Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2019

CURSOS ESPECÍFICOS DE FORMACIÓN DA EGAP PARA XUSTIZA

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2019 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación específica para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.  O prazo de presentación de solicitudes será de dez días (supoñemos que hábiles) a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.  As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/
matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de p…

CURSOS PREPARATORIOS VOLUNTARIOS OBTENCIÓN CERTIFICADO CELGA

No DOG do martes, 19 de febreiro de 2019, publícase a convocatoria de cursos voluntarios e gratuítos, para aquelas persoas que desexen presentarse ás probas de obtención de títulos de lingua galega nos niveis de Celga 1, 2, 3 e 4. Cursos presenciais na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e tamén por teleformación.
SOLICITUDES:
O PRAZO para presentar as solicitudes SERÁ DE 20 DÍAS NATURAIS, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
As persoas solicitantes deben cumprir requisitos para cada curso que se citan na convocatoria.
Na orde de convocatoria do DOG, aparece a relación completa de cursos, con lugares de realización e os seus horarios, para os cursos presenciais.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0535-060219-0001_gl.html

LISTAXES DEFINITIVAS CONCURSO DE TRASLADOS 2018

No DOG e BOE de hoxe, 19 de febreiro, saen publicadas as Resolucións polas que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial convocado o 6 de xullo de 2018.
Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0244-130219-0002_gl.pdf
Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2019/02/19/pdfs/BOE-A-2019-2232.pdf

CURSOS BASICOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Resolución do 5 de febreiro de 2019 pola que se convocan cursos de PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioO150-060219-0002_gl.pdf

CURSOS DE AUTOFORMACIÓN EGAP

O 18 de febreiro de 2019, saíu publicada no DOG a Resolución do 14 de febreiro de 2019 pola que se convoca o programa de AUTOFORMACIÓN para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190218/AnuncioO150-110219-0001_gl.pdf

FORMACIÓN EGAP OFIMÁTICA, IDIOMAS E VIOLENCIA DE XÉNERO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190212/AnuncioO150-050219-0002_gl.pdf


RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVig…

ANUNCIO DE COMISIÓN DE SERVIZO - FISCALÍA A CORUÑA

Publicouse na intranet, o anuncio da seguinte comisión de servizo: Denominación: secretaria/o fiscal xefe provincial da Coruña Nivel: 20 Forma de provisión: LD Subgrupo: C1 - C2 Corpo/Escala: xeral / tramitador procesual e administrativo Admisión de solicitudes desde o 12/02/2019 ata o 19/02/2019. Ligazón:  http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=17259

NOTA INFORMATIVA SOBRE AS POSESIÓNS E CESAMENTOS NO CONCURSO DE TRASLADOS

Publicouse una nota informativa na intranet pola que se ordena o procedemento de toma de posesión e cesamento no concurso de traslados dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio.
Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1Q4a4v8a8Ec6PGXzBYwLXRjlugdPdVHHv/view?usp=sharing

CONCENTRACIÓN NA CORUÑA EN APOIO DE CHELO E JAVIER

Un ano despois do inicio da folga de 4 meses na xustiza aínda hai delegadas/os que sofren represión sindical. Nova mobilización na Coruña en defensa da liberdade e o traballo sindical e en apoio a Chelo e Javier. 
Ligazón nova: 
https://www.cig.gal/nova/un-ano-despois-do-inicio-da-folga-de-4-meses-na-xustiza-ainda-hai-delegadas-os-que-sofren-represion-sindical.html

MODIFICACION CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio vn de comunicar que se teñen producido cambios na adxudicación de destinos do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza,  por causas sobrevidas de obrigada resolución, polo cal acaba de ser colgado na páxina web un novo ficheiro alfabético correxido.
Ligazon Xestion: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429103181?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DGESTI%C3%93N_PA.pdf

Ligazon Tramitacion:
https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429103182?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DTRAMITACI%C3%93N_PA.pdf

Ligazon auxilio:
https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429103183?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAUXILIO_JUDICIAL.pdf

CURSOS DE FORMACIÓN XUSTIZA

No DOG de hoxe convócanse varias actividades de formación continua, a realizar neste semestre, tanto presenciais e coma a distancia, para o persoal da Administración de Xustiza. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá e remata o 15 de febreiro. As solicitudes realízanse telematicamente na seguinte ligazon:
https://egap.xunta.gal/matricula/index.php

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS 2018

O Ministerio ven de comunicar que xa ten colgado na páxina web a relación alfabética definitiva de adxudicatarias/os do concurso de traslados ordinario 2018 entre funcionarias/os dos Copos de Xestión, Tramitación e Auxilio, así como a relación de excluídos e as preferencias tidas en conta.

Data de publicación da resolución definitiva no BOE/DOG: 19/02/2019.

Data de cesamento do corpo de tramitación: 22/02/2019.

Data de cesamento dos corpos de xestión e de auxilio: 26/02/2019.
Listaxe Xestion:
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429093058?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DGESTI%C3%93N_PA_2018.PDF

Listaxe Tramitacion:
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429093059?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DTRAMITACI%C3%93N_PA_2018.PDF

Listaxe Auxilio:
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429093060?bl…