Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2012

AGRADECEMENTO AS COMPAÑEIRAS/OS QUE SECUNDARON A XORNADA DE FOLGA

   O sector de xustiza da CIG quere agradecer a asistencia a xornada de folga daquelas compañeiras/os que no día de onte secundaron o paro e as mobilizacións realizadas ao longo do pais como única alternativa a mostrar o noso desacordo e descontento coa reforma laboral e os recortes tan brutais que se están a levar a cabo no sector público.

RETENCIÓNS POR MOR DA FOLGA XERAL AOS DELEGADOS SINDICAIS DA CIG

   Como en todas as convocatorias de folga xeral da CIG, os delegados que ostentan a representación dos traballadores e gozan de permisos sindicais a tempo completo teñen presentados os correspondentes escritos ante as respectivas habilitacións a fin de que se proceda a efectuar as retencións por mor da asistencia á folga xeral do día 29 de marzo.    Con tal motivo, déixovos abaixo os enlaces aos escritos presentados, para que os traballadores poidan comprobar que nós cumprimos escrupulosa e coherentemente  cos nosos principios sindicais. Delegado1 Delegado2 Delegado 3 Delegado 4 Delegada 5 Delegada 6  Delegado 7

CURSOS DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA - PERSOAL DENTRO CCAA

   O vindeiro martes 27 de marzo publicarase a Resolución do 22 de marzo de 2012 pola que se convocan os cursos de LINGUAXE XURÍDICA GALEGA para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma.    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día da publicación da resolución no DOG e rematará as 14:00 horas do día 11 de abril.     Os cursos que se impartirán serán os seguintes: CURSO LINGUAXE XURÍDICA GALEGA – NIVEL MEDIO Localidade Datas Horario Horas TF 23-04-2012 ao 17-06-2012 Teleformación 75 Santiago de Compostela 02-05-2012 ao 22-06-2012 17:00 – 19:00 75 CURSO LINGUAXE XURÍDICA GALEGA – NIVEL SUPERIOR Localidade Datas Horario Horas TF 10-09-2012 ao 04-11-2012 Teleformación 75 TF 17-09-2012 ao 10-11-2012 Teleform

ABERTO O PRAZO DE RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE.

   Ábrese o prazo de entrega de solicitudes para as Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño. As/os afiliadas/os interesadas/os poden remitir a solicitude cuberta vía fax ao local nacional (981 571 082), ata o martes 27 de marzo . As solicitudes deberán facerse cubrindo o modelo oficial no Diario Oficial de Galicia, nº 48, de data 8 de marzo de 2012. Non se poderá sobrepasar a cantidade de prazas asignadas a cada habitación e terase e conta que non se acomodarán na mesma habitación pais ou nais e fillos/as maiores de 13 anos.    Instancia de solicitude

CONCURSO 2012 - POSIBLES VACANTES GALIZA E TERRITORIO MINISTERIO

   A Xunta de Galiza e o Ministerio de Xustiza acaba de trasladarnos, para a súa análise, as posibles vacantes existentes no seus respectivos territorios que poderían sair, salvo modificacións ou engádegas, no vindeiro concurso deste ano 2012.    Por iso vos agradeceríamos que se coñecedes algunha outra vacante que non se reflectise nestas listaxes nolo comunicárades (xustiza@cigadmon.org) para trasladarllo a administración correspondente co obxecto de que sexan incluidas o maior número posible de prazas neste vindeiro concurso.

CADA VEZ MÁIS ATRANCOS PARA REIVINDICAR OS NOSOS DEREITOS LABORAIS

   O pasado martes 6 de marzo de 2012 tivo lugar a comparecencia do Ministro Sr. Gallardón ante a comisión de Xustiza do Senado para propoñer unha nova reforma da Lei da Xurisdicción Contencioso-administrativa que tería como obxectivo esixir aos funcionarios avogado e procurador para a súa intervención nos recursos de dita orde xurisdiccional. Literalmente este home veu a dicir: "Les anuncio también que, respecto al orden contencioso-administrativo y también con el fin de suprimir privilegios en las administraciones públicas y racionalizar el volumen de litigios que se ventilan en él, nos proponemos modificar la Ley 29 de 1998, que es la que regula esta jurisdicción, con objeto de suprimir la exención de abogado y procurador actualmente prevista para los funcionarios que realicen reclamaciones en defensa de sus derechos estatutarios."      Este novo ataque aos dereitos das empregadas/os públicas é un máis na liña de coartar calquera tipo de reclamación por par

NOVAS CONCENTRACIÓNS E MOBILIZACIÓNS EN XUSTIZA

  Seguindo coa campaña de mobilizacións nas administración públicas galegas e, de xeito concreto, na administración de xustiza, con motivo dos recortes que se teñen que afrontar trala aprobación da Lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as traballadoras/es da administración de xustiza galegos saimos a rúa este 6 de marzo nas diferentes localidades a fin de facer unha chamada de atención a administración autonómica para que retire este tipo de medidas que o único que acadan e un empeoramento da prestación dos servizos públicos ademais dunha precarización das condicións laborais.