Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS 2016 - ÚLTIMA HORA

Segundo informou o Ministerio de Xustiza na xuntanza celebrada hoxe 27 de abril, as oposicións da Oferta de Emprego Público de 2016 (2189 prazas) serán convocadas no mes de xuño polo sistema de CONCURSO-OPOSICIÓN para a quenda de acceso por PROMOCIÓN INTERNA e, no mes de xullo ou, no seu caso, no mes de setembro, polo sistema de OPOSICIÓN, a quenda de acceso por LIBRE. A oferta de emprego público para 2017 nin está nin se lle espera, polo que se xuntará, no seu caso, coa de 2018 e, xa se verá se, tras as modificacións regulamentarias correspondentes, se fan sendas convocatorias de concurso-oposición para ambas quendas de promoción e libre.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 26 /0 4 /2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 19 de abril, para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén poderede s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdXhVMHRSN2U2Q00/view?usp=sharing

NOVA CHAPUZA DA XUNTA COA FÁBRICA DE TABACOS NA CORUÑA

O Concello coruñés non outorga a licenza de primeira ocupación ao novo edificio xudicial dado que a reforma no n cumple co reflictido na licenza de obra , polo que a Xunta deberá achegar nova documentación e facer as modificacións precisas para cumplir coa legalidade, ademáis de pagar a taxa de p rimeira ocupación.   Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNTHRYT3ZUYmhUc28/view?usp=sharing Ligazón prensa: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/04/25/concello-deniega-xunta-apertura-tabacos/1174595.html

CONVOCATORIA BOLSAS DE INTERINOS DE MURCIA

Na  páxina web do Ministerio de Xustiza publicase hoxe a convocatoria das bolsas de traballo de persoal funcionario interino ao servizo da Administración de Xustiza, da Rexíón de Murcia, nos corpos de Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial. O prazo de presentacion de instancias será do 24 de abril ao 12 de maio , ambos incluidos. Ligazón convocatoria: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428364274?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DCONVOCAT_BOLSAS_TRAMIT_Y_AUX_2017_0.pdf Ligazón instancia: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428364275?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DINSTANCIA_2017_0.pdf  

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 19 / 0 4 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 20 , 21 e 24 de abril . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMV95WXo3V0dNOVE/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 19 /0 4 /2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas a partir do 6 de abril, para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén podere s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZU9TcXBFb0k5VGM/view?usp=sharing

SENTENZAS SOBRE SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS

A CIG tentou por todos os medios que aquelas compañeiras/os que están a realizar substitucións verticais cobraran o 100% das súas retribucións. Fumos os ÚNICOS que, nunha aposta arriscada pero moi meditada e ben argumentada, levamos novamente ante os tribunais de xustiza de Galiza esta reclamación histórica, xa que pola vía da negociación resultou de todo imposible acadar nin gunha mellora ante a Dirección Xeral de Xustiza. Froito desta insistencia e da defensa dos nosos dereitos como traballadoras/es, foron sendas demandas presentadas en Pontevedra e Lugo, amparando ditas reclamacións nas sentenzas europeas sobre non discriminación entre retribucións do persoal titular e o persoal eventual ou interino , a fin de poder saltar e evitar a xurisprudencia que estableceu na nosa comunidade o TSX de Galiza e tamén o TSupremo. Tristemente, as nosas pretensións non fructificaron, a pesares de que nunha das sentenzas (a outra mellor non comentala, xa que de xeito ilóxico nos aplican a lei de

RESOLUCIÓN SOBRE O SERVIZO DE GARDA DO PERSOAL MÉDICO FORENSE

No DOG do 11 de abril publícase a resolución que   regula o réxime do servizo de garda do persoal médico forense do IMELGA e que entra en vigor a partires do mércores 12 de abril. A nova regulación adecúase (ao contrario do que pasaba ate o de agora) ao establecido na Resolución do 2 de xullo de 2014, da Secretaría de Estado de Justicia,   que modificaba a de 5 de decembro de 1996, pola que se dictaban instrucións sobre a xornada e horarios no eido da Administración de Xustiza. A CIG cre que este sistema non vai resolver os problemas que se están a ocasionar con respeto ao horario deste persoal, e por iso seguiremos apostando, como xa fixemos nas alegacións a esta resolución, por un sistema de gardas de 24 horas, alomenos para as Subdireccións de Vigo e A Coruña. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcWIzMDVnRWZiMUE/view?usp=sharing  

CURSOS DE AUTOFORMACIÓN DA EGAP

No DOG de hoxe, 10 de abril, publícase a RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. Por unha banda, a funcionaria/o pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP , tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen nestas probas e que as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.

MESA NOVAS TECNOLOXÍAS MADRID

O día 6 celebrouse en Madrid unha nova mesa técnica, sobre novas tecnoloxías, na que voltamos a ser os únicos representantes galegos. Na nosa intervención, preguntamos se xa decidiron cal vai ser o programa de xestión procesual que se vai manter. Insistimos en que Minerva ten moitos erros, sobre todo en Vixilancia Penitenciaria, ata o punto que incluso na nova versión se quitaron melloras que nesta mesa se acordaran e xa estaban operativas. Preguntamos polas desconexións da sede electrónica no caso dos apoderamentos. Solicitamos un mellor fluído de información entre a Xunta e o Ministerio para non ir a remolque tendo os mesmos programas, debendo instar á Xunta a que poña medios, pantallas, equipos potentes, escáneres..... Preguntamos pola xeración de códigos de barras dende o Minerva. Tamén manifestamos que, respeto a Lexnet, chama a atención que en Galiza, dependendo do órgano, o persoal di que vai ben e noutros da mesma sede que vai fatal. Lembramos a necesidade de que Letrados, F

NOMEAMENTOS DE FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - PROMOCIÓN INTERNA - OEP2015

Publicouse a Orde de 6 de abril de 2017, pola que se nomean funcionarios en prácticas aos opositores aprobados pola quenda de promoción interna das probas selectivas para acceso ao corpo de Letrados da Admón. de Xustiza convocadas no ano 2015.

PRESTACIÓN POR FILLO MENOR DE TRES ANOS

Publicada no DOG a Orde para solicitar a axuda de pagamento único por filla/o menor de 3 anos a cargo. O prazo de presentación das solicitudes ábrese o martes 4 de abril e remata o 26 de maio . Novamente, quedan excluídas destas axudas as persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a facelo. 

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA - PERSOAL DESTINADO FORA DE GALIZA

Hoxe publícase a Resolución pola que se convoca un curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos FORA da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón Resolución: http://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2017/20170407/ AnuncioO150-310317-0003_gl.pdf

CURSOS LINGUAXE XURIDICA GALEGA - PERSOAL DESTINADO EN GALIZA

Hoxe publícase no DOG a convocatoria da EGAP de cursos de LINGUAXE XURÍDICA GALEGA para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón: http://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2017/20170407/ AnuncioO150-310317-0004_gl.pdf

XUNTANZA MESA SECTORIAL DE MADRID - 5 DE ABRIL

T ras catro horas de xuntanza totalmente caóticas, as organizacións sindicais presentes na mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza tomamos a decisión de levantarnos, tras constatarse a falta de vontade negociadora da administración ao non concretar aquelas cuestións pendentes do pacto de 2015 asinado entre as organizacions estatais e o propio Ministerio de Xustiza. Agora vese que aquel acordo, que non asinou a CIG, non era máis que papel mollado, dándonos una verz máis a razón sobre a falta de compromiso e cumprimento por parte do Ministerio de Xustiza.   Ligazón Folla Informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNS2l4OXRlelBJQ1k/view?usp=sharing  

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 05 / 0 4 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 6 , 7 e 1 0 de abril . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWFZxbjhVY0x3ZlU/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 0 5 /0 4 /2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 2 9 de marzo para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeWpwN21QRTM3LVk/view?usp=sharing

MODIFICACIÓN ADXUDICACIÓN PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 0 5 /0 4 /2017 , a R esolución coa MODIFICACIÓN das adxudicacións da publicación de prazas ofertadas o 27 de marzo para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón modific ación adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNTGxOZDBTbDlrZlE/view?usp=sharing

CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL 2017

Como xa vos adiantaramos, no DOG 5 de abril de 2017 publicouse a resolución do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, ata o 28 DE ABRIL.     As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es A pesares da insistencia da CIG na fase de aleg aci óns, a Xu nta de Galicia man tivo a redacción d a base 1.2 no sentido da favorecer ao persoal interino f ronte ao persoal titular, no senso d e permitir a aquel persoal solicitar esta

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA - CELGA NIVEIS 1-2-3 e 4

No DOG do martes 4 de abril de 2017 publicouse a  RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística , pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017 (código de procedemento ED114A). Datas de realizac i ón das probas: Celga 4: 10 de xuño de 2017. Celga 2: 11 de xuño de 2017. Celga 3: 17 de xuño de 2017. Celga 1: 18 de xuño de 2017.    As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web  http://www.lingua.gal , que permite cubrir e editar a solicitude. EXISTE UN PRAZO DUN MES PARA PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES ATA O VENRES 5 DE MAIO.  Ligazón temarios cursos CELGA: http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

CURAS E MILITARES NA INAUGURACIÓN DA SEDE XUDICIAL DA FÁBRICA DE TABACOS NA CORUÑA

A inauguración da sede xudicial da Fábrica de Tabacos do pasado día 31 contou con moitos invitados de renome: o Fiscal Xeral do Estado, o Presidente do Supremo e CXPX, o Presidente da Xunta, Vicepresidente, Alcalde, deputados/as, maxistrados/as, Decanos, abundante representación dos Corpos de Seguridade do Estado, traballadores/as de Tabacalera, e tamén varios militares e un par de curas; efectivamente, o clero e o exército tiñan a mesma representación no acto que o persoal da Administración de Xustiza, posto que só o Presidente e a Secretaria da Xunta de Persoal foron invitados, e non as organizacións sindicais. Así é o país no que seguimos a vivir

A CIG CONSEGUE QUE AS CERTIFICACIÓNS DO REXISTRO CIVIL SE POIDAN EXPEDIR DENDE CALQUERA REXISTRO

Como todos os sindicatos se colgan medallas ultimamente: que si fumos quen de conseguir a maior oferta de emprego público de todos os séculos, que si se conseguiu a vacatio legis do rexistro civil, etc, pois a CIG non vai a ser menos e, baixando ao terreo práctico, grazas a nosa central sindical e a nosa  insistencia durante dous anos, o Ministerio de Xustiza  ven de aceptar (e así o expón na súa páxina web) que as certificacións do rexistro civil poidan ser emitidas con total valor legal por calquera rexistro, con independencia do lugar onde se  realizou a inscripción. Un pequeno avance fronte aos grandísimos logros acadados por outras centrais sindicais. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZHQya1VRLXpzTTA/view?usp=sharing Ligazón Ministerio aplicando a petición da CIG : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMTFpanJGRWFIN2s/view?usp=sharing Ligazón escrito presentado no 2015: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdW9FTl