Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2013

URXENTE MESA SECTORIAL IT E DESCONTOS NÓMINAS

Tal e como solicitamos os Sindicatos con representación na Mesa de Negociación (CC.OO-USO-UGT-CSIF e CIG) o Director Xeral de Xustiza de Galicia acaba de convocar para o próximo día 4 de xullo unha Mesa Sectorial URXENTE para tratar os seguintes temas. - Normativa sobre descontos por baixa laboral (Descontos I.T) - Erros nas nóminas do mes de Xuño (Mugeju, Dereitos Pásivos, Desconto, I.R.P.F, etc) Con respecto a normativa sobre descontos por baixa laboral solictaremos que non se desconte ningunha cantidade mentres non se negocie unha normativa especifica para os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia. As centrais Sindicais con representación na Mesa (CC.OO-USO-UGT-CISF-CIG) consideramos imprescindible que na normativa que saia da negociación se debe recoller como mínimo os supostos que non conlevan desconto que se recollen na normativa dos Xuices, xa que non se podería entender que un Maxistrado ou Xuiz nos contaxiara unha enfer

CONCURSO DE TRASLADOS SECRETARIOS XUDICIAIS

   No BOE do 25 de xuño saíu publicado o concurso de traslados para o corpo de secretarios xudiciais, que terán 10 días naturais para presentar a súa instancia, é dicir, ata o 5 de xullo , a través do sistema AINO@ (acceso Área Privada - Escritorio de trabajo - Aplicación AINO@) Resolución convocatoria

MESA SECTORIAL MADRID SOBRE INCAPACIDADES TEMPORAIS - 19-06-2013

   O pasado mércores 19 de xuño tivo lugar en Madrid a mesa sectorial de xustiza na que se intentou negociar o catálogo de supostos nos que as incapacidades temporais por enfermidade común non suporían desconto ningún en nómina. Pois ben, a negociación en nada ou en pouco mellorou a proposta que tiñamos sobre a mesa en Galiza por parte da Dirección Xeral de Xustiza xa que, o que ía ser un catálogo, quedou reducido a seis supostos xerais (hospitalización, intervención cirúrxica, radio e quimioterapia, xestación ou lactación, violencia de xénero e persoal con discapacidade recoñecida superior ao 33%). Se ben é certo que o Ministerio viu con bos ollos algunha das propostas de engádega de máis supostos, a súa marxe de manobra é pequeno fronte ao MAP, polo que a alternativa que prantexaron pasaría por detallar máis polo miúdo, en instrucións posteriores, os casos que se poderían encadrar dentro dos supostos xerais abrindo máis o abano de posibilidades.    O único positivo é que no territ

NOVA ADXUDICACIÓN DE SUBSTITUCIÓNS

Publicáronse na intranet no día de onte as  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. ADXUDICACIÓNS: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oNU5RWkZ5NjZsNHc/edit?usp=sharing

NOTA INFORMATIVA MESA TÉCNICA - 5-6-2013 - BOLSA DE HORAS DE LIBRANZA

3 DÍAS DE LIBRANZA Como continuación da Mesa Sectorial do pasado día 28 de maio, onde se lograron os 3 días de libranza por acumulación de horas traballadas, hoxe tivo lugar unha Mesa Técnica para ver o seu encuadre na aplicación informática. Nesta Mesa desenvolvemos o acordo asinado por CC.OO, USO, UGT, CSI-F, CIG   e a Administración, sendo os aspectos máis salientables os seguintes: ●            Para alcanzar os 3 días de libranza os funcionarios, de xeito voluntario, poderán acumular o tempo traballado que exceda das sete horas diarias, en computo mensual, nunha bolsa, que se poderá empregar a partir do mes de xullo, ben para reducir o horario flexible, ou ben cando se xunten 7 horas e media, pedir un día de libranza, ata un maximo de 3 ao ano. ●            Os días de libranza equipararanse aos días de asuntos particulares , é dicir: ○      Poderánse acumular aos días soltos de vacacións e asuntos particulares. ○      Poderánse desfrutar ata o 31 de Xaneir