jueves, 27 de agosto de 2015

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO DE TRASLADOS.

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicáronse no día de hoxe as listaxes provisionais do concurso de traslados. Comprobade non só se obtivechedes ou non destino, se non tamén o contido do voso anexo III (instancia presentada) introducindo o DNI no campo correspondente que figura á dereita da páxina no enlace que vos deixamos abaixo.

Data de publicación no BOE:  15-9-2015
Prazo de alegacións: Do 16-9-2015 ao 25-9-2015

Ligazón adxudicacións totais:

miércoles, 26 de agosto de 2015

CURSOS PREPARACIÓN LINGUA GALEGA OBTENCIÓN CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4

No DOG número 159, do venres 27 de agosto de 2015, publicouse a  Resolución do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYWN6ZXFJQkljOHc/view?usp=sharing

sábado, 15 de agosto de 2015

CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CERTIFICADOS CELGA

Achegamos a ORDE do 3 de agosto de 2015, publicada no DOG de hoxe, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega (equivalentes aos de linguaxe xurídica) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG0164-040815-0004_gl.pdf

miércoles, 12 de agosto de 2015

PRAZAS PARA AS OPOSICIÓNS 2015

Hai uns días, o Ministerio remitiunos os borradores das convocatorias así como as bases comúns e os programas dos procesos selectivos de acceso aos corpos de médicos forenses, xestión, tramitación e auxilio xudicial.
Estamos a elaborar as alegacións ás mesmas, que deben ser presentadas antes do vindeiro 10 de setembro.
Esta é a proposición de prazas distribuidas por territorios:
 

lunes, 3 de agosto de 2015

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 03/08//2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 3, 4 e 5 DE AGOSTO

Ligazón novas prazas para substitución: