Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2008

CORRECCION DE ERROS NO CONCURSO DE TRASLADOS

No BOE do 2570472008, pubícase a corrección da convocatoria do concurso de traslados do 15/3/08, a Xunta nos comunica que non se pudo publicar ainda do DOG, estando a espera da publicación. Informasenos tamén de que o prazo para a presentación de instancias, conforme o recollido na Resolución do 16/04/2006 de corrección de erros, é de CINCO DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOE (25/04/2008)para ver a resolucion do BOE: clicar en:resolucion corrección Galiciaresolucion corrección territorio MinisterioCataluñaAndaluciaCantabriaAragónMadrid

CONVOCATORIA SELECCIÓN TITORES CURSO SELECTIVO DE ACCESO AO CORPO DE AUXILIO XUDICIAL

No día de hoxe, publicase na Intranet de Xustiza a "CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE TITORES PARA O CURSO SELECTIVO DE ACCESO AO CORPO DE AUXILIO XUDICIAL", pola cal desde o Ministerio de Xustiza preténdese crear unha bolsa de persoal para a selección de titores cuxa tarefa sexa realizar accións de titoría e formación no lugar de traballo co fin de facilitar unha adaptación rápida ao lugar de traballo do persoal de novo ingreso, mediante prácticas tuteladas. O prazo de presentacion de solicitudes remata o vindeiro 2 de maio de 2008. Podedes consultar as condicións da convocatoria clicando en: convocatoria

LISTADOS DE ADMITIDOS CURSOS DE FORMACION

Na Intranet de Xustiza podedes consultar, as listaxes dos alumnos admitidos aos cursos de formación continua para funcionarios ao servizo da Administración de xustiza cuxo comezo está previsto no mes de maio.
Así mesmo, informase que de conformidade co establecido na base oitava da Resolución da Escola Galega de Administración Pública, suspendéronse as edicións de Pontevedra e Lugo do curso "Relacións no equipo de traballo".
Próximamente comunicarase o lugar de realización do devandito curso nas cidades de Ourense e A Coruña. Tamén se pode consultar a listaxe de admitidos ao curso "A execución civil", e cuxo comezo está previsto o vindeiro 28 de abrilPara consultar os listados clicar en listado de admitidoslistaxe admitidos execucion civil

OFERTAS DE PARADORES PARA FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA

A Mutualidad Xeral Xudicial ten suscrito un convenio de colaboración cos Paradores de Turismo polo que todos os Funcionarios e Funcionarias ao Servicio da Administración de Xustiza podemos participar, se queredes ver o convenio, así como as datas nas que se pode participar así como os importes a pagar.convenio de colaboracióndatas das ofertasofertas de Paradores

OPOSICIONS CORPO DE XESTION, PROMOCION INTERNA

O Ministerio de Xustiza, ven de publicar o Acordo do Tribunal Calificador único, CORPO DE XESTIÓN turno de promoción interna, polo que se publica o listado definitivo de méritos e a relación de aprobados e convocase a realización das probas de idioma oficial autonómico e dereito foral. resolucion do Tribunallistado de méritosrelacion de aprobados

O BNG INSTA AO GOBERNO GALEGO A QUE TOME MEDIDAS COS XULGADOS DO PENAL

O BNG urxe medidas que melloren o funcionamento dos Xulgados do Penal, xa que o incremento normativo non se corresponde cun incremento da plantilla, que non experimentou un medre semellante á carga de traballo que asumeu nin os asuntos en fase de execución recibiron maior atención que antes.O portavoz de Xustiza do g.p do BNG, Iago Tabarés, ven de presentar unha proposición non de lei para abordar a adopción de medidas de mellora do funcionamento dos xulgados do penal en Galiza, pois o incremento normativo, de aprobación de leis, non se corresponde cun incremento e dotación de medios para poder aplicalas, explicou. Tabarés, durante unha rolda de prensa de presentación da iniciativa, explicou que cumpría unha reflexión seria sobre a situación da Xustiza nestes momentos mais lembrou que non é de agora, senón que é froito do desleixo dos diferentes gobernos, sobre todo do Estado –que asume a maior parte das competencias-, “máis preocupado pola politización do sistema, por influir no mesm…

PRAZAS OFERTADAS CORPO DE TRAMITACION PROMOCION INTERNA

No Boletin Oficial do Estado de día 16 de abril, publícase a Orden pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ambito de peninsula e Baleares, que se ofrecen os aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no Corpo de Tramitación turno de promoción interna.Para ver a resolución clicar resolucion boe

A CIG DIRIXE ESCRITO DE PROTESTA AO MINISTERIO EN RELACION COS CURSOS DE PRATICAS

A CIG dirixe o Ministerio de Xustiza e o Centro de Estudios Xurídicos escrito con motivo de denunciar a penosa situación pola que se viron obrigados a pasar os compañeiros e compañeiras que a semana do 7 ao 11 de abril tiveron que acudir en Madrid á celebración do curso selectivo teórico-práctico do proceso selectivo, quenda promoción interna, do corpo de tramitación procesual e administrativa.
Para empezar, a apenas catro días do comezo do curso (o día 4 de abril, concretamente) é cando se publica a convocatoria do curso selectivo en Madrid, sen ter en conta que practicamente todos os aprobados polo ámbito de Península e Baleares, é dicir, territorio do Ministerio, debían desprazarse desde o seu lugar de residencia fóra de Madrid: Asturias, Mallorca, Galicia, Melilla,?.. Ademais, non se deu información acerca de en que situación quedaban estes opositores nin que permisos ou documentación tiñan que achegar á súa chegada ao Centro de Estudos Xurídicos. Tampouco se deron explica…

RECTIFICACION DE ERROS NO CONCURSO DE TRASLADO

Dende a Xunta de Galicia informasenos que como xa adelantabamos fai uns dias, o dia 25 de abril publicarase no DOG e no BOE unha corrección de erros no concurso de traslados, no que a Galicia se refire incluen novas prazas no corpo de Auxilio e modificanse outras do corpo de Auxilio.Os funcionarios e funcionarios que lles afecte poden facer as modificación no prazo de CINCO dias, tamén poderan facer novas peticións aqueles que pola razón que non o fixeran con anterioridade o queiran facer agora, polo que o prazo de ampliación dos cinco dias e xeral.Se queredes ver a resolución da correción de erros no que se refire a Galicia clicar en: resolucion correccion Galicia

NOVAS DO CONCURSO DE TRASLADOS

A Xunta de Galicia comunicounos que segundo lles dixo O Ministerio de Justicia que certas Comunidades Autónomas tiñan que facer correccións de erros ao concurso de traslados, se esto fose así , A Xunta de Galicia aproveitaria para facer as seguintes modificacións

1.- incluir 3 vacantes do corpo de tramitación de Rxto. Civil Exclusivo de Vigo (por conseguir a aprobación da modificación do cadro de persoal)
2.- incluir 1 vacante do corpo de tramitación da Fiscalia da Coruña (vacante por falecemento dun funcionario)
3.- incluir 1 vacante do corpo de auxilio en 1do Xulgado de Instancia nº 5 de Vigo
4.- suprimir 1 vacante no corpo de auxilio no Xulgado de Inst. e Instr. nº 4 de Cambados deixando soamente 1 vacante (estaban ofertadas 2)

Se esto se fai tamén se ampliaría o prazo de presenación de Instancias.

SERVIZO DE ATENCIÓN AO CIDADÁN E Á VÍTIMA DA CORUÑA

A Dirección Xeral de Xustiza ven de publicar o listado provisional de adxudicatarios para o Servicio Común de Atención o Cidadan e Victima da Coruña, e concédese aos interesados un prazo de tres dias para formular alegación (durante os días 9, 10 e 11 de abril)
Listado de admitidos Listado de excluidos

CURSOS DA EGAP

No DOG de data 7 de abril publicase a Resolución da Escola Galega de Administración Pública pola que se convoca CURSOS DE FORMACION, para o Persoal ao Servicio da Administración de XustizaTanto o listado de cursos como as datas podedes consultalas clicando en:cursos da EGAP

LISTADO DE ADMITIDOS NOS CURSOS

Na intranet de Xustiza, publicanse os listados de admitidos para a realización dos Cursos da Dirección Xeralos cursos a celebrar e as datas son as seguintes:PROCESOS CIVÍS E ÚLTIMAS REFORMAS DA LAC (TELEFORMACIÓN)DATAS DO CURSO: DO 7 DE ABRIL AO 15 DE XUÑOlistados admitidosXURISDICIÓN VOLUNTARIA (TELEFORMACIÓN)DATAS DO CURSO: DO 14 DE ABRIL AO 23 DE XUÑOlistado de admitidosPRÁCTICA PROCESUAL NA XURISDICCIÓN CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA (TELEFORMACIÓN)DATAS DO CURSO: Do 25 de abril ao 4 de xullolistado de admitidos

NOMEADOS COMO FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS EN PRATICAS NO CORPO DE TRAMITACION TURNO DE PROMOCION INTERNA

Na paxina web de Ministerio de Xustiza, ven de publicarse a orden de 31 de marzo de 2008 pola que se nomean funcionarios e funcionarias en prácticas os compañeiros e compañeiras que aprobaron por turno de promoción interna as oposición de ingreso no Corpo de Tramitación Procesal. E convocanse para o Curso Selectivo Teórico-Practico.Dende a CIG felicitámolos a todos e todas.Para ver a resolucion e listados clicar en:resolucion

PUBLICACION DO CONCURSO DE TRASLADO

Hoxe día 4 de abril publicouse o Concurso de Traslado do persoal ao Servicio da Administración de Xustiza, sae a publicación tanto no BOE coma no DOG, as resultas podedes consultades as de Galicia neste mesmo blog ou na paxina da Xunta ou na do Ministerio. a continuación insertamos os enlaces:publicacion do BOEpublicacion do DOGMinesterio de Justicia, vacantes, resultas e demais documentacion

O BNG FAI UNHA PREGUNTA NO PARLAMENTO A RAIZ DA DENUNCIA DA COPE POLO USO DA LINGUA GALEGA NA ADMINISTRACION DE XUSTIZA

O BNG acusa á COPE de persecución contra o galego e contra quen traballa para a súa normalización no ámbito da Xustiza

Bieito Lobeira rexistra unha pregunta paralamentar pedindo unha avaliación da Xunta sobre a denuncia formulada pola emisora perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra unha maxistrada de Santiago

Santiago de Compostela, 1 Abril. O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, quer saber a avaliación que fai o Goberno da Xunta da denuncia formulada pola Cadena Cope perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra a maxistrada titular do Xulgado do Social nº2 de Compostela por usar a lingua galega.Bieito Lobeira rexistrou unha iniciativa parlamentar na que se fai eco do “esperpéntico” que resulta a argumentación da COPE, quen decidiu formular unha queixa logo do acontecido nunha vista oral o pasado 21 de Xaneiro nos Xulgados de Compostela, por motivo do despedimento dunha traballadora da emisora.

Segundo o deputado, na denuncia afírmase, textual…

A CIG REMITE ESCRITO DE PROTESTA POLO RETRASO DAS OPOSICIONS

A CIG, ven de presentar ante o Ministerio de Xustiza unha queixa formal ante a situación na que se atopan os opositores e opositoras que aprobaron as probas selectivas para ingreso nos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial tanto promoción interna como turno libre, ante o incumprimento por parte do Ministerio de Xustiza do establecido nas diferentes convocatorias no que a duración se refire; xa que no punto 7.2 establecíase que “salvo que concorran causas obxectivas que o xustifiquen, apreciadas pola Secretaria de Estado de Xustiza, oído o Tribunal Cualificador único, o proceso selectivo terá unha duración máxima de 12 meses contados a partires da data de realización do primeiro exercicio ata a de comezo do período de prácticas”. O Ministerio de Xustiza non puxo de manifesto causa obxectivas que xustifique o incumprimento do prazo establecido. Esta situación conduce a que a convocatoria do ano 2006 non se resolva ata finais do 2008 ou incluso ata o 2009 en algunha das categ…

CONCURSO DE TRASLADOS