Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2013

DIA DE DESCANSO TRAS O PERIODO DE GARDA PARA MEDICOS FORENSES

   O Ministerio, en base a unha directiva europea, acaba de plantexar modificar a Resolución de 5 de decembro de 1996 para garantir o dereito ao descanso ininterrompido de 12 horas tras o servizo de garda de oito días. Os médicos forenses que teñan realizado ese servizo de garda, non traballarán ao día seguinte a saída de garda. Nos casos nos que as funcións medicoforenses obrigatorias, derivadas do servizo de garda, impidan o desfrute da xornada de descanso ao día seguinte da súa finalización e, coa finalidade de garantir a correcta prestación do servizo no Instituto de Medicina Legal, esta poderase desfrutar nos dez días laborables seguintes á finalización da mesma.

CONCENTRACION NO PARLAMENTO GALEGO CONTRA OS ORZAMENTOS

Onte 26 de febreiro levouse a cabo pola plataforma galega de servizos públicos unha concentración fronte ao parlamento galego como medida de protesta contra a aprobación dos orzamentos tan regresivos da Xunta de Galiza para este ano 2013

REINTEGRO DEREITOS PASIVOS E MUGEJU

   De xeito excepcional, na nómina do vindeiro mes de abril, a contía mensual da cota de dereitos pasivos e de cotización á Mutualidade Xeral Xudicial será obxecto de minoración nunha contía equivalente ao importe que se tivera abonado por dito concepto no mes de decembro de 2012 en relación coa paga extraordinaria, e dicir, serannos reintegrados finalmente os importes que foran retidos indebidamente ao non ter percibido dita paga.

OFERTA DE PRAZAS E ADXUDICACIÓN SUBSTITUCIÓNS

Publicáronse hoxe as adxudicacións das ultimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes consultar a información neste BLOG ou na INTRANET DA XUNTA no apartado de actualidade dentro das substitucións entre titulares, en recursos humanos, onde tamén se pode ver o histórico de todas as publicacións e adxudicacións. Premendo no vinculo de máis abaixo poderedes acceder directamente a informacion publicada. Novas prazas ofertadas a substitución - prazo 14, 15 e 18 febreiro Novas adxudicacións realizadas

PAGAMENTO DIFERENCIAL DA PAGA EXTRA

   Na Disposición Derradeira 4ª da Lei de taxas 10/2012 establecíase o pagamento do diferencial existente entre a contía da paga extra dos funcionarios da administración xeral do estado (AXE) con respecto a contía da paga extra dos funcionarios da administración de xustiza.  Despois de case tres meses a Dirección Xeral indica que xa están gravados os datos en intervención e que se lles abonaran nesta nómina de febreiro , aproximadamente, 446 € aos forenses, 247 € a xestión, 155 € a tramitación e 6,12 € a auxilio (aparte do diferencial tamén existente na contía dos trienios) . O que non saben é se entrará ou non como un pago do ano anterior.    Os problemas e demora sobre o pagamento debéronse a que tiveron que introducir os datos manualmente (cousa contraria aos descontos de pasivos e MUGEJU que curiosamente o foron de xeito automático), e que descoñecen como se procederá devolución destes, que o único que saben é o que dixo o Ministro Sr. Montoro.    Finalmente avisámoslles de

MESA SECTORIAL 07/02/2013

A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA AGÓCHASE DETRÁS DE PORCENTAXES PARA NON CUANTIFICAR, ALEGANDO INCOMPETENCIA, AS CANTIDADES QUE VAN SUPRIMIR AOS/ÁS TRABALLADORES/AS Tras oito meses sen Mesa sectorial, o Director Xeral converte a mesa na crónica dunha morte anunciada: non pensan devolver nin un céntimo da paga extra suprimida ilegalmente , contravindo a LOPX entón vixente, nin tan sequera o mes e medio xa devengado e recoñecido por sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Para iso aduce argumentacións peregrinas e irrisorias como " os funcionarios de xustiza queren cobrar a extra, mentres ao resto de funcionariado da Xunta llela quitan". Non se da conta o Director que o único que esiximos e o cumprimento da legalidade e o acatamento de sentenzas que, se ben non afectan ao noso eido, aforrarían custos xudiciais a nós e a administración. Quedou confirmado tamén o que xa fora adiantado polas OOSS en follas informativas e asembleas: o desconto do 4,26%

CONCURSO SECRETARIOS SEGUNDA E TERCEIRA CATEGORIA

   O Ministerio comunic ou que o concurso de traslados ordinario de segunda e terceira categoría d o C o rpo de Secretarios Xudiciai s publicar a se no BOE previsiblemente o sábado día 16 de febreiro .    N esta convocatoria introd ú cese como principal nov i dade a posibilidade de cump r imentar a instancia de participación a través dun Asistente de Inscrición, accesible de n de a dirección https://ainoa.justicia.es , que x erará un formulario normalizado de solicitude que terá que remitirse á Secretaría X eral da Administración de X usti z a , aínda que este sistema vai coexistir co ata o de agora usado na xestión manual das instancias .