jueves, 18 de febrero de 2010

MESA DE TRABALLO COA XUNTA DIA 17-2-2010

Mesa de traballo sobre a nova oficina xudicial (NOX):

 

         No día  17/02/2010 celebrouse a segunda reunión do grupo de traballo sobre a implantación da nova oficina xudicial, empezando a tratarse o tema das Unidades Administrativas e, entregándose por parte da administración determinada documentación sobre os cadros de persoal existentes en toda a comunidade autónoma e as RPT’s prantexadas para estas novas oficinas. Como é lóxico, o tema non puido rematar, quedando  todos emprazados para o vindeiro día 25/02/2010 a fin de continuar a negociación do resto de aspectos.  Debemos ter en conta que esta reforma da oficina xudicial, posiblemente sexa a máis importante levada a cabo dende fai séculos na Admón.de Xustiza, polo que debemos facer as cousas  sen presas pero sen pausas e procurando acertar o máis posible no deseño da dita oficina xudicial.

 

Ampliación dos cadros de persoal:


Como xa vos informaramos anteriormente, da documentación trasladada pola Dirección Xeral aos sindicatos o pasado 12/02/2010 constatouse que existen na actualidade un total de 133 reforzos nos órganos xudiciais de Galiza. Concedido prazo de alegacións a fin de tomar unha decisión sobre a consolidación de gran parte destes efectivos e poder sacar os mesmos no vindeiro concurso de traslados, por parte da CIG solicitáronse  108 prazas en toda a Comunidade Autónoma (55 na Coruña, 12 en Lugo, 8 en Ourense e 33 en Pontevedra) ademais da ampliación inmediata dos Servizos Comúns de Apoio e de Notificacións e Embargos nas sete grandes cidades. Algunhas destas prazas solicitadas nin sequera  son reforzos actualmente se non que resultan necesarias polo reducido número de funcionarios do cadro de persoal dos órganos (Exemplo: Xulgados de Ponteareas onde se solitou un incremento de 2 tramitadores por cada órgano ou A.P. Sección 6ª de Vigo con 1 xestor e 3 tramitadores)

 

Concurso de traslados:


Este sindicato solicitou da administración autonómica, co beneplácito do resto de centrais sindicais representantes do 100% do persoal de xustiza de Galiza, que se fagan as xestións oportunas perante o Ministerio de Xustiza para poder retrasar o concurso de traslados o xusto para que as compañeiras/os da quenda de promoción interna da convocatoria do ano 2008 (a piques de aprobar) poidan participar no citado concurso e obter destino definitivo. A administración autonómica comprometeuse polo tanto a facer as xestións necesarias perante o Ministerio a fin de obter o retraso do concurso. Os argumentos esgrimidos pola CIG foron os seguintes:

 

1)    Neste intres, a promoción tanto da quenda libre como quenda de acceso restrinxido dos opositores da promoción do ano 2006 (última que tomou posesión), de ter obtido destino no seu momento ou no último concurso de traslados,  atópanse conxelados nos seus respectivos postos de traballo sen posibilidade de concursar, polo que en ningún caso eles poderían verse beneficiados polo concurso de traslados actual (máis ben prexudicados, pois as prazas non solicitadas neste concurso pasarán a oposición por considerarse desertas).

2)    Así mesmo están a piques de resolverse as quendas de acceso restrinxido aos corpos de Xestión e Tramitación convocadas no ano 2008, polo tanto, se por parte da administración  se desexa realmente favorecer a efectiva promoción interna aos corpos superiores e que non se xeneren un número desproporcionado de excedentes por prestar servizos noutros corpos da administración, sería convinte acelerar ao máximo ditos procesos e retrasar o xusto o concurso de traslados a fin de permitir a participación de ditos opositores no mesmo, conseguíndose deste xeito que estes obtiveran destino e praza no corpo superior, de no ter optado xa no seu día na propia promoción.

3)    A medida prantexada xenera tres beneficios claros. En primeiro lugar, os funcionarios da administración de xustiza ven colmadas as súas expectativas de ascenso real aos corpos superiores nun posto cercano a o seu lugar de residencia actual; en segundo lugar, xenéranse máis prazas nos corpos inferiores, o que facilita un maior e mellor movemento nos outros corpos, conseguíndose cubrir un maior número de prazas e que as que efectivamente poidan considerarse desertas e pasar a oposición sexan realmente as non solicitadas por ningún funcionario; e, en terceiro lugar, a posibilidade de obter máis tempo para poder aprobar as ampliacións dos cadros de persoal pratexadas con motivo dos reforzos de longa duración existentes na comunidade autónoma.

 

Galiza, 17 de febreiro de 2010.


jueves, 11 de febrero de 2010

CONCURSO DE TRASLADOS 2010

O Ministerio de Xustiza nos informa que no mes de marzo-abril se convocará o concurso de traslados, estas notificias parecen reais pois a Dirección Xeral de Xustiza, nos remite o borrador de prazas vacantes na Galiza, para que se fagan alegacións.

As prazas vacantes que a Xunta nos anuncia son: relación de vacantes por corpos de Galiza.
 

miércoles, 10 de febrero de 2010

RERIBUCIONS ANO 2010

RETRIBUCIÓNS ANO 2010

Cobrastes menos en xaneiro?.

Moita xente nas Administracións Públicas ficou sorprendida cando lle chegou a nómina do mes de xaneiro. En xeral, todo o persoal cobrou entre 10 e 30 euros menos que nunha mensualidade periódica habitual. Erros aparte, que se puideran producir nalgún caso, o que pasou foi o seguinte:

a) Este ano as retribucións aumentaron moi pouco, só un 0,3%, a raíz dun acordo entre o Goberno do Estado e os sindicatos CCOO, CSI-F e UGT, no marco da Mesa Xeral das Administracións Públicas. Os outros dos sindicatos presentes CIG e ELA, non asinamos.

b) Este ano non hai rebaixa de 400 euros anuais na retención do IRPF. En 2008 e 2009, a retención do IRPF minorouse en 400 euros anuais o cal equivale a 33,33 euros mensuais por termo medio, en 2010 esa rebaixa desapareceu, de forma que nos reteñen eses 33,33 euros.

A combinación desas dúas circunstancias provocou a baixada dos importes nas nóminas; a desaparición do recorte na retención non foi compensada por un aumento suficiente nos importes das retribucións.

Por rematar, debemos lembrar que é curioso que algunhas organizacións que criticaron no seu día a implantación da medida dos 400 euros, agora lamentas a súa desaparición. Igualmente, é tamén curioso que esas organizacións acusan só o Goberno do resultado da baixada en nómina, cando consentiron en aceptar unha suba das retribucións que, razoablemente, non podían conducir a outro resultado.

A CIG foi a única organización en Galiza que estivo desconforme coas retribucións e convocou unha concentración diante do Parlamento galego o pasado 16 de decembro contra o acordo retributivo.