Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

REVISIÓNS MÉDICAS PERIÓDICAS 2014

No DOG de onte saiu publicada a resolución pola que se lle da publicidade a nova convocatoria dos exames médicos periódicos para o persoal ao servizo da administración de xustiza. O prazo de inscripción é dende o 26 de febreiro ata o 26 de marzo e a mesma deberá facerse de xeito telemático no enderezo: www.xunta.es/riscos ou no enlace que temos neste blog á dereita.

EXCESIVA XORNADA DE TRABALLO PARA OS MÉDICOS FORENSES

Fonte: Redacción Médica A Comisión Europea lanzou este xoves un ultimátum a España para que respete os dereitos dos médicos forenses en relación co seu horario de traballo máximo e os periodos mínimos de descanso recollidos na directiva de tempo de traballo. Enlace á nova íntegra   Nova en formato PDF

COMENZAN AS MOBILIZACIONS DO REXISTRO CIVIL

O pasado 21 e 24 de febreiro empezaron en Vigo, a Coruña e Ourense as mobilizacións contra a privatización do Rexistro Civil, que irán acompañadas doutras por toda Galiza nos vindeiros días. Enlace "Atlántico Diario" (Vigo) Enlace "Faro de Vigo" (Vigo)                   Enlace "La Opinion" (A Coruña) Enlace "La Voz de Galicia" (Vigo)            Enlace "El Correo Gallego (A Coruña                                                                 e Ourense)

RETRASO NA PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE SECRETARIOS SUBSTITUTOS

O Ministerio de Xustiza ven de informarnos de que  as listaxes provisionais  das  bolsas  de secretarios  substitutos  convocadas pola Resolución do 15 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral da Administración  de  Xustiza,  presentaban  deficiencias  emendables  que  podían  xerar impugnacións  para  a  mera corrección de erros materiais manifestos. Con  obxecto  de  que  estas  listas  provisionais  se presenten por completo depuradas e as eventuais impugnacións cínganse,  no  seu  caso,  a  cuestións  de  fondo,  decidiuse pospoñer a súa publicación ata que se verifique a corrección das deficiencias  detectadas,  polo  que  previsiblemente  faranse públicas durante a primeira quincena do mes de marzo de 2014

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

  Publicáronse na intranet no día de hoxe  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de instancias: 1, 19 e 20 de febreiro Novas substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWV9XaGt5UTNCZXM/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNR0JJT29CNXhPaXM/edit?usp=sharing

OUTRA VEZ O SR.GALLARDÓN ARREMETE CONTRA O REXISTRO CIVIL - MOBILIZACIÓNS

Novamente o ministro Sr. Gallardón, facendo gala das peores artimañas, negocia as agachadas cos Rexistradores da Propiedade, ofrecéndolles no se sabe que (probablemente algún tipo de contraprestación, pois nunca na historia se mirou a un rexistrador que fixera nada gratis), para acadar a asunción das competencias do Rexistro Civil, pero non coa fin de mellorar o servizo público e gratuito prestado ata o de agora, se  non para que o Sr. Rajoy e os seus irmáns (Maria de las Mercedes e Enrique), máis a nora do propio Sr. Gallardón (Teresa), sen esquecer ao mesmísimo Director Xeral dos Rexistros e o Notariado (Joaquín José), tamén rexistrador de profesión, para que todos eles poidan seguir mantendo o seu estatus privilexiado de cobrar por aranceis e non por nómina como se fai no resto de Europa, ao estar considerados como funcionarios públicos.  Nestes intres o servizo do Rexistro Civil é a envexa dos servizos prestados pola administración de xustiza e como pera en doce ofrécese a un co

NOVA INSTRUCIÓN SOBRE CONTROL HORARIO, VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS

No día de onte a DXX remitiunos a Resolución pola que se ditan as instrucións relativas ao  uso  da  tarxeta  de  identificación  persoal,  ao  control  do  cumprimento  da  xornada  e horarios  de  traballo  e  á  tramitación  das  solicitudes  de  vacacións,  permisos  e  licenzas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galiza. Nota informativa instrución de control horario.

CARLOS E SERAFÍN versus ORTEGA CANO

Opinión: Xosé Barreiro.   Os principais sindicatos do país, CIG, CCOO e UGT, convocaron en 2008 unha folga no sector de transporte de mercadorías da provincia de Pontevedra durante a negociación do convenio do sector. No marco desa folga, múltiples traballadores actuaron como piquetes informativos e algúns deles foron identificados pola Policía Nacional e posteriormente denunciados pola mesma. Esas denuncias policiais derivaron en varios xuízos dos que practicamente todos remataron en absolución. Pero un xulgado de Vigo considerou que dous deses traballadores, Serafín, da CIG, e Carlos, de UGT, eran culpables dun delicto contra os dereitos dos traballadores e aplicoulles unha condena de tres anos de cadea. A título de exemplo contradictorio, ao Sr. Ortega Cano impúxoselle por matar a unha persoa , en estado de embriaguez, dous anos e medio de cadea.   De todo o anterior cabe deducir que segundo o código penal español sae moito máis a conta arrebatar a vida a unh

RECLAMACION COBRO CAT NA SITUACIÓN DE BAIXA POR ENFERMIDADE

Se algunha traballadora ou traballador da Administración de Xustiza de Galiza cumprise os 180 días de baixa entre o 29/06/2013 e o 26/11/2013 (data da aplicación efectiva do DECRETO 169/2013, do 14 de novembro), debe reclamarlle á Xunta o abono do CAT que a Muxexu non  paga posto que, segundo establece o artigo 4 de dito decreto, a partir do día cento oitenta e un desde a declaración da situación de incapacidade temporal, ao persoal funcionario de carreira suxeito ao réxime especial do mutualismo administrativo a través da Mutualidade Xeral Xudicial, complementaráselle o subsidio previsto no punto 1.B) do artigo 20 do Real decreto lexislativo 3/2000, do 23 de xuño, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes sobre o réxime especial de Seguridade Social do persoal ao servizo da Administración de xustiza, ata chegar ao 100 % das súas retribucións básicas e complementarias.

A CONSELLEIRA DE FACENDA DI NON AO PAGAMENTO DA EXTRA DE 2012

  Cómo sabedes polas informacións anteriores, onte tivemos xuntanza coa Conselleira de Facenda e, tal e como xa declarara Feijoo aos medios de comunicación, confirmóusenos que non farán devolución de oficio ata que haxa sentenza do tribunal constitucional.   Estamos a valorar e coordenar na Área Pública da CIG como vamos a continuar xurídicamente con este tema.    Igualmente infórmase que o próximo mércores, día 5-02-14, teremos xuntanza entre as 4 organizacións sindicais presentes na mesa xeral de FP da Xunta para valoración e propostas de acción sindical. Nota informativa paga extra 2012 Enlace da nova

MESA SECTORIAL 03/02/2014

Onte tivo lugar en Compostela a Mesa Sectorial de Xustiza na que, entre outras cousas, se falou da inminente convocatoria no DOG da bolsa de interinos (concretamente hoxe día 4), dos días por compensación horaria e da nova oficina fiscal (NOF). Nota informativa mesa sectorial.

PUBLICACIÓN NO DOG CONVOCATORIA PERSOAL INTERINO

Mañán, día 4 de febreiro, sae publicada no DOG a convocatoria para poder realizar a inscripción na bolsa do persoal interino ao servizo da administración de xustiza de Galicia.