martes, 17 de abril de 2018

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

16 de abril sron as resolucións coas adxudicacións das últimas prazas publicadas o pasado 9 de abril, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón:


https://drive.google.com/file/d/1D0PObewGIxwaYxT-MywCsqtVxr4Syh86/view?usp=sharing

miércoles, 11 de abril de 2018

CORRECCIÓN DE ERROS NA PUBLICACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS DO 09/04/2018

Dado que se detectou un erro material na publicación de data do 09/04/2018, de cobertura mediante substitución entre titulares dunha praza do Xdo. do Mercantil núm. 3 de Pontevedra, procédese á súa corrección coa seguinte publicación na intranet.

Ligazón corrección de erros:
https://drive.google.com/file/d/1_wbJ7MDjhp9HZYFoqEHn4aand47Cmyqz/view?usp=sharing

martes, 10 de abril de 2018

2/3 DAS TRABALLADORAS/ES DA ADMNISTRACIÓN E XUSTIZA COPAN COMPOSTELA SEGUNDO "LA VOZ DE GALICIA"

O pasado dia 7/4/2018, as 14:45 horas, como consecuencia da mobilización en Compostela do persoal de xustiza, Juan Capeans publicou, na edicion dixital de "La Voz de Galicia", o seguinte artigo:


Dando por boa a labor contabilizadora e verificadora do Sr. Capeans e do seu periódico, debemos agradecerlle tanto celo na súa labor, pois deu verificado e contrastado, en moi pouco tempo, que había en Compostela uns 1500 funcionarios de xustiza. Dando por bos eses números, se descontamos a Ana Pontón (BNG), Luis Villares (En Marea), Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Olga Louzao (Ciudadanos), que loxicamente non estaban alí como funcionarios da Adminitración de Xustiza, pois as contas dan que en Compostela había, a lo menos, segundo as contas do Sr. Capeans, 1495 funcionarios de xustiza, se as matemáticas non fallan. Polo tanto, se temos en conta que somos un colectivo duns 2500 traballadores, case podemos dicir, sen medo a equivocarnos moito, que en Compostela estaban case 2/3 das traballadoras/es da Administración de Xustiza en Galiza.  Un bo número de traballadoras/es que están a secundar a folga contra o Sr. Feijoo, o Sr. Rueda e as nefastas políticas do Partido Popular en materia de xustiza.

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 09/04/2018 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 10, 11  e 12 de abril.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón prazas en substitución:
Ligazón solicitude Anexo II bis: