABRIL Novas Substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNSnRoR3h0VTg1V3M/edit?usp=sharing Últimas Adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMmhNMWZGV0tpeGc/edit?usp=sharing

CONCURSO DE TRASLADOS - PAGA EXTRA - REXISTRO CIVIL E PROMOCIÓN INTERNA

Na mesma mesa sectorial de Madrid celebrada o pasado venres, 25 de abril e, a petición da CIG,  tamén se falou sobre os seguintes temas: CONCURSO DE TRASLADOS : A convocatoria publicarase en maio, seguramente na  primeira quincena. REXISTRO CIVIL : Nun par de semanas o sr. Ministro daranos algunha nova sobre o seu destino final. PAGA EXTRA : A decisión de pagar, no territorio de competencia do Ministerio de Xustiza, non depende deles se non do Ministerio de Facenda; están agardando a que resolva o Supremo un recurso en interese de lei interposto pola  Avogacía do Estado. Loxicamente, se o Ministerio acordara o pagamento, esta decisión achandaría as reclamacións pendentes no resto de xulgados e tribunais do resto de territorios.  Nós, como CIG, seguimos coa estratexia de interpoñer recursos contencioso-administrativos nos xulgados de toda Galiza, a fin de que as sentenzas que se obteñan sexan extensibles a todos as/os traballadoras/es. A demanda no partido xudicial de Ponteve

MESA DE NEGOCIACIÓN LOPX EN MADRID

O pasado venres día 25 celebrouse en Madrid unha mesa presidida polo Director  Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O obxectivo era fixar un calendario de negociación da reforma da LOPX, que se iniciará nun par de semanas, pero máis ben o que se pretende é simplemente cumprir co trámite establecido pola norma e, se cadra, modificar algunha pequena cousa. De feito e, a pesares da insistencia da CIG en que esas mesas de negociación comprendan a totalidade da norma, só se van  cinguir aos Libros V (sobre os letrados, antes secretarios) e VI (resto de traballadores) , porque para nós é fundamental tratar o contido nos Libros I e II nos que hai maiores modificacións no que afecta ao novo esquema organizativo.    

CONVOCATORIA CHEQUE INFANTIL PARA ESCOLAS QUE NON SON PÚBLICAS

No DOG de hoxe 25-04-2014 saíu publicada a ORDE do 21 de abril de 2014 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil, e se procede á súa convocatoria.

CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES

No DOG de hoxe saíu publicada a RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, para o corpo de médicos forenses. As solicitudes para tomar parte neste concurso deberanse axustar ao modelo publicado como anexo II desta resolución, do cal se deberán cubrir todos as epígrafes que se lles exixan, e o prazo para a súa presentación será de 10 días naturais contandos a partir do seguinte ao desta publicación (5 de maio). 

MODIFICACIÓN ORDE DE INTERINOS

No DOG de hoxe saiu publicada a ORDE do 8 de abril de 2014 pola que se modifica a Orde do 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. As modificacións levadas a cabo foron: 1) Na letra f) do punto 2 do artigo 16, onde di: «...f) Actividade profesional fóra do ámbito da Administración de xustiza, no sector público ou privado...», debe dicir: «...f) Actividade profesional no sector público ou privado...». 2) No punto 4 do artigo 16, onde di: «... Neste caso aplicarase o disposto no número anterior», debe dicir: «… Neste caso aplicarase o disposto nos números 2 e 3 anteriores».

NOVA FORMA DE TRAMITAR AS INCIDENCIAS HORARIAS XERAIS

De acordo co publicado no día de hoxe na intranet e coas instrucións aprobadas por Resolución do 12 de febreiro, xa está habilitada a sinatura electrónica do parte individual de incidencias dispoñible na OPAX . As incidencias xerais de horario deberán rexistrarse ao día seguinte ou o primeiro día hábil de traballo tras a reincorporación ao posto. Dende o momento da sinatura, a incidencia pasará a estar dispoñible para o servizo de persoal correspondente, que procederá á súa validación e carga no sistema de control horario. Desta forma, para a tramitación de calquera incidencia de control horario, xa non é precisa a sinatura por parte do superior funcional da unidade, ao que se lle habilitará unha opción de consulta na súa bandexa de entrada, para poder facer un seguimento das incidencias tramitadas polo seu persoal.

INCIDENCIAS HORARIAS POR GARDAS OU CAMBIO DE QUENDA REXISTROS CIVÍS

Dende o día de hoxe aparece na intranet e está dispoñible a través da OPAX a incidencia parcial por horario e xornada especial , que deberá ser cuberta polo persoal que presta servizos de garda, para que o programa de control horario sume os tempos traballados fóra da franxa horaria xeral fixada polo calendario laboral vixente. Desta forma, calquera servizo motivado nun servizo de garda ou nun cambio da quenda de rexistro civil, realizado con posterioridade ás 18.30 da tarde e ata as 07.30 da mañá, en horario de inverno, ou dende as 17.30 da tarde e ata as 08.00 da mañá, en horario de verán, requirirá da cubrición da correspondente incidencia. Ao igual que o resto das incidencias de control horario, na súa tramitación non se require a sinatura por parte do superior funcional da unidade , ao que se lle habilitará unha opción de consulta na súa bandexa de entrada, para poder facer un seguimento das incidencias tramitadas polo seu persoal.

CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL 2014

No DOG de hoxe saíu publicada a Resolución do 18 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2014 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. a) Poderán solicitar as axudas os funcionarios titulares e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial. O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar en situación de activo ou en excedencia por coidado de fillos e con destino nesta comunidade autónoma no prazo de presentación das solicitudes e reunir os requisitos exixidos polo programa. b) Tamén poden solicitar a axuda os funcionarios interinos da Administración de xustiza sempre que prestasen servizos nalgún momento nesta comunidade autónoma no período comprendid

XUNTANZA DE EXPURGO E NOVA OFICINA FISCAL

EXPURGO Con cinco    semanas de retraso segundo o comprometido,   celebrouse unha nova mesa técnica sobre o expurgo, para ao final saír peor que entramos. Do comentado polo Director Xeral en diferentes medios sobre a posibilidade de nomear reforzos para labores de arquivo, nada de nada. Onde dixen digo digo Diego. As OOSS volvemos   reiterar a necesidade do nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o expurgo con máis eficacia e rapidez, necesidade que consideramos imprescindible porque do contrario suporá que teñamos que deixar o trámite ordinario dos asuntos para adicarnos a tarefas competencia do corpo de secretarios; ante a negativa do seu nomeamento, promoveremos distintas medidas   de presión que evidencien a nefasta xestión do expurgo e o lamentable estado dos arquivos xudiciais. Ademáis, criticamos a falta de organización do traballo dende a Dirección Xeral que

CURSOS DE FORMACIÓN DA EGAP PARA O PERSOAL DE XUSTIZA

No DOG de hoxe 10 de abril sae publicada a resolución pola que se convocan os cursos de formación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galiza. Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o s empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Tamén poderán participar os membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de inscripción e de dez días naturais (ata o 20 de abril) e deberá facerse a través da páxina da EGAP

PRAZAS DEFINITIVAS GALIZA - CONCURSO DE TRASLADOS 2014

A Xunta de Galiza ven de trasladarnos a última listaxe de prazas (supoñemos que será a definitiva), que sairán no vindeiro concurso de traslados. Pese a ter solicitado dende primeiros de ano e a través da mesa sectorial que as prazas das fiscalías provinciais foran consolidadas dunha vez neste concurso vemos como a Dirección Xeral mantén un ano máis a situación dos reforzos sempiternos en determinados servizos da administración de xustiza e segue sen crear aqueles outros (servizos de apoio, servizos comúns xerais, unidades administrativas, etc.) xa deseñados dende fai anos. Listaxe definitiva prazas Galiza

XUNTANZA DA MESA TECNICA DO EXPURGO EN COMPOSTELA - 10 DE ABRIL

O vindeiro día 10 de abril, na EGAP en Compostela, terá lugar a xuntanza polo tema do expurgo, requerida días atrás polas centrais sindicais presentes na mesa sectorial. Dende a CIG queremos salientar que acudimos a dita xuntanza co obxectivo de que a situación excepcional do expurgo sexa afrontada tamén dun xeito excepcional por parte da administración autonómica. O que non pode ser e que, o que non se fixo en 20 anos, facelo agora en un e, a costa dos cidadáns e dos traballadores.

PRESENTADA POLA CIG A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR SOBRE MEDIDAS DE CREACIÓN DE EMPREGO

A CIG fixo entrega o pasado 2 de abril no rexistro do Parlamento de Galiza de máis do dobre das sinaturas necesarias (en concreto 31.232) para avalar a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular sobre Medidas para o Crecemento Económico e a Creación de Emprego en Galiza. As/os representantes da central sindical chegaron á sede parlamentar en manifestación xunto cuns 1.500 delegados/as que partiron da Alameda compostelá tras reunirse en asemblea no Pazo de Congresos. Despois deste trámite, a ILP pasará a se debater no parlamento galego.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

  Publicáronse na intranet no día de hoxe  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de peticións: 4, 7 e 8 de ABRIL Novas substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRkI2Mm4xY3JPbTg/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZU5EeVZ1aGpWM2c/edit?usp=sharing

PETICIÓN DE BOTICA DE PRIMEIROS AUXILIOS OU REPOSICIÓN DE MATERIAL

Dende a páxina web de PREVENCIÓN DE RISCOS pódese acceder ao formulario de petición de botica de primeiros auxilios para cada un dos órganos xudiciais.Tamén se pode acceder ao mesmo formulario para completar a botica, por se houberan caducado determinados medicamentos ou se esgotaran os mesmos ou calquera outro material que compón dita botica. Formulario de petición de botica