Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012

ULTIMA HORA SECRETARIOS SUBSTITUTOS-ADSCRITOS TEMPORAIS

   Segundo contestación dada polo responsable de concursos do Ministerio á consulta realizada pola CIG para o caso dos xestores adscritos temporalmente entre o 30 de abril de o 4 de xuño, por teren cesado como secretarios substitutos, o dito responsable indicou o seguinte: 1) Se na localidade de adscripción NON SE CONVOCAN vacantes no concurso non é obrigatorio concursar e manterase ao interesado na adscripción temporal que lle foi concedida ata o seguinte concurso de traslados. 2) Se na localidade de adscripción saen outras vacantes, ainda que non saia a praza na que está adscrito o interesado, por aplicación do Art. 70 do regulamento é obrigatorio concursar pois se non pasaríase á situación de excedencia por interese particular.

AXUDAS ESCOLAS INFANTIS

   No DOG do 30 de maio saiu publicada a ORDE do 24 de maio de 2012 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil, e se procede á súa convocatoria. Instancia axudas

PROBLEMÁTICA NO CONCURSO DOS ADSCRITOS PROVISIONAIS

De seguido vos transcribimos o texto do correo electrónico remitido no día da data á Dirección Xeral de Xustiza indicando a problemática suscitada no caso dos Secretarios Substitutos que teñan cesado dende o 30 de abril de 2012 e foran adscritos temporalmente a unha praza (normalmente á que deixaron cando eran xestores).

CONCURSO DE TRASLADOS 2012

   Por fin chegou o día e, o pasado 24 de maio, sairon pubicadas as resolucións de convocatoria do concurso de traslados deste ano 2012. Este ano poderase presentar a instancia a través da plataforma informática AINOA o que beneficiará sobremaneira os tempos de resolución do concurso, pois a instancia queda gravada de xeito informático, ainda que non evita que se teña que remitir a instancia en formato papel.    Como parte dos recortes xa avanzados e que, ao parecer, non teñen límite, a administración autonómica galega tomou a decisión unilateral de bloquear un monto total de 104 códigos (47 Xestión, 41 Tramitación e 16 Auxilio), polo tanto haberá 104 destinos de Galiza que non poderán ser solicitados a resultas.    Para dúbidas sobre o funcionamento de AINOA, podedes contactar de 9,00 a 14,00 horas co Centro de Atención ao Usuario, no número de teléfono 91.390.46.05   Resolución concurso Galiza (DOG) Resolución concurso Galiza (BOE) Asistente para gravación de instancias ví

ÚLTIMA HORA - COMPLEMENTO SUBSTITUCIÓNS

   A Dirección Xeral puxo no noso coñecemento que a asesoría xurídica da Xunta comunicou que o auto de data 02/04/2012 é firme, polo que xa neste mes de maio quedará sen efecto a percepción do complemento que anula a sentenza. En consecuencia, proximamente publicarase no DOG a modificación da resolución de 07/05/2008.    Non obstante o anterior, postos en comunicación coa Subdirección Xeral, solicitamos a urxente convocatoria da mesa sectorial, a fin de afrontar as posibles solucións a esta problemática antes de que teñamos que comezar coas mobilizacións  e o persoal renuncie as substitucións. Por parte da subdirectora confirmouse que o vindeiro 9 de maio, entre outros temas, trataríase o das substitucións e as posibles solucións alternativas.    A CIG agardará ata dita xuntanza da mesa sectoraial para adoptar unha decisión e informar as traballadoras e traballadores sobre os pasos a seguir, xa que non se pode consentir que, pola realización dun traballo non se perciba a remune

XORNADA SOBRE "A HORA DA XURISDICIÓN VOLUNTARIA"

   No DOG do 30 abril saiu publicada a convocatoria dunha xornada formativa que se realizará en xornada de mañá e tarde o vindeiro 14 de maio sobre "A HORA DA XURISDICIÓN VOLUNTARIA"    O prazo e inscripción remata o vindeiro 11 DE MAIO.

ABERTO O PRAZO PARA AS REVISIÓNS MÉDICAS PERIÓDICAS

   No DOG do 30 de abril publicouse a nova campaña de vixilancia da saude para este ano 2012 e, polo tanto, xa está aberto o prazo para solicitar a revisión médica pertinente. Podedes pedir a vosa cita facendo click no enlace de abaixo ou no correspondente icono ubicado na sección dereita deste blog.    O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (31 DE MAIO) , agás persoal de nova incorporación, persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e persoal que, durante o prazo de solicitude, estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais

PLAN XERAL DE VACACIONS 2012

   Informásenos por parte da Dirección Xeral que o Programa anual de vacacións do ano 2012 está a disposición de todo o persoal ao servizo da Administración de xustiza na intranet xudicial. A continuación póñémosvos o enlace á nova. O principal cambio con respecto ao pasado ano é a posibilidade da tramitación das peticións a través da acceso informático ao AIX (igual que para  a petición de permisos), facilitando o traballo ao persoal así como a posterior xestión nos Servizos de Xustiza, conseguindo ademáis eliminar o papel en toda a tramitación. Acceso ao Plan de Vacacións