Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

RECUPERACIÓN DO 26,23% DA PAGA EXTRA AOS QUE EN 2012 ESTIVERAN DESTINADOS NO TERRITORIO DO MINISTERIO DE XUSTIZA

Para todas/os aquelas/es compañeiras/os que de xuño a novembro de 2012 estiverades destinados no territorio do Ministerio de Xustiza (Castela-Leon, Castela-A Mancha, Extremadura, Murcia, Baleares, Ceuta , Melilla, Órganos Centrais, Audiencia Nacional, Tribunal Supremo...) e agora esteades noutra comunidade autónoma diferente, podedes solicita xa o pagamento do 26,23% da paga extra de 2012 premendo na ligazón de abaixo. Ligazón: http://www.boe.es/boe/dias/ 2015/09/24/pdfs/BOE-A-2015- 10232.pdf

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS OFERTADAS O 03/08/2015

Publicáronse na intranet xudicial o día 22/09//2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22, 23 e 24 DE SETEMBRO. Ligazón novas prazas para substitución:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdU9SY2NlYjNaSEU/view?usp=sharing Ligazón prazas adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNS1V5dUVlYk45dE0/view?usp=sharing

ACCIÓN SOCIAL 2015 - ÁBRESE O PRAZO PARA ALEGACIÓNS ÁS LISTAXES PROVISIONAIS

Como xa vos comunicáramos con anterioridade, hoxe sae publicada no DOG  a Resolución de 7 de setembro de 2015 pola que se lle da publicidade ás listaxes provisionais de acción social do ano 2015. Para coñecer o estado da vosa solicitude tedes que entrar na OPAX, no apartado de Acción Social-Xestión de Solicitudes, e comprobar se a mesma está provisionalmente concedida ou se vos falta algún tipo de documentación. Tedes de prazo 10 días hábiles, a partires de mañá, e dicir, ata o 2 DE OUTUBRO , para formular alegacións.  

RESUME DA SITUACIÓN PARA O GOCE DOS DÍAS DE ASUNTOS PROPIOS E VACACIÓNS

En resume, en relación co establecido no RDL 10/2015, con respecto aos días de asuntos propios e vacacións, a administración indicounos nunha nota informativa que a situación queda como segue: 1) No caso do sexto día de asuntos particulares xa  se pode solicitar a través da OPAX. 2) No caso dos días adicionais por asuntos particulares, en función da antigüidade, estase a habilitar no sistema informático a solicitude a través da OPAX. 3) No caso dos días de vacacións en función da antigüidade, a aplicación do previsto no RDL 10/2015  non será posible ata o próximo día 01/10/2015, data de entrada en vigor da reforma da LOPX operada pola Lei orgánica 7/2015, do 21 de xullo.

ACCIÓN SOCIAL - PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

O vindeiro 21/09/2015 , publicarase no DOG a Resolución do 7 de setembro de 2015, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. As comunicacións respectivas sobre admisión ou exclusión da solicitude de axuda por discapacidades, debido á lei de protección de datos, serán enviadas a través da OPAX de cada solicitante. 

TELEFORMACIÓN - CURSO DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL DESTINADO FORA DE GALIZA

No Diario Oficial de Galicia número 176, do 15 de setembro de 2015, publícase a  Resolución do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca un curso medio de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración da xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos FORA da Comunidade Autónoma de Galicia.   Convócanse tres edicións do Curso de linguaxe xurídica galega de nivel medio, que se impartirán na modalidade de teleformación, e o número de prazas por cada edición do curso será de 30. O prazo de presentación de instancias  será de dez días naturais, finalizando o mesmo o vindeiro 25 DE SETEMBRO . Para formalizar a mesma deberedes de acceder á area de matrícula da EGAP que figura no enlace de abaixo. O exame será presencial e realizarase en Santiago de Compostela o 19 DE DECEMBRO . Sobre calquera dúbida acerca do curso podedes contactar coa EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 46, o número de fax 981 5

TELEFORMACIÓN - CURSO DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL DESTINADO EN GALIZA

No Diario Oficial de Galicia número 176, do 15 de setembro de 2015, publícase a  Resolución do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca un curso medio de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración da xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.   O prazo de presentación de instancias  será de dez días naturais, finalizando o mesmo o vindeiro 25 DE SETEMBRO . Para formalizar a mesma deberedes de acceder á area de matrícula da EGAP que figura no enlace de abaixo. Sobre calquera dúbida acerca do curso podedes contactar coa EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 46, o número de fax 981 54 63 39 ou o enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es  

DEVOLUCIÓN DOS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES E DE VACACIÓNS

O pasado sábado 12 de setembro publicouse o Real-Decreto Lei 10/2015 polo que o Estado dispuña o reintegro aos seus funcionarios da paga extra de 2012 e a devolución dos días de permiso e vacacións detraídos nestes anos. A trasposición desta Lei ao ámbito da Xunta de Galiza queda explicada no artigo que publicamos hoxe , tras a xuntanza mantida no día de onte co Conselleiro de Facenda e o Director Xeral de Función Pública.

CORRECCIÓN DE ERROS CONCURSO DE TRASLADOS

No día de hoxe saíu publicada no BOE a corrección de erros sobre a publicación das listaxes provisionais do concurso de traslados onde se conceden 10 DÍAS NATURAIS para realizar alegacións. Polo tanto o prazo de presentación de alegacións rematará o vindeiro 25 DE SETEMBRO. Lembrade comprobar o voso anexo III todos os participantes do concurso (tanto os que obtivéchedes destino provisional como os que non) a fin de evitar problemas nunha errónea gravación das prazas solicitadas. 

XUNTANZA CO CONSELLEIRO DE FACENDA E O DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA

O Conselleiro adianta que a Xunta de Galiza se limitará a trasladar ao persoal que dependa da Xunta de Galiza os contidos dos decretos establecidos polo goberno español. A Mesa xeral que está convocada para hoxe día 15-09-2015 tan só abordará o pagamento do 25% da paga extraordinaria adebedada do ano 2012; pagamento que , segundo palabras do Conselleiro, podería ser efectivo no mes de novembro ou decembro deste ano. Xunto a isto efectifizarase un dia de asuntos propios que se poderá disfrutar este ano 2015.  1) En canto aos días adicionais de permiso e de vacacións por antigüidade, a Xunta de Galiza convocará negociación proximamente. 2) Avance orzamentos Xunta ano 2016: - Pagamento do 50% paga extraordinaria adebedada do ano 2012 e trasposición do contido dos orzamentos xerais do estado  (1% subida salarial, taxas de reposición 100% servicios esenciais, 50% resto de servizos....) .  3) Non hai intención de recuperación de ningún dos recortes realizados pola Xunta de Gali

PUBLICACIÓN NOVA RPT IMELGA

Como xa vos adiantaramos fai uns días, hoxe saíu publicada a nova RPT do IMELGA. Como nos ten acostumados ultimamente, a administración non cumpriu coa súa palabra e só consolidou no cadro de persoal determinadas prazas de Médicos Forenses, cando o compromiso era que tamén se consolidaran as prazas de reforzo dos corpos  xerais actualmente existentes en varias das subdireccións do dito servizo, xa que moitas delas levan un feixe de anos sen incorporarse aos cadros de persoal respectivos, a pesares de ser consideradas xa como carencias estructuráis e necesarias. Dende a CIG seguiremos loitando para que esas prazas se consoliden o antes posible e poidan ser accesibles a todos os titulares dos respectivos corpos. Aumentan 9 prazas de Forenses: Santiago......1 A Coruña......2 Ferrol............2 Vigo..............4

COMENZA O PRAZO DE RECLAMACIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS

No día de hoxe publicouse no BOE  a Orde JUS/1835/2015, de 31 de xullo, por la que se aproba a relación de excluídos e se anuncian os lugares onde están a disposición dos interesados os anexos III do concurso de traslados Como houbo un erro na dita resolución, publicarase en breve no BOE unha corrección de erros na que se conceden, a partir da publicación da mesma, 10 días naturais como prazo para realizar reclamacións. OLLO, aínda que obtiverades destino de xeito provisional, debedes igualmente comprobar o voso Anexo III, introducindo o DNI na páxina do Ministerio, comprobando dese xeito que todos os datos das prazas que solicitáchedes están ben gravados.

NO ÚLTIMO ANO INCREMENTOUSE A LITIXIOSIDADE PERO RESOLVÉRONSE MÁIS ASUNTOS

No seu discurso de apertura do Ano Xudicial, o presidente do TS, Carlos Lesmes, anunciou un importante aumento da litixiosidade durante o último ano, tras varios anos de diminución. En concreto, sinalou que, "Con una media de 185 asuntos por cada 1.000 habitantes, la tasa de litigiosidad en España sigue siendo una de las más altas de la Unión Europea. Durante el último año se han producido algunos importantes incrementos de esa litigiosidad, como el experimentado en la Jurisdicción Civil, que ha alcanzado el 10,5%; en la Jurisdicción Contenciosa Administrativa, 8,25%; o en el Tribunal Supremo, donde una de sus Salas, la Cuarta, ha visto incrementado el volumen de sus asuntos en un 20%." En canto á carga de traballo dos xuíces, advertiu que os órganos xudiciais soportan cargas de traballo excesivas, como o demostra o dato de que o 96% dos xulgados de primeira instancia superan amplamente as cargas establecidas para este tipo de órganos. Pese a eses datos, os

APROBACIÓN DA NOVA RPT DO IMELGA

A adminstración autonómica ven de informarnos que o vindeiro 15 de setembro será publicada a nova RPT do IMELGA. Segundo estas informacións esta nova publicación trae aparellada o cambio dos códigos das prazas e a ampliación dos cadros de persoal de Médicos Forenses e de persoal dos corpos xerais que ata a data figuraban como reforzos de plantilla. A CIG mantivo unha grande belixerancia neste tema e, grazas a nosa insistencia tanto en Compostela como en Madrid, provocamos non só que por fin se publicara por primeira vez a RPT do IMELGA o pasado 13/03/2015, se non que a administración se comprometera a incluir nunha nova RPT (a que agora se vai publicar) aqueles reforzos que levan tantos anos sen consolidarse nos cadros de persoal deste organismo (non todos os que nos desexaríamos).

PRÓXIMA PUBLICACIÓN ACCIÓN SOCÍAL - AXUDAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Proximamente publicarase no DOG a resolución pola que se aprobará a relación de admitidos e excluídos provisionais do programa de Acción Social. A este respecto, salientar, que h oubo 85 solicitudes , das cales 80 foron admitidas e 5 excluídas provisionalmente  (4 por certificados caducados e 1 por non achegar o certificado). Na data de publicación no DOG, as/os interesadas/os poderán ver na OPAX a súa situación e terán 10 días hábiles para emendar (tamén a través da OPAX), no caso de ter que facelo,  as causas de exclusión.

ASINA A ILP PARA RECLAMAR UNHA TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

A CIG ven de promover e por en marcha unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para reclamar unha Tarifa Eléctrica Galega que permita o mantemento do noso tecido industrial e dos empregos en Galiza. A central sindical pretende abrir un debate político e social arredor da necesidade e urxencias de mudar todo o sistema eléctrico e tarifario para acadarmos unha Tarifa Eléctrica galega que nos permita ter unha enerxía máis barata. Por que non cómpre esquecer que a tarifa eléctrica está chea de peaxes por decisións políticas e soporta compoñentes de solidariedade interterritorial (como os custes de extrapeninsularidade ou de transporte) mais, intencionadamente, non recolle os custes que, no caso de Galiza, sufrimos polo exceso de xeración eléctrica, custes sociais e ambientais. Somos produtores e exportadores de enerxía (no ano 2012 Galiza exportou o 40% da enerxía que produciu), pero non obtemos ningunha contraprestación positiva. Unha situación que cómpre mudar de xe