Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2014

CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA

 No DOG do 27 de agosto de 2014 saíu publicada a Orde pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior (equivalentes aos de linguaxe xurídica galega) , presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2014/15, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV, respectivamente.  a) Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario. Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo ou ben en excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar; e aquela que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente ex

NOVAS PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día 18/8/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo.     PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 18, 19 e 20 DE AGOSTO Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNV0lET05iSVM4SVU/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNFBJV1JaUVAtUHc/edit?usp=sharing

CONCURSO DE TRASLADOS - ABERTO O PRAZO DE RECLAMACIÓNS ATA O 15 DE SETEMBRO.

Hoxe publicouse no BOE a Orde JUS/1508/2014, de 17 de xullo , pola que se aproba a relación de excluidos e anúncianse os lugares onde están a disposición, para consulta dos interesados, os anexos III do concurso de traslado para cubrir prazas entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado pola Orde JUS/808/2014, de 29 de abril. O prazo para reclamacións será ata o 15 de setembro. AVISO IMPORTANTE. - AINDA QUE SE OBTIVERA PRAZA NO CONCURSO DE TRASLADOS, DEBE COMPROBARSE A INTEGRIDADE DO ANEXO III, PARA VERIFICAR QUE SE GRABARON CORRECTAMENTE OS DESTINOS SOLICITADOS.

A CIG ACADA INCLUIR A RESERVA DE NOTA NAS OPOSICIÓNS DE SECRETARIOS XUDICIAIS

Como non é moi habitual nestes tempos que a Administración ceda a algunha das pretensións que a parte sindical lle fai, deixade que  nos  alegremos  hoxe  porque  o  Ministerio,  a  instancias únicamente  deste  sindicato,  vén  de  reformar  o  texto,  agora  xa definitivo,  da  convocatoria  de oposicións  ao  corpo  de  secretarios xudiciais,  incorporando  a  conservación  da  nota  do  primeiro exercicio  (sempre  que  supere  o  60%  da  máxima)  para  a convocatoria seguinte. Este feito podería ser trasladable no futuro ao acceso aos corpos xerais. Nota informativa reserva nota secretarios.