martes, 23 de diciembre de 2008

A XUNTA COMPROMETESE A CONVOCAR AS PRAZAS DE XESTORES NON CUBERTAS NOS ULTIMOS CONCURSOS DE TRASLADOS

PRAZAS PARA OS XESTORES NO VINDEIRO CONCURSO

A CIG ven de conseguir que a Dirección Xeral de Xustiza adquira o compromiso en Mesa Sectorial de sacar en marzo de 2009, no vindeiro concurso de traslados, todas as vacantes existentes no corpo de Xestión que quedaron sen cubrir como consecuencia da resolución do anterior concurso. Con esta decisión, aqueles compañeiros que aprobaron a promoción interna a dito corpo de Xestión terán prazas en Galiza que poderán pedir xunto coas vacantes existentes dos órganos de nova creación e, dese xeito, conquerir unha praza definitiva e poder empezar a traballar no corpo para o que promocionaron. A CIG congratúlase de ter acadado da administración autonómica este compromiso que beneficiará non só as nosas compañeiras/os se non tamén a Administración de Xustiza en Galiza, ao cubrirse con persoal titular prazas que doutro xeito estarían varios anos sen cubrir.

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DIA 18/12/08


RESUMO DA REUNION DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (DIA 18/12/08)





1) Quedou visto para a súa publicación no DOG, na vindeira semana, tanto a publicación da nova Resolución de Vacacións, Permisos e Lincenzas como da Orde de Interinos. O prazo para inscribirse nas novas bolsas de interinos empezará, segundo manifestou a Directora Xeral, o vindeiro 7/xaneiro/2009.






2) Ao parecer, no primeiro trimestre deste ano 2009, o Ministerio de Xustiza e as CC.AA. van proceder a crear un grupo de traballo coa Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado a fin de prantexar, a través das novas reformas lexislativas, a desxudicialización dos Rexistros Civis de toda España.






3) En xaneiro de 2009 a Directora Xeral comprometeuse a sacar adiante as novas agrupacións de xulgados de paz.






4) Trasladouse a Dirección Xeral a problemática que pode xurdir coa aplicación en xustiza do novo convenio suscrito pola Xunta con Correos, xa que se van ter que realizar determinados trámites que poden provocar, caso de no cumplilos, a non tramitación do correo xudicial por parte do servizo de correos, coas consecuencias que iso pode acarrexar.






5) A administración comprometeuse, en base a petición feita pola CIG, a sacar no vindeiro concurso de marzo todas as prazas vacantes do corpo de Xestión que estean sen cubrir, ben por ser órganos de nova creación, ben por non terse cuberto no anterior concurso de traslados.






6) Vista a problemática que está a xurdir coas claves para acceso informático, por parte dun número moi elevado de funcionarios xudiciais, as bases de datos de Facenda, TXSS, INEM, DGT, Catastro, etc. e, en base a Lei Orgánica de Protección de Datos, a CIG instou a Dirección Xeral a que tome cartas no asunto a fin de evitar a posible vulneración de dita norma.







  • Por parte da CIG volveu a insistirse en que nos casos excepcionais (que os hai), a administración autonómica proceda a realizar as substitucións horizontais, tal e como ven reflectido na norma de substitucións.


viernes, 12 de diciembre de 2008

COMISIÓNS SERVIZO XULGADO NOVA CREACION

RESOLUCION PROVISIONAL DAS COMISIÓNS DE SERVIZO PARA CUBRIR AS PRAZAS DOS XULGADOS DE NOVA CREACION (DECEMBRO 08)





A Dirección Xeral de Xustiza remiteunos a ultima hora do vernes 12 de decembro os listados provisionais das adxudicación das comisións de Servicio do persoal que cubrira os Xulgados de nova creacións ata que o sexan de forma definitiva por concurso de traslado. Estes listados seran publicados a vindeira semana da intranet da Xunta.



Listados de adxudicacións provisionais