SAUDO DO SECRETARIO NACIONAL DO SECTOR DE XUSTIZA
Prezados/as compañeiras e compañeiros, estades a ver o Blog do Sector de Xustiza da Confederación Intersindical Galega (CIG), que queremos sexa o órgano de expresión do noso sector. Pretendemos que esta publicación se actualice diariamente, coas novas que afecten as traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza poñendo o enfasis naquelas de maior importancia. Esperamos así mesmo que nos remitades os comentarios que desexedes no apartado correspondente deste blog ou tamén a medio do noso correo electrónico: xustiza@cigadmon.org
Na espera que este Blog sexa util para todas e todos, recibide un saúdo.
O SECRETARIO NACIONAL DO
SECTOR DE XUSTIZA DA CIG.
Xosé Barreiro Pérez

FORO DE DEBATE

Creamos un foro de debate publico onde todas as funcionarias e funcionarios da Administración de Xustiza, podedes facer os comentarios, criticas e aportacións sobre calquera tema que nos afecte.

http://groups.google.es/group/xustiza

APROBACIÓN ORZAMENTOS GALIZA

martes 24 de enero de 2012

RESPOSTA DO "DEFENSOR DEL PUEBLO" SOBRE AS CUSTAS XUDICIAIS

   Unha vez máis, ese mal chamado "Defensor del Pueblo" fai de todo menos defender ao pobo e aos traballadores. 
   Esta nova agresión aos nosos dereitos como traballadores públicos vai quedar tamén sen resposta por parte deste organismo público, do que un segue a preguntarse para que vale. Quedamos agora nas mans dos xuices para que non se nos impoñan as custas de instancia nas reclamacións laborais ante os xulgados do contencioso-administrativo, cando o resto de traballadores, con boa lóxica, non teñen ese mesmo tratamento na xurisdicción social.
   Contestacíón do"Defensor del Pueblo"

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS-EXCLUIDOS OP2011 - QUENDA LIBRE

   O Ministerio ven de publicar na súa páxina web as listaxes defintivas de admitidos e excluidos aos procesos selectivos para acceso aos corpos de Xestión,  Tramitación e Auxilio da quenda libre.
   As datas de exame foron publicadas no BOE 01-02-2012 coa Orde correspondente que, de xeito oficial, eleva a definitivas as listaxes de admitidos-excluidos. 

viernes 20 de enero de 2012

CONVÓCANSE AS PROBAS DE 2012 PARA OBTENCIÓN DOS CELGA 1-2-3 e 4

   No DOG do 17 de xaneiro de 2012, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publica a resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4. As persoas destinatarias destas probas son as maiores de 16 anos ou que cumpran esta idade antes da fin do ano 2012.
   O prazo de inscrición comeza o 18 de xaneiro e remata o 3 de abril de 2012, e as taxas por dereito de exame son 15,61 euros.
   As probas deste ano 2012 desenvolveranse no mes de xuño, tanto en diversas cidades de Galicia coma en Barcelona, Madrid e Ponferrada. As datas concretas para cada nivel son as seguintes:
  • Celga 4: 2 de xuño de 2012
  • Celga 2: 3 de xuño de 2012
  • Celga 3: 9 de xuño de 2012
  • Celga 1: 10 de xuño de 2012
Máis información na convocatoria completa e na páxina sobre os Celga da SXPL.

jueves 12 de enero de 2012

PRAZAS DESERTAS QUENDA LIBRE XESTIÓN - OP2010

   Por parte da Dirección Xeral de Xustiza acaban de trasladársenos as prazas desertas que se lle van a ofrecer aos opositores de Galiza que superaron as probas selectivas da OP2010 do corpo de Xestión Procesual e Administrativa - Quenda libre.
   A data prevista de publicación no BOE é para o 30 de xaneiro de 2012.


miércoles 11 de enero de 2012

DATA PREVISTA DE EXAMES E LISTAXES ADMITIDOS P.I. XESTION-TRAMITACIÓN - OP2011

  O Ministerio xa publicou no seu día a previsión do calendario de celebración dos distintos procesos selectivos para ingreso nos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial convocados no ano 2011 e ven de facer publicas no BOE do 11 de xaneiro as listaxes definitivas de admitidos e excluídos as probas selectivas dos corpos de Xestión e Tramitación da quenda de promoción interna.



martes 27 de diciembre de 2011

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ACCION SOCIAL 2011

   O vindeiro 28/12/2011 publicarase no DOG a Resolución de 25 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autonóma de Galicia.

NOVO SISTEMA DE GARDAS DIARIAS 12 + 12 HORAS VIGO E A CORUÑA