miércoles, 30 de noviembre de 2016

A AUDIENCIA NACIONAL RECOÑECE O DEREITO SOBRE COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL DO PERSOAL INTERINO ANTERIOR A 1990

A Audiencia Nacional, con estas duas sentenzas dictadas pola mesma Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo en datas 30/09/2015 e 19/11/2015, acaba de zanxar a discriminación existente con respecto ao persoal interino de xustiza que realizou funcións con anterioriade ao ano 1990, en contraposición co persoal da Administración Xeral do Estado polo que si se cotizaba neses anos. A paritires do ano 1990 esta falta de cotización deixou de existir, pois o Real Decreto 960/1990, de 13 de xullo correxiu esta discriminación. 
Esta falta de cotización non vai a afectar a aqueles funcionarios titulares que pertencen actualmente ao réxime de clases pasivas e aos que no seu día lle foron recoñecidos eses servizos a efectos de trienios e das prestacións de xubilación por idade, incapacidade e de morte e supervivencia. 
O peor de todo e que agora todos pretendemos apuntarnos o tanto e andamos a vender o peixe coma tolos, cando, o que hai que facer é prantexar reclamacións, seguilas polo seu curso legal e gañalas, e non aproveitarse tanto do traballo alleo.

Ligazón sentenzas AN:

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet xudicial o día 30/11/2016 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 1 , 2 e 5 de decembro.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón solicitude Anexo II bis:

martes, 29 de noviembre de 2016

PUBLICACIÓN NO BOE DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS DE MÉDICOS FORENSES

No BOE deste luns pasado, 28 de novembro, publicouse a Resolución do 28 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 18 de abril de 2016.

https://www.boe.es/boe/dias/2016/11/28/pdfs/BOE-A-2016-11231.pdf

lunes, 28 de noviembre de 2016

MODIFICACIÓN DA SUBSTITUCIÓN CONCEDIDA NO XULGADO DE 1ª INSTANCIA 13 DE VIGO

No día de hoxe saiu publicada na intranet a resolución pola que se modifica a adxudicacion da praza de Xestión feita o pasado 23/11/2016 e que se atopaba baleira no Xulgado de 1ª Instancia nº 13 de Vigo, por renuncia da adxudicataria.

Ligazón modificación prazas adxudicadas:

sábado, 26 de noviembre de 2016

COMUNIDADE VIRTUAL DE APREDIZAXE. REALMENTE É VIRTUAL

Recentemente a Dirección Xeral de Xustiza insertou na intranet xudicial unha nova en relación a un enlace máis claro da "Comunidade Virtual de Apredizaxe"  (ata o momento ninguen debía de atopar o enlace no maremagnun de información da intranet ou nunca entenderon para que servia o mesmo).
A cuestión e que esa comunidade virtual de aprendizaxe leva bastante tempo funcionando sen que a maioría dos mortais funcionarios souberan da sua existencia e, cando menos, da súa utilidade. Xa hai varios compañeiros que tomaron posesión e dos titores non se sabe nada, dos plans de formación para o posto non se sabe nada (debe ser que a resolución do concurso pillou por sorpresa a administración autonómica) e é loxico pensar en que ninguén sabe nada, pois no foro da tal chamada "Comunidade Virtual de Apredizaxe" hai cero patatero de preguntas, respostas e discusións. Para mostra un botón...ben, mellor unha imaxe:

 
Ligazón Formacion:
http://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/formacion-na-intranet-de-xustiza

miércoles, 23 de noviembre de 2016

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET, con data do 23 de novembro de 2016, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.


Ligazón de adxudicacións:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNazJrUjF5dnZzNjQ/view?usp=sharing

LETRADOS ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA - PRESENTACION DOCUMENTACIÓN FASE DE CONCURSO NA PROMOCIÓN INTERNA - OP

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo do Tribunal N.º Un polo que se expón a relación de aspirantes que teñen superado a fase de oposición da promoción interna e se abre el plazo para presentación dos méritos a valorar na fase de concurso. 
Os 10 días naturais para presentar a documentación pertinente contaranse desde o día 24 de novembro ata o 3 de dicembro, ambos incluídos. 
A documentación remitiase ao Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza - Rúa da Bolsa, n.º 8 -28012 Madrid.

Ligazón Acordo:

Ligazón listaxes aprobados:

OFRECEMENTO DE PRAZAS PARA XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - OP2015

O Ministerio de Xustiza ven de publicar as Ordes de 21-11-2016 polas que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Península e Baleares que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas seletivas para ingreso nos Corpos de Xestió, Tramitacion e Auxilio.

Ligazóns Xestión (22 de decembro de 2016):
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/gestion-plazas-oposicion-2015

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428124529?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_I_GE_PI_LIBRE_2015.pdf

Ligazóns Tramitación (22 de decembro de 2016):
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-plazas-oposicion

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428124751?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_I_TRAMITACION_PI_LIBRE_2015.pdf 

Ligazóns Auxilio (28 de decembro de 2016):
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/auxilio-judicial-plazas   

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428124781?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_I_AU_LIBRE_2015.pdf 

INSTRUCCIONS DO MINISTERIO PARA AS ADXUDICACIÓNS DE PRAZAS DE OPOSICIÓN

O Ministerio de Xustiza trasladounos unha nota infomativa sobre os distintos prazos e, o sistema de ofrecemento das prazas vacantes para ser cubertas cos opositores aprobados das quendas de promoción interna e libre dos distintos procesos selectivos para acceso aos corpos xerais da Administración de Xustiza.

Ligazón nota informativa Ministerio:

RECLAMACIÓN DO IRPF POR MATERNIDADE

Dende catro anos para atras, e dicir, dende 2012, aquelas nais que sufriran a retención do IRPF na súa prestación por maternidade poderán reclamar a AEAT a súa devolución. Actualmente xa hai unha sentenza da Sección 5ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Madrid (TSJM), concretamente a 810/2016, recurso 967/2014, de data 6 de xullo de 2016 na que se recolleu que a prestación por maternidad está exenta de tributar por IRPF. Ainda que esta sentenza non crea xurisprudencia se pode abrir o camiño a outras reclamacións que, necesariamente deben empezar na vía administrativa ante a Axencia Tributaria, culminar no Tribunal Rexional Económico-Administrativo e, finalmente, con toda seguridade, ter que formular a correspondente demanda ante a sala do contencioso-administrativo da Comunidade Autónoma respectiva. Como o prazo de reclamación e de catro anos para atrás, canto antes se fomule a reclamación máis diñeiro tería que devolver a AEAT, no caso de que sexa estimada a reclamación.

Ligazón sentenza:

martes, 22 de noviembre de 2016

PRÓXIMA RESOLUCIÓN CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES

Segundo informou o Ministerio de Xustiza está previsto que o vindeiro luns, 28 de novembro, se publique no BOE a resolución do concurso de traslados xenérico de Médicos Forenses convocado en maio deste ano.

lunes, 21 de noviembre de 2016

AMPLIACIÓN LISTAXE DE APROBADOS - TRAMITACIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do 18 de novembro, do Tribunal Cualificador das probas seletivas para o acceso ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, polo que se amplía a proposta definitiva de aprobados ao terse producido 36 vacantes na quenda de promoción interna.

Ligazón Acordo:
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428122710?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_18_de_noviembre.pdf 

AMPLIACIÓN LISTAXE DE APROBADOS EN ANDALUCIÍA - XESTIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do 17 de novembro, do Tribunal Cualificador das probas seletivas para o acceso ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, polo que se amplía a proposta definitiva de aprobados no ámbito territorial de Andalucía ao terse producido unha vacante na quenda de promoción interna.

Ligazón:

LISTAXES DEFINITIVAS BOLSAS DE INTERINOS DE MURCIA

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publícase a Resolución pola que se aproban as listaxes definitivas das bolsas de traballo dos funcionarios interinos dos corpos de Xestión, Tramitación, Auxilio, Médicos Forenses e Axudantes de Laboratorio ao servizo da Administración de Xustiza na Comuniade Autónoma de Murcia.

Ligazón Resolución:

jueves, 17 de noviembre de 2016

PUBLICACIÓN LISTAXES DE APROBADOS E APERTURA DO PRAZO DA PROBA OPTATIVA DE IDIOMA OU DEREITO CIVIL - AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE

Publicáronse hoxe na páxina web do Ministerio de Xustiza as listaxes de aprobados dos diferentes exercicios das probas selectivas para acceso ao corpo de Auxilio Xudicial pola quenda libre así como a apertura do prazo para a presentación da documentación xustificativa da proba optativa de idioma ou dereirto civil.

Ligazón acordo:

Ligazón aprobados primeiro exercicio:

Ligazón aprobados segundo exercicio:

Ligazón aprobados oposición:

O "ENCHUFISMO" SEGUE A FUNCIONAR NESTA ESPAÑA DE PANDEIRETA

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) ven de condenar a súa propia Secretaría de Goberno por “enchufar” a unha secretaria xudicial substituta, amiga do anterior secretario coordinador provincial de Barcelona, nun destino no que se saltaron todas as normas que se aplican neste tipo de nomeamentos.
Isto mesmo podería pasar en Galiza (non dicimos que estea a suceder) posto que as listaxes de nomeamento de secretarios substitutos escapan a todo control posible, a pesares da insistencia das centrais sindicais de participar nas mesmas como supervisoras dos nomeamentos realizados, do mesmo xeito que se fai no tres corpos xerais.
Ligazón nova "CONFILEGAL"

martes, 15 de noviembre de 2016

CREACIÓN DE TRES ÓRGANOS NOVOS EN GALIZA PARA 2017

A Comisión Mixta de Xustiza,  acordou, por unanimidade, a creación de tres novos xulgados e dúas prazas de maxistrado en Galicia. Esta é a proposta que se elevará ao Ministerio de Xustiza, despois de que, segundo explicou o conselleiro Alfonso Rueda, desde o Ministerio se dese a Galicia "a oportunidade" de crear novos órganos xudiciais. Concretamente, as unidades xudiciais que se porán en marcha, serán un xulgado de primeira instancia en Ourense, outro do Social na Coruña e un xulgado de Familia en Vigo. A iso sumarase unha praza de maxistrada/o na Sala do Civil e Penal do TSXG, así como outra na sección Penal da Audiencia Provincial da Coruña.

Ligazón nova Galicia Press:

PROPOSTA DEFINITIVA DE APROBADOS PARA O NOMEAMENTO DE XESTORES POLA QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza acaba de publicarse o Acordo do Tribunal de 14 de novembro, polo que se eleva á Secretaría de Estado a proposta definitiva de aprobados do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da quenda libre das oposicións convocadadas pola Orde JUS/2293/2015, de 19 de outubro. 

Ligazón acordo:

Ligazón listaxes aprobados definitivos: 

INCIDENCIA NA OPAX NA PETICIÓN DE DIAS

Debido a unha incidencia informática na petición de dias por acumulación horaria, aquelas compañeiras/os que tiveran pedido o día 31 de outbro, deberían de revisar o seu compúto horario así como se o dia solicitado figura como concedido na aplicación da OPAX posto que é moi probable que non o estea e, polo tanto, o cómputo horario estea incorrecto. Para solucionar a cuestión e, so no caso de que estea mal o cómputo horario, debe comunicarse á delegación correspondente o número da instancia de solicitude do día que figura na OPAX a fin de que dende a delegación a poidan validar e computar correctamente como día de permiso.

lunes, 14 de noviembre de 2016

ALTA DOS FUNCIONARIOS NAS DISTINTAS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS TRAS O CONCURSO DE TRASLADOS

Lémbrase que para que o persoal  funcionario que se incorpora  a un novo destino por causa do concurso de traslados poida ser dado de alta nas distintas aplicacións  é necesario que o/a responsable funcional do órgano (letrado/a da Administración de xustiza, fiscal xefe ou coordinador/a da oficina fiscal e subdirector/a do Imelga)  tramite a conseguinte autorización ante o CAU. Para isto deberá utilizarse o formulario que se atopa na intranet: Espazo TIC /Atención ao usuario/Xestion da conta de usuario ou na ligazón que vos poñemos abaixo
Tanto os usuarios que se incorporan procedentes doutros destinos coma os que se trasladan dentro da propia Comunidade Autónoma de Galicia terán acceso dende o primeiro momento ao seu PC e á intranet. En todos os casos, o/a responsable funcional deberá tramitar o formulario antes mencionado para autorizar o acceso ás distintas aplicacións que considere oportuno.

Ligazón modelo Xestión da Conta de Usuario:

PLAN DE FORMACIÓN TRAS O CONCURSO DE TRASLADOS

Como consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2016 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia, e non só de persoas procedentes doutras comunidades autónomas, senón tamén por mor de cambios de destino dentro da Administración de xustiza de Galicia.
Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación diferenciada segundo:
1.       O destino obtido no concurso de traslados: cada persoa recibirá, como mínimo, a formación nos aspectos específicos asociados ao seu novo posto de traballo.
2.       A orixe dos funcionarios que se trasladan: a formación que se dispense ás persoas procedentes doutras comunidades autónomas conterá, ademais dos aspectos específicos do seu posto, os organizativos e relativos ás aplicacións de apoio existentes na Administración de xustiza en Galicia.
A todos os funcionarios que se trasladen, segundo se incorporen aos seus postos asignaráselles un titor que os asesorará e guiará na consulta dos materiais formativos dispoñibles na intranet de Xustiza e, ademais, resolverá as súas dúbidas nas sesións de titorías que se levarán a cabo semanalmente. 
Programaranse sesións formativas a través de videoconferencia para os usuarios con maiores necesidades formativas para o desempeño do novo posto.  O calendario destas actividades e os aspectos relacionados coa inscrición nas mesmas serán comunicados previamente a través da intranet de Xustiza. 

jueves, 10 de noviembre de 2016

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet xudicial o día 09/11/2016 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 10, 11 e 14 de novembro.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón solicitude Anexo II bis:

lunes, 7 de noviembre de 2016

PUBLICACIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO

No BOE e DOG de hoxe saiu publicada a Resolución defintiva pola que se resolve o concurso de traslados entre os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial
http://www.boe.es/boe/dias/2016/11/07/pdfs/BOE-A-2016-10255.pdfhttp://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161107/AnuncioG0244-271016-0001_gl.pdf 




Ligazón instrucións cesamentos e tomas de posesión:

viernes, 4 de noviembre de 2016

OS SERVIZOS PRESTADOS NA SECCIÓN FEMININA COMPUTAN A EFECTOS DE XUBILACIÓN

Nunha das última novas publicadas en NOTICIAS JURÍDICAS se expoñia como a sentenza número 1950/2016, de 11 de outubro, da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Euskadi, recoñecía o  dereito dunha muller a computar o seu paso obrigatorio pola "Sección Feminina" para acceder a súa xubilación aos 61 anos, equiparando así a estadía nese servizo social coa "mili" e a "prestación social substitutoria". A sección feminina, o Servizo Social obligatorio da muller española, mantívose vixente ata agosto de 1978. 

Ligazón sentenza:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNT3ZLMkd0VFRIUFE/view?usp=sharing 

EXPEDIENTE DIXITAL AO ALCANCE DOS CIDADANS...MENUDA QUIMERA

O pasado 31 de outubro publicábase na intranet a nova de que "Os galegos xa poden consultar en liña a situación dos seus procesos xudiciais", indicando nun dos apartados, titulado como "Un repositorio único con nove millóns de expedientes", que "A pedra angular da que se serven as novas aplicacións e servizos dixitais (o visor, a sede, o portal de xustiza...) é o repositorio unificado xudicial, que está consolidado no 100% dos órganos xudiciais (45 sedes xudiciais, 4 audiencias e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) e permite a consulta de case nove millóns de expedientes (nada máís e nada menos). Neste repositorio actualízase diariamente a información dos distintos expedientes xudiciais, xerada en cada sede xudicial, cunha media de 1.500 novos expedientes diarios". Este tal repositorio unificado xudicial non é máis que unha copia dos datos existentes en cada un dos servidores de cada partido xudicial. Como ben sabemos que os datos existentes en Minerva están introducidos daquela maneira, duplicados, sen indentificador correcto, etc. (falando en plata, unha "merda") pois a esta Xunta de Galicia, concretamente a AMTEGA, non se lle ocorreu outra cousa que copiar todos eses datos erroneos nos servidores centrais no monte Gaias para a súa consulta pola cidadanía en xeral e polos profesionais en particular. Polo tanto, por definición, seguindo co simil escatolóxcio, se xunto varias "merdas" no mesmo sitio o que se obten é unha "morea de merda", que será o que o cidadán consultará cando acceda a esta plataforma.

PUNTUACIÓN DE CORTE E PLANTILLAS DE RESPOSTAS DEFINITIVAS - AUXILIO XUDICIAL - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo de 2 de novembro de 2016, do Tribunal Calificador Único, polo que se publican as plantillas definitivas e as notas mínimas para superar os exercicios das probas selectivas para o acceso ao corpo de Auxilio Xudicial.

Ligazón plantilla respostas "A" 1º Exercicio:

Ligazón plantilla respotas "B" 1º Exercicio:

Ligazón plantilla de respostas "A" 2º Exercicio:

Ligazón plantilla de respostas "B" 2º Exercicio:

jueves, 3 de noviembre de 2016

SUPERPERITOS DE OFICIO NAS ACTUACIÓNS XUDICIAIS EN GALICIA

Recentemente, na páxina de CONFILEGAL do pasado 30-10-2016, saía publicado un artigo moi interesante do avogado Felipe Fernando Mateo Bueno, baixo o título :¿Qué tres tipos de “peritos mentirosos” existen en los Juzgados de Familia?. Traemos agora a colación este artigo, para incidir neste problema que non só é unha mala práxis (non xeneralizada, grazas a deus) dos peritos de parte que comparecen nos nosos xulgados, se non que tamén, os peritos de oficio, que en moitos casos designa a administración, que carecen tamén, nalgunhas ocasións, dos coñecementos suficientes para emitir correctamente o informe pertinente. Esta mala práxis exténdese coma un veleno tamén ao órgano xudicial pois, quen recorda que nun acto de xuízo o maxistrado pregunte ao perito, antes de empezar a súa declaración, de onde lle ven o seu coñecemento sobre a materia obxecto de pericia (Art. 340 Lei de Axuizamento Civil); da mesma forma que non se pregunta as/os letradas/os si están colexiados nin se verifica dito extremo, como si SSª coñecese a todas/os  os colexiados de España. 
A dinámica dos xulgados, en moitos casos saturados, e a mala práxis ya comentada, provocan esta falta de control sobre un aspecto tan importante como é  a da proba pericial sobre unha materia na que o maxistrado está totalmente pez. No caso de Galiza (a lo menos na provincia de Pontevedra) esta situación, en canto as periciais de oficio, é bastante sangrante, porque en apariencia, a empresa privada que se encarga das mesmas (vamos, á  que lle foi adxudicada dita función no correspondente concurso público; e o foi por ofrecer un conxunto de peritos diferentes para as diversas materias e áreas establecidas nas bases de dito concurso) o debería de facer dun xeito correcto. O máis curioso do caso e que se trate de xoias, dunha caixa de peixe fresco, dunha finca, ou dun cohete espacial, etc. sempre é o mesmo perito o que emite informe (claro, así non hai que pagar a ningún outro e todo queda na propia empresa), sen que ninguén, en ningún tribunal da nosa comunidade autónoma, cuestione o seu coñecemento sobre a materia obxecto de pericia; claro, como o manda a administracion, a ninguén no xulgado (Maxistrada/o, Ministerio Fiscal Letrada/o, funcionarias/os, avogados da acusación, avogados da defensa, etc.) se lles ocorre preguntarlle de onde lle poder vir tan amplo coñecemento sobre tan diversas materias, o que ao final acaba, coa inacción de todos, por producir una valoración fraudulenta ou, cando menos, incorrecta. Por iso sempre funciona mellor a empresa privada que o servizo público, non si?

LISTAXES PROVISIONAIS BOLSAS DE INTERINOS DE ANDALUCÍA

O pasado 31 de outubro publicouse no Portal Adriano da "Junta de Andalucía" o Acordo de 28 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Oficina Xudicial e Fiscal pola que se procede á publicación das listaxes provisionais de persoal interino dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio do ámbito territorial de Andalucía.
O prazo de alegacións vai do 1 de novembro ata o 15 de novembro, inclusive. Para formular as alegacións deberá empregarse o modelo que figura no ANEXO II da resolución de convocatoria.

Ligazón nota informativa Junta de Andalucía

Ligazón listaxes provisionais