jueves, 28 de septiembre de 2017

ULTIMAS NOVAS CONCURSO DE TRASLADOS

A preguntas da CIG o  Ministerio confirmou que manten o mes de novembro como data para a publicacion das listaxes provisionais do concurso de traslados.

lunes, 25 de septiembre de 2017

BOLSA DE INTERINOS DE NAVARRA

Na páxina web do Goberno de Navarra <https://www.navarra.es/home_es/Temas/Justicia/>  figura publicada a Resolución 214/2017, de 21 de setembro, da Directora Xeral de Xustiza, pola que se aproba a convocatoria para a constitución de listados de aspirantes (Relación I) a ocupar temporalmente postos de traballo ao servizo da Administración de Xustiza en Navarra, nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial.
Está convocatoria vai dirixida aos aspirantes que se tiveran presentado á última convocatoria pública celebrada para ingreso nos corpos citados e obtiveran na primeira das probas, como mínimo, o 30% da puntuación máxima establecida para dita proba nas bases da convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da Resolución no Portal do Goberno de Navarra (21-09-2017).

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA.

No BOE de hoxe saé publicada a Orde JUS/901/2017, de 22 de setembro, pola que se aproban as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluidos ao proceso selectivo para ingreso no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/letrados-administracion5http://boe.es/boe/dias/2017/09/25/pdfs/BOE-A-2017-10886.pdf

viernes, 22 de septiembre de 2017

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 22/09/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 25, 26 e 27 de setembro.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón prazas en substitución:
Ligazón solicitude Anexo II bis:

EXPLICACIÓN PROBLEMAS RECENTES LEXNET


Na madrugada do 18 al 19 de setembro, un proceso automático da Base de Datos Oracle de LexNET que optimiza as consultas, realizou cambios por causas descoñecidas que provocaron que ao día seguiente o sistema mostrase un comportamento anómalo en canto empezaron a usar o sistema a maioría dos usuarios. A partir deste momento, desencadenáronse varias líñas de investigación que rematan nun primeiro informe no que se indica que o problema está solucionado e que o sistema funciona xa perfectamente pero, aínda así, Oracle segue investigando o motivo polo cal a Base de Datos realizou os cambios que causaron o comportamento anómalo do sistema.

Ligazón explicación Ministerio de Xustiza:

A CIG NON ASINARÁ ACORDOS QUE NON GARANTAN A RECUPERACIÓN DE DEREITOS LABORAIS DO PERSOAL PÚBLICO

A Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, convocada este xoves para aprobar as cuestións relativas a condicións laborais e salariais dos empregados/as públicos/as -para a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018-, quedou adiada para a semana que vén malia o Goberno do PP ter avanzados acordos con CCOO, UGT e CSIF á marxe do organismo. Dende a CIG xa adiantamos que non asinaremos ningunha proposta que non contemple a recuperación dos dereitos que lle foron arrebatados ao funcionariado dende 2010.

Na Mesa as organizacións sindicais recibiron como xustificación deste atraso que cunha semana máis se pode seguir mellorando o acordo. Ademais entregouse un novo documento e convidouse aos sindicatos con representación na mesma a estudalo e presentar propostas.

Con todo, a Área Pública da CIG xa manifestou a súa decisión de non apoiar ningún acordo que non contemple a derrogación dos Decretos-Lei impostos ao persoal das Administracións públicas desde o ano 2010, entre outros: RD-Lei 8/2010, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público; RD-Lei 20/2011, de medidas urxentes en materia orzamentaria e tributaria para a corrección do déficit público; e RD-Lei 20/2012, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

A isto hai que sumar as reformas laborais, a reforma da negociación colectiva, as modificacións das pensións e demais recortes das condicións laborais e salariais que afectan ao conxunto da clase traballadora.

A Área Pública da CIG esixe tamén a restitución de todos os dereitos laborais e salariais (horarios, pagas extras, salarios, 100% do salario en situación de IT, fondo social, etc) que lle foron arrebatados ao persoal empregado público desde o ano 2010.


http://www.cig.gal/nova/a-cig-non-asinara-ningun-acordo-sobre-as-condicions-laborais-dos-empregados-as-publicos-as-que-non-contemple-a-recuperacion-de-d.html

ACTUALIZACIÓN DO PROCEDEMENTO PARA PRESENTAR LICENZAS, PERMISOS, VACACIÓNS E PARTES DE CONTROL HORARIO.

No día de hoxe, na intranet xudicial, acaba de publicarse a actualización do procedemento para presentar solicitudes de licenzas, permisos, vacacións e partes de control horario:

1. O rexistro da solicitude mantense tal e como se viña facendo ata o de agora.
2. Prémese o botón “validar e presentar”.
3. A OPAX comproba que o usuario está accedendo co seu certificado dixital e valida que o NIF do certificado corresponde co NIF da solicitude.
4. O sistema informa de que se vai validar e presentar electrónicamente a solicitude, ofrecendo a posibilidade de cancelala.
5. O sistema realiza o selado do tempo da solicitude.
6. O sistema informa dos datos da presentación electrónica realizada.

CUESTIÓN PREXUDICIAL ANTE O TXUE SOBRE INDEMNIZACIÓN POR DESPEDIMENTOS DO PERSOAL INTERINO


O Pleno da Sala Cuarta, do Social, do Tribunal Supremo decidiu o pasado mércores, 20 de setembro, formular cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) no chamado “caso De Diego Porras”, asunto C‑596/14.
O Tribunal Supremo solicitará ao TXUE que clarifique a súa sentenza de 14 de setembro de 2016 sobre as consecuencias indemnizatorias da finalización do contrato de interinidade.

Fonte Noticias Jurídicas:
http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/12342-el-ts-promueve-cuestion-prejudicial-ante-el-tjue-sobre-la-indemnizacion-por-cese-del-personal-interino/

miércoles, 20 de septiembre de 2017

CONVOCATORIA PARA O SEGUNDO EXAMEN DE MÉDICOS FORENSES

Convocatoria para a realización do segundo exercicio do 26 al 28 de setembro de 2017. (CORPO NACIONAL DE MÉDICOS FORENSES, QUENDA LIBRE, Orde JUS/350/2017, de 28 de marzo, (B.O.E., de 19 de abril)) 

NOVOS PROBLEMAS CON LEXNET

Este martes, 19 de setembro, un novo fallo técnico na base de datos de LEXNET provocou que o acceso ao dito sistema de notificacións non se prestara con normalidade e estivera a funcionar de xeito intermitente, segundo  confirmaron fontes do Ministerio de Xustiza.
Esta incidencia provocou problemas á hora de acceder á plataforma de intercambio de información, notificacións, escritos e demandas, entre os órganos xudiciais e os operadores xurídicos; erros que xa foron denunciados polos usuarios a través das redes sociais.

Fonte da información Confilegal:

LISTAXES DEFINITIVAS BOLSA DE INTERINOS DE CEUTA

Finalizado o prazo de presentación de alegacións aos listados provisionais das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos ao servizo da Administración de Xustiza en Ceuta, convocada pola Xerencia Territorial con data 7 de marzo de 2017, acordaronse publicar as relacións definitivas das bolsas de dito persoal, entrando en vigor as mesmas desde o día seguinte ao da súa publicación na páxina web do Ministerio de Xustiza.

lunes, 18 de septiembre de 2017

CONVOCATORIA BOLSA DE PERSOAL INTERINO CATALUNYA

Tras a publicación no "Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya" da RESOLUCIÓN JUS/1755/2017, de 19 de julio, de convocatoria do proceso selectivo para a constitución das bolsas de persoal interino dos corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial ao servizo da Administración de Xustiza en Catalunya, ábrese agora o prazo para presentar solicitudes desde o 16 ao 30 de setembro de 2017.  

http://justicia.gencat.cat/ca/serveis/treballar/treballtemporal/funcionaris/borsainterinsaj/
 

DECRETO DE REGULACIÓN DA ESTRUCTURA E ORGANIZACIÓN DA NOVA OFICINA XUDICIAL

No DOG de hoxe sae publicado o DECRETO 87/2017, do 7 de setembro, polo que se regula a estrutura e organización da Oficina Xudicial en Galicia, co que por fin se poderán crear xa os servizos comúns xerais, ademaís de empezar coa implementación dos servizos comúns procesuais.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170918/AnuncioG0244-120917-0001_gl.pdf

BASES PROCESOS SELECTIVOS ADMÓN. DE XUSTIZA

Saíu publicada no BOE do pasado venres 15 de setembro a Orde JUS/875/2017, de 8 de setembro, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso e o acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza. Publicadas estas bases, agora queda negociar a publicación das sucesivas convocatorias para os distintos corpos.

http://www.boe.es/boe/dias/2017/09/15/pdfs/BOE-A-2017-10550.pdf

jueves, 14 de septiembre de 2017

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de onte saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 6 de setembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón:

martes, 12 de septiembre de 2017

NAS VILAS GRANDES PIDENSE NOVOS XULGADOS E...QUE PASA COAS VILAS PEQUENAS

Hoxe publicase na Voz de Galicia unha petición de creación de un órgano máis para a vila de Ribeira, xustificada coa carga de traballo que pesa sobre os tres órganos existentes na actualidade e, en contraposición, o Tribunal Superior de Xustiza, na súa memoria anual de 2016, prioriza as creacións nas grandes urbes, obviando a situación das vilas de certa importancia, que quedan afastadas das posibles peticións de creación de novos órganos, por carecer dun peso específico determinado...vamos, que hai máis votos na Coruña e en Vigo que en Ribeira, Vilagarcía, Redondela, etc.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2017/09/12/sobrecarga-juzgados-ribeira-justifica-cuarta-sala/0003_201709B12C1997.htm

APROBADOS PRIMEIRO EXERCICIO MÉDICOS FORENSES - QUENDA LIBRE - OP2017

Na páxina web do Ministerio figura o Acordo do Tribunal Cualificador polo que se publica a relación de aprobados do primeiro exercicio para acceso ao corpo de Médicos Forenses, celebrado o 20 de xullo de 2017, e se informa do comenzo do segundo exercicio para o 19 de setembro de 2017

Acordo aprobados primeiro exercicio:

Anexo Listaxe Aprobados:

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/cuerpo-nacional-medicos2?param1=1

miércoles, 6 de septiembre de 2017

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 06/09/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 7, 8 e 11 de setembro.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón prazas en substitución:
Ligazón solicitude Anexo II bis:

NOMEAMENTO FUNCIONARIOS EN PRACTICAS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - QUENDA LIBRE

Hoxe sae publicada na páxina web do Ministerio a Orde de 28 de agosto de 2017, pola que se nomean funcionarios en prácticas aos opositores aprobados polo sistema da quenda libre, do proceso selectivo convocado pola Orde JUS/2890/2015, de 23 de decembro, para acceso ao corpo de Letrados da Admón. de Xustiza. 

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428509585?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DOrden_de_28_de_agosto._Funcionarios_en_pr%C3%A1cticas.pdf

martes, 5 de septiembre de 2017

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/834/2017, de 28 de agosto, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de prazas do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/605/2017, de 20 de xuño.

http://www.boe.es/boe/dias/2017/09/05/pdfs/BOE-A-2017-10192.pdf