Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

PROPOSTA DE PRAZAS PARA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2015

Achegámosvos a nota informativa sobre a oferta de emprego público para o ano que ven na que, nun primeiro momento, o Ministerio realiza unha oferta de entre 1.000 e 1.500 prazas, aparte as de promoción interna, dos corpos xerais e especiais. Esta proposta e bastante contraditoria, pois o propio Ministerio recoñece unhas 9.000 vacantes neste momento en todo o territorio (vacantes dotadas orzamentariamente), así como que cada ano se xubilan 650 traballadores no réxime de dereitos pasivos. Pola CIG xa se lle manifestou a insuficiencia de dita oferta de emprego público, máxime cos datos ofrecidos, e que, de non poñerlle remedio inmediato, provocará un colapso da administración de xustiza, xusto nun momento no que debería reforzarse dita administración no canto de aplicarlle recortes. Nota informativa oferta emprego público 2015.

MESA SECTORIAL MADRID - 18/11/2014 - LOPX - REXISTRO CIVIL - OFERTA EMPREGO

Este pasado martes houbo unha reunión no Ministerio para falar da metodoloxía de traballo co fin de abordar os seguintes temas: reforma dos libros V e VI da LOPX, NOX en ámbito Ministerio, Rexistro Civil e emprego público. Abaixo deixámosvos o enlace á nota informativa completa. Nota informativa mesa sectorial Madrid - 18-11-2014

XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OUTORGAMENTO DE DESTINOS

Na páxina web do Ministerio sae publicada a Orde de 19 de novembro de 2014 do Ministro de Xustiza pola que se outorgan destinos aos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza (quenda promoción interna), que superaron as probas selectivas convocadas pola Orden JUS/1959/2013 de 17 de outubro, no ámbito de Península y Baleares.  Data de publicación no BOE: 02-12-2014

MESA PARITARIA DE FORMACIÓN E EGAP - PLANO 2015

Como xa vos adiantaramos o pasado 13/11/2014, no día de onte tivo lugar en Compostela a xuntanza da mesa de formación conxunta coa EGAP a fin de perfilar o novo plano de formación para o ano 2015. No enlace de abaixo deixámosvos o escrito de alegacións realizado pola CIG. Nota informativa alegacións CIG plano de formación 2015

OPOSICIÓNS XESTIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - NOMEAMENTO FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publícase hoxe a Orde de 13 de novembro de 2014 , pola que se nomean funcionarios en prácticas aos aspirantes aprobados na quenda libre das probas selectivas para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 18/11/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 18, 19 e 20 DE NOVEMBRO  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVG1mQUFuWEtnTXc/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRFQzYjBBSjNQbEU/view?usp=sharing

MESA DE FORMACIÓN E INTERINOS - 12/11/2014

No día de onte tivo lugar en Compostela unha xuntanza das mesas paritarias de Formación e Interinos a fin de perfilar o novo plano de formación para o ano que ven así como o estado das novas bolsas de persoal interino. Deixámosvos no enlace a nota informativa completa. Nota informativa formación-interinos

SECRETARIOS XUDICIAIS - LISTAXES PROVISIONAIS - OPOSICIÓNS 2014

 Hoxe publicouse na páxina web do Ministerio e no BOE a Orde de 3 de novembro, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluidos da quenda libre e de promoción interna e se convoca á quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición: 21-febreiro-2015. O prazo de dez días hábiles, para a subsanación de defectos, comprende desde o día 13 ao 24 de novembro, ambos inclusive.

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 10/11/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 10, 11 e 12 DE NOVEMBRO  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNlhNbmJCajA2LTA/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYUdudWtyN1hVb0k/view?usp=sharing

PRIMEIRA SENTENZA EN VIGO RECOÑECENDO A PAGA EXTRA ÍNTEGRA

A CIG ven de obter a primeira sentenza en Vigo, no Xulgado do Contencioso nº 2, que recoñece o pagamento do 100% da paga extra e da paga adicional que nos foi hurtada no 2012 polos gobernos do PP do Sr. Rajoy e do Sr. Feijoo. Pouco a pouco imos conquerindo que a administración ceda ante a ilegalidade da medida adoptada no seu día, pero temos que seguir pelexando ata dar o golpe de graza, para o cal é necesario contar coa vosa forza a todos os niveis. Non esquezades que ainda faltan xulgados por pronunciarse (Compostela, Lugo, etc.) pero cada vez temos maís arrinconada a administración autonómica.

NOTA INFORMATIVA MESA SECTORIAL MADRID - 04-11-2014

Nesta xuntanza da mesa sectorial, efectuada posteriormente as conversas mantidas no mesmo día polos representantes da CIG co novo Ministro, o novo equipo ministerial insiste na privatización do Rexistro Civil e na súa entrega aos Rexistradores da Propiedade, aducindo que estes son funcionarios públicos e que se garante a gratuidade do servizo. Por outra banda tamen informaron os representantes ministeriais que  se  presentará  un  novo  proxecto  de  reforma dos libros V e VI da LOPX, retirando así as modificacións que afectarían á planta xudicial, porque no que queda de lexislatura non lledaría tempo a tramitalo, polo que o proxecto de LOPX do Ministro Gallardón queda no aire a expensas deste novo proxecto. Nota informativa mesa sectorial Madrid

PUBLICACIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS E TOMAS DE POSESIÓN

Hoxe 4 de novembro publicase no DOG e no BOE a Resolución do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza , pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 29 de abril de 2014. Segundo a resolución,  tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino . Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00, de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2014, auxilio e xestión o día 17/11/2014), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivera desti