Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2015

PRÓXIMA CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES

Comunícasevos que o vindeiro luns, 6 de maio de 2015, está prevista a publicación da Resolución do 10 de abril de 2015, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, para o corpo de médicos forenses.

1º MAIO - "CONTRA A POBREZA. EMPREGO E SALARIOS DIGNOS"

A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”. Fronte á propaganda do PP de que a crise está superada e de que todo vai ben, a realidade é que celebramos este 1º de Maio nunha situación de enorme dificultade para amplos sectores da clase traballadora galega. A situación só vai ben para aqueles que son os responsábeis desta crise económica, os banqueiros, os especuladores, os oligarcas españois amigos do PP.
 Manifesto 1º Maio

XUNTANZA CO MINISTRO SOBRE O REXISTRO CIVIL

Esta mañá celebrouse unha reunión no Ministerio onde o propio Ministro, Rafael Catalá, informou aos sindicatos presentes na Mesa Estatal de Xustiza (pola CIG estaban Chelo e Óscar) que a decisión que ten tomada é abandonar de xeito definitivo o proxecto de entrega do Rexistro Civil aos Rexistradores Mercantís e da Propiedade. Os nosos delegados informan que o Ministro afirmou que non se trata dunha mera paralización ou retraso, senón que retiran definitivamente o proxecto privatizador no que viñan traballando; para iso van modificar as disposicións legais onde se menciona aos Rexistradores e se prorrogará a Lei 20/2011 polo menos ate a segunda metade do ano 2016.

CURSOS DE FORMACIÓN EGAP

O vindeiro 2 de maio remata o prazo de matrícula nos seguintes cursos da EGAP:
1) A Custodia Compartida nas Crises Matrimoniais
2) A Prisión Provisional como Medida Cautelar Persoal no Proceso Penal.
Lembrade que se queredes solicitar un destes cursos debedes de cumprimentar a solicitude correspondente a través do area de matrícula da EGAP.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 27/04/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 27, 28 E 29 DE ABRIL. 
Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWEV0ZmtrbkpveW8/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNU1IeUZEYUpVdUE/view?usp=sharing

O MARTES 28 SABEREMOS QUE DECIDE O MINISTERIO SOBRE OS REXISTROS CIVÍS

Reproducimos a información para suscriptores de INFOLIBRE, que extractamos na sua integridade, acerca dos últimos rumores da privatización do Rexistro Civil e unha posible paralización. Este tipo de informacións hai que tomalas con todas as reservas, pero mellor ler cosas así que outras. O 28 de abril temos outra reunión co Ministerio, onde estaremos dous delegados da CIG e se verá o que o Ministerio realmente ten intención de propor.
"El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil
El Gobierno ha decidido paralizar la cesión del Registro Civil a los registradores mercantiles y de la propiedad. Así se lo ha comunicado el titular del departamento, Rafael Catalá, al decano del Colegio de Registradores, Gonzalo Aguilera, según fuentes próximas a estos profesionales. La versión oficial del Ministerio sostiene que aún no hay una decisión tomada al respecto. "Seguimos trabajando para cumplir la orden de las Cortes de llegar a un acuerdo, abierto a las s…

O ALCALDE DE ARBO LIMITA A LIBERDADE DE INFORMACIÓN

Ao alcalde  de Arbo, Sr. Horacio Gil, pertencente ao Partido Popular e que se fixo coa alcaldía desta vila a través dunha moción de censura, botando ao anterior alcalde do BNG,  Xabier Simón, non lle gusta a liberdade de información e, polo tanto non quere que os cidadáns desta vila se enteren, nesta campaña electoral, da privatización que o PP está a artellar do rexistro civil. Pois entón terá que explicarlles aos seus veciños como, cando morra un deles, terán que ir a Pontevedra a inscribilo e pedir permiso para enterralo ou, tamén, como aos pensionistas que cobran do estranxeiro e que necesitan unha fe de vida  terán que desprazarse á capital da provincia para facer este trámite, ou para inscribir o nacemento dun novo veciño, etc..  
Polo tanto, Sr. Alcalde de Arbo, deixe de defender ao seu partido político e defenda aos seus veciños e, non lles prive, xa non só dun servizo público fundamental que o seu partido quere privatizar, se non do dereito a informarse sobre esta cuestión.

OS NOTARIOS PROPOÑEN QUE SE APLIQUE AO REXISTRO CIVIL O MODELO INFORMÁTICO EXISTENTE NO CATASTRO

Os notarios propoñen exportar o modelo da oficina do Catastro para informatizar o Rexistro Civil (supoñemos que de cara ao cidadán e de quen queira consultar o mesmo on-line), baseándoo nunha ficha na que se cargarían os datos na folla de cada cidadán, polo que non sería necesario encomendar a súa xestión só aos rexistradores mercantís e da propiedade. Tamén recordan os notarios que o Rexistro Civil "publica feitos e actos xurídicos que non requiren de calificación ningunha" como fan os rexistradores e chaman a atención sobre as posibles "situacións absurdas" que se poderían dar si "celebrado e documentado un matrimonio, un rexistrador, na súa condición de encargado do rexistro, negase a inscrición do mesmo".
Vexáse o artigo completo en "Noticias Jurídicas"

A CIG AUTONÓMICA GAÑA AS ELECCIÓNS ÁS XUNTAS DE PERSOAL

MOI BOA ACOLLIDA DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS NOS XULGADOS DE VIGO

Onte, 22 de abril, diante dos Xulgados de Vigo e, seguindo coa campaña de recollida de sinaturas para a ILP en defensa do Rexistro Civil, os delegados sindicais de CCOO, STAJ, CIG  e UXT instalamos unha mesa para a recollida das mesmas, a cal acadou en 4 horas unhas 450 sinaturas de cidadáns que acodían aos xulgados. (Foto Faro de Vigo)

XA NON NOS DEVOLVEN O 12,50% DA PAGA EXTRA

Un incumprimento máis por parte da Xunta do Sr. Feijoo. Neste mes de abril non se vai pagar o outro 12,50% da paga extra de 2012 e, o que é peor, que non se sabe para cando se espera cobrar o mesmo. Na CIG, sabedores do mentireiros que son os representantes da Xunta e, como a formiguiña, fumos obtendo sentenzas da nosa afiliación e, nestes intres temos máis de 20 sentenzas favorables en todo o territorio galego. Esta é a actitude que máis lle doe a administración, pois non pode excusarse en non pagar as sentenzas firmes  (as extensións de efecto en moitos casos están paralizadas; inxustamente si, pero paralizadas, tan só se salva Ferrol e Ourense) polo que dado o estado das cousas, está visto que a alternativa máis fiable é recorrer e gañar unha sentenza que che dea a razón para cobrarlles a estes impresentables o que nunca nos deberon de quitar.  ANÍMATE, AFÍLIATE E FAILLES PAGAR.

CURSOS DE FORMACIÓN SUBVENCIONADOS

Na páxina de FORGA xa están ao voso dispor tanto os cursos da oferta interadministrativa (23 presenciais e 5 teleformación) dirixidos aos empregados públicos, así como a oferta de intersectoriais (41presenciais e 16 teleformación) dirixidos a persoal en activo, incluído o das administracións públicas.

"O PARLAMENTO É DO POBO"...O REXISTRO CIVIL TAMÉN

A principios da semana pasada, representantes da CIG participamos nas xornadas organizadas polo BNG en Compostela, nos xardíns aledaños ao Paralmento Galego, baixo o título "O PARLAMENTO É DO POBO GALEGO". Nestas xornadas expuxéronse multitudes de problemáticas que aqueixan ao noso país e que o goberno do PP foi incapaz de dar solución as mesmas. Entre ditas problemáticas, como non  podía ser doutro xeito, os delegados da CIG relatamos o actual intento de privatización dos rexistros civís por parte do goberno de Mariano Rajoy.

RPTS IMELGA - PAGA EXTRA 2012 - CONCURSO DE TRASLADOS E MESA MADRID REXISTRO CIVIL

Esta semana tiveron lugar sendas xuntanzas en Compostela e en Madrid para tratar os seguintes temas: Na mesa de Compostela tratáronse os temas das RPT's do IMELGA e a súa actualizacion ao existir un número alto de persoal de reforzo que debería ser consolidado no cadro de persoal, a negación da administración a devolver nestes momentos a totalidade da paga extra de 2012, a pesares das innumerables sentenzas que temos ao noso favor e, finalmente, sobre a inclusión de prazas no vindeiro concurso de traslados. Na mesa de Madrid tratouse exclusivamente o tema do Rexistro Civil pero, dada a ausencia do Ministro na mesma e, en principio, a falta de movemento algún a prol dun cambio na posición ministerial sobre este tema, poucos avances se produciron. 
Nota informativa

PRESENTACIÓN DE MOCIÓNS EN PONTEAREAS E REDONDELA

O pasado martes, 14 de abril, os sindicatos CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT estivemos nos concellos de Redondela e Ponteareas a fin de presentar sendas mocións en apoio á non privatización do rexistro civil. Este traballo é importante facelo a fin de tentar presionar o máximo posible de cara as vindeiras eleccións locais.




PUBLICADA XA A RPT DAS FISCALÍAS DE GALIZA

No DOG de hoxe, 17 de abril, sae publicada xa a RPT das fiscalías de toda Galiza, o que facilitará que as prazas consolidadas poidan saír no vindeiro concurso de traslados.

VIDEO ENTREVISTA SANTIAGO TV SOBRE A PROBLEMÁTICA DO REXISTRO CIVIL

A nosa compañeira, Chelo Rodríguez, foi entrevistada o pasado 10 de abril na televisión local de Compostela sobre a problemática que actualmente está a ocupar a meirande parte da nosa acción sindical; en concreto a concienciación da cidadanía sobre a privatización dos Rexistros Civís.


RECOLLIDA DE SINATURAS NA CORUÑA

O venres pasado, 10 de marzo, as compañeiras/os da Coruña estiveron recollendo sinaturas en contra da privatización do Rexistro Civil, na campaña que estamos a levar a cabo para que se poida formalizar a ILP para que este servizo non se privatice.

CAMPAÑA DECLARACIÓN IRPF 2014 - CONFIRMACIÓN/MODIFICACIÓN BORRADOR

Como xa recibiríades nos vosos correos electrónicos,  a partir do día 7 de abril xa tedes ao voso dispor, dende a páxina da Oficina Virtual do Empregado Público o borrador da declaración do IRPF para o ano 2014.  Coa descarga do borrador obteredes tamén a referencia do mesmo que vos permitirá modificalo ou confirmalo dende a páxina da axencia tributaria www.agenciatributaria.es

DUAS HISTORICAS...OUTRA NON TANTO AO ABORDAR A PROBLEMÁTICA DO REXISTRO CIVIL

Os galegos temos a grandísima  desgracia de estar gobernados polos serviles do PP, que son a voz do seu amo, no canto de actuar e defender aos cidadans da súa propia comunidade autónoma, como si fan os vascos e cataláns que, nada máis sair da conferencia sectorial, xa manifestaron a súa oposición a que se lle transfira o rexistro civil aos rexistradores mercantís, os gobernantes actuais da Galiza aquiétanse e cren no que lles di a "pies juntillas" o Ministro de Xustiza.
Artigo Noticias Juridicas

REXISTRO CIVIL: O MINISTERIO NON CAMBIA DE ACTITUDE NIN DE POSICIONAMENTO

Por fin a actitude firme que  a CIG, xunto co sindicato vasco ELA, vimos mantendo fronte as mentiras e presións do Ministerio de Xustiza deron os seus froitos ao dar exemplo ao resto dos sindicatos representativos para tomar a decisión de NON ACUDIR A MADRID para unha suposta reunión de “urxencia” hoxe as 17:00 horas. Ao igual que fixemos co equipo de Gallardón, NÓS NON PARTICIPAMOS EN FARSAS NIN EN REUNIÓNS BALEIRAS DE CONTIDO, porque o noso tempo e o noso esforzo está dirixido a negociar as condicions laborais do persoal e NON A LEXITIMAR OPERACIÓNS DE PROPAGANDA DA ADMINISTRACIÓN.  Un exemplo máis da tomadura de pelo sobre as intencións do Ministerio é a misteriosa comunicacion que se dicia ia remitir hoxe o Ministerio cun grandisimo secretismo e que non veu máis que a confirmar as poucas intencions negociadoras e de dar marcha atrás nos seus posicionamentos en relación co Rexisto Civil.

O PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE PODE EMPREGARSE NOUTROS MOITOS CASOS

Dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) propuxémoslle á Dirección Xeral de Xustiza, que asuma o criterio na interpretacion do que pode considerarse un "deber inexcusable ou relacionados coa conciliación da vida familiar ou laboral" nos extremos que recolle a resolución da  Dirección Xeral de Función Pública do Estado. Esta interpretación, máis aberta, permitiría entender como deber inexcusable, por exemplo, o coidado dun fillo enfermo, durante os dias imprescindibles para a súa recuperación, etc.

Instrución sobre deber inexcusable función pública estatal.

RPTs DAS FISCALÍAS E IMELGA - CONSOLÍDANSE OS REFORZOS

Finalmente, despois de insistir moito, a Dirección Xeral indicou que as prazas consolidadas das Fiscalías provinciais sairán a concurso, polo que a publicación das RPTs será posiblemente o día 17. A semana que ven, na mesa sectorial, modificaranse tamén as RPTs do Imelga a fin de consolidar os reforzos existentes: 1 tramitador en Vigo, 1 auxilio en Ferrol e 1 forense en Vigo.

EMPEZAMOS A PRESENTAR AS MOCIÓNS DE APOIO AO REXISTRO CIVIL NO RESTO DOS PARTIDOS XUDICIAIS DE PONTEVEDRA

Hoxe na vila de Tui, ante o edificio do concello e coa presenza do Sr. Alcalde e de traballadores dos Xulgados de Tui, as centrais sindicais CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT así como a plataforma "SOS XUSTIZA", empezamos o periplo polos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra, a fin de presentar mocións para o seu debate nos plenos respectivos, en apoio da non privatización dos rexistros civis.  Nos vindeiros días iremos personándonos nas cabeceiras dos demáis partidos xudiciais para recabar ese apoio, ben directamente a través dos respectivos alcaldes, ou ben a través dos partidos con representación nos citados concellos. 

ESCRITO MOCIÓN CONCELLO TUI

CORRECCIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS OPOSICIÓNS SECRETARIOS XUDICIAIS

Na páxina web do Ministerio publícase a Orde de 25 de marzo de 2015, que rectifica a Orde JUS/2465/2014, de 15 de dicembro, pola que se aprobaban as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso no Corpo de Secretarios Xudiciais.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 07/04/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 7, 8 E 9 DE ABRIL.Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNOUw1bEdtUUpqX00/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbEtMR19DQnhPN2M/view?usp=sharing

OS SECRETARIOS XUDICIAIS SI QUEREN LEVAR OS REXISTROS CIVÍS

Segundo a UPSJ (Unión Progresista de Secretarios Judiciales), contrariamente ao manifestado polo ministro Sr. Catala en sede parlamentaria, eles si queren encargarse dos rexistros civís, e non entenden de onde sacou esa idea peregrina o ministro.
http://noticias.juridicas.com/actual/veractual.php?id=4660&_mrMailingList=831&_mrSubscriber=23763

A VOZ DO SEU AMO - O CONCELLO DA CORUÑA APROBA UNHA MOCIÓN DO REXISTRO CIVIL

O goberno municipal vén de aprobar unha moción presentada polo grupo popular sobre o Rexistro Civil que non recolle as demandas de todos os sindicatos (CC.OO, USO, UXT, CSIF, CIG e STAJ) expostas na reunión que éstes mantiveron o pasado martes co alcalde e o concelleiro Miguel Lorenzo, e que si foron apoiadas no Pleno polo resto dos grupos municipais. A devandita moción secunda a posición mantida polo goberno central e non garante que non se mercantilice o Rexistro, a súa gratuidade e a xestión por persoal da Administración de Xustiza. Traballadores e representantes sindicais, que asistiron ao pleno tras serenlle incautadas as camisetas amarelas reivindicativas que portaban, foron expulsados e identificados ao protestar por non ter sido aprobada a moción que recollía as súas pretensións e que garantía a permanencia na Administración de Xustiza do Rexistro Civil e a súa gratuidade.

PUBLICADAS XA AS LISTAXES PROVISIONAIS DE MEDICOS FORENSES INTERINOS

No DOG de hoxe, mércores 1 de abril, así como na intranet xudicial, publícase a Resolución do 12 de marzo de 2015 pola que se aproban as listaxes provisionais de admitidos e excluídos da bolsa de persoal interino do corpo de Médicos Forenses. No enlace de abaixo podedes consultar as listaxes correspondentes así como as causas de exclusión.
Listaxes provisionais Médicos Forenses