Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA ACCIÓN SOCIAL 2022

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa soli citude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.   As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220928/AnuncioV0654-190922-0004_gl.pdf  

PLAN DE REFORZO PRESENCIAL EXE - NOVAS DATAS E LUGARES

Comunícase o calendario coas datas planificadas para as sesións presenciais por cada provincia para a primeira quincena de outubro dentro do plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas: Provincia Municipio Órgano Data Horario Ourense Ribadavia Mixto 1 03/10/2022 9h-11:30h Lugo Mondoñedo Mixto 1 03/10/2022 9h-11:30h Lugo Mondoñedo Mixto 2 03/10/2022 11:45- 14:15h Lugo Lugo Vixilancia penitenciaria 04/10/2022 9h-11:30h* A Coruña A Coruña Vixilancia penitenciaria 04/10/2022 9h-11:30h* Ourense Ourense Penal 1 05/10/2022 9h-11:30h Ourense Ourense Penal 2 05/10/2022 11:45-14:15h Lugo Chantada Mixto 1 05/10/2022 9h-11:30h A Coruña A Coruña Violencia 06/10/2022 9h-11:30h

CURSOS DE AUTOFORMACIÓN EGAP

No Diario Oficial de Galicia do 27.09.2022 (DOG núm.184), publícase a resolución do 19 de setembro de 2022 pola que a EGAP convoca, con carácter extraordinario, o programa de autoformación no que se inclúe ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Todo o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes pú blicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres univers idades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo https://egap.xunta. gal/matricula O  prazo de presentación de solicitudes será desde as 8 horas do 28 de setembro ata as 14 horas do 14 de out

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 19 de setembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1hiT5cueVW5VFJvfOp_XZmmU5JUOjTNEc/view?usp=drivesdk

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - MÉDICA/O FORENSE - COMPOSTELA

Identificador da oferta: 12/2022/11017 Detalles: MÉDICO ESPECIALISTA EN MEDICINA LEGAL E FORENSE PARA SANTIAGO DE COMPOSTELA. VALORARASE: TER SUPERADOS EXAMES PARA O CORPO DE MÉDICOS FORENSES NA ESPECIALIDADE DE MEDICINA LEGAL E FORENSE E OUTRAS ESPECIALIDADES. CURSOS DE FORMACIÓN RELACIONADOS CON MEDICINA FORENSE, FORMACIÓN EN INFORMÁTICA E COÑECEMENTO EN LINGUA GALEGA E IDIOMAS EXTRANXEIROS. Cargo: MÉDICOS ESPECIALISTAS EN MEDICINA LEGAL E FORENSE  

PUBLICACIÓN DA DATA, LUGAR E HORA DE CELEBRACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN E TRAMITACIÓN

No  BOE publicouse a Orde JUS/911/2022, do 20 de setembro, pola que se nomean Unidades de colaboración, anúnciase data, hora e lugar de celebración dos exercicios dos procesos selectivos para ingreso, por promoción interna, nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa e de Tramitación Procesual e Administrativa e corríxense erros na Orde JUS/747/2022, do 26 de xullo e na Orde JUS/549/2022, do 13 de xuño. Ligazón BOE: https://boe.es/boe/dias/2022/09/23/pdfs/BOE-A-2022-15489.pdf

BORRADOR BASES OPOSICIÓNS - QUENDA LIBRE - OEP 2020, 2021 E 2022

O Ministerio de Xustiza trasladounos o que considera xa o último borrador das bases que rexerán os vindeiros procesos selectivos da quenda libre, que se realizarán polo sistema de oposición, relativos ás OEP 2020, 2021 e 2022. Unha vez recollidas determinadas alegacións, agora resta que Función Pública dea o visto bo a dito borrador para que o Ministeiro leve a cabo a publicación da convocatoria correspondente. Ligazón bases oposicións: https://drive.google.com/file/d/1x29HD9KpekDazJKJFo7_42FGKuaJp6eP/view?usp=sharing  

DESPREGAMENTO DE DICIREG EN CATALUNYA

O Ministerio de Xustiza ven de informar que foi asinada a Resolución da Dirección de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 19 de setembro, que dispón o despregamento de DICIREG na Oficina Xeral de RC de Tarragona e as oficinas colaboradoras do seu partido xudicial o 3 de outubro de 2022. Nos vindeiros días levarase a cabao a súa publicación no BOE.

PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ACCIÓN SOCIAL

O vindeiro 28 de setembro publicarase no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022, para o persoal ao servizo da administración de xustiza e con destino na comunidade autónoma de Galicia.

TELEFORMACIÓN EN LIÑA DO PLAN DE REFORZO DA ADMINISTRACIÓN XUDICIAL ELECTRÓNICA (AXE)

Está dispoñible na Plataforma de Teleformación de Xustiza o  Plan de Reforzo AXE, versión en liña, que complementa a formación que se está a impartir de xeito presencial. Poderás matricularte na dita actividade  tendo en conta a data asignada ao teu órgano : Martes 20/09: Grupo 1: xulgados de instrución, penal, menores, violencia sobre a muller e vixilancia penitenciaria. Grupo 2: xulgados de primeira instancia e instrución. Grupo 3: seccións da AP e TSXG. Xoves 22/09: Grupo 4: xulgados do social. Grupo 5: xulgados do contencioso-administrativo. Grupo 6: xulgados de primeira instancia. Para poder completar o proceso de automatriculación, terás que introducir unha chave que recibirá previamente o órgano mediante correo electrónico . Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso. A continuación atoparás unha táboa cos contidos do Plan de Reforzo en liña. Ademais, continúan dispoñibles as pílulas formativas en liña de acceso aberto , que che solucionarán as dúbi

O NOVO DIRECTOR XERAL: EXISTE OU É UNHA REALIDADE VIRTUAL?

Dende que tomou posesión a mediados de xuño, o señor Tronchoni non tivo a ben presentarse, nin persoal nin telefonicamente, ante a CIG, primeira forza sindical do país. E por suposto tampouco conv ocou ningunha mesa de negociación.   Esta situación non nos parece de recibo e asómbranos porque non estamos afeitos. Xa non esperabamos que nos recibise o señor Conselleiro (que debería) como tampouco fixo Rueda, quen non asistiu nin a unha soa mesa de ne gociación (iso si, na folga, por detrás, alguna reunión tivo) pero o Director Xeral, polo menos, debería presentarse ante todas as OOSS.   Queremos decirlle ao señor Tronchoni que s e ten dúbidas de como se recibe a esta forza sindical cando se chega a un ca rgo que llo pregunte á Ministra Pilar LLop e @s que a precederon : Gallardón, Rafael Catalá, Dolores Delgado e Juan C. Campo. Porque nese ámbito tamén participamos en mesas de negociación.   De paso solicitamos que se convoque de maneira urxente unha reu

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 19/09/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 20, 21 e 22 de setembro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da  Resolución do 19 de setembro de 2022  que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1RPQ3BfiuTPEz3ChFYS8mVUAcaPiWRdGS/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS

Saíu publicada a Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 26 de setembro) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presentar dent

DETALLES DA NEGOCIACIÓN DAS OPOSICIÓNS 2020-2021-2022

O Ministerio trasladounos hai uns días o borrador do que pretendía ser a convocatoria, coas bases e os programas, dos procesos selectivos da quenda libre, a realizar polo sistema de oposición, dos corpos xerais da Administración de Xustiza, correspondentes á tasa de reposición da Oferta de Emprego Público dos anos 2020, 2021 e 2022. Na folla informativa que vos deixamos na ligazón poderedes ver os detalles de dita convocatoria e as propostas realizadas pola CIG. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1gPACt-SlJZMg9yIFC15DhhrBDVvIWO8T/view?usp=drivesdk

CONFIRMACIÓN DATA E HORA DE EXAME - PROMOCIÓN INTERNA - XESTIÓN E TRAMITACIÓN

XESTIÓN PROM.INTERNA ​Comunicación da data e hora do primeiro exercicio. Data: sábado 08/10/2022. Hora de chamamento: 10:00 h. (09:00 h. en Canarias).​​ Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/gestion-procesal-administrativa-marzo TRAMITACIÓN PROM.INTERNA ​Comunicación da data e hora do primeiro exercicio: Data: sábado 08/10/2022. ​Hora de chamamento: 10:00 h. (09:00 h. en Canarias). Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/tramitacion-procesal-administrativa-marzo

PRAZO DE SOLICITUDE DE SUSPENSIÓN TEMPORAL NA BOLSA DE INTERINOS

Como xa prevía a nota informativa divulgada pola Dirección Xeral de Xustiza o pasado 7 de setembro, a partir de hoxe empeza o prazo de 5 días (ata o 20 de setembro) para solicitar a suspensión de chamamentos, a fin de que aquelas/es compoñentes das bolsas que xa se atopaban en suspensión poidan manter, se así o desexan, dita suspensión nas actuais bolsas.

LISTAXES DEFINITIVAS PERSOAL INTERINO

Publicouse na páxina web da consellería a Resolución pola que se expoñen as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais da Administración de Xustiza en Galicia, convocadas pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022. Ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

DESIGNACIÓN COMISIÓN DE VALORACION - CONCURSO ESPECÍFICO - FISCALÍA COMPOSTELA

Saíu publicada na intranet a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza , pola que se designa a Comisión de Valoración do concurso específico para a provisión dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1CGowPRJ26T6geZ9jfvDALfwSAgUzGPx0/view?usp=sharing

COMUNICACIÓN DOS CRITERIOS DE REPARTICIÓN DA ACCIÓN SOCIAL 2022

Na xuntanza da comisión de acción social 2022 celebrada o 09/09/2022, a Dirección Xeral de Xustiza ven de informar:   1. Foron presentadas 143 (125 simples, 8 dobres e 1 triplo). Destas foron admitidas provisionalmente 135 solicitudes con 145 beneficiarios, das cales 126 foron concedidas provisionalmente con 134 beneficiarios, e 8 foron denegadas provisionalmente con 8 beneficiarios.   2. A resolución da DXX que aproba as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse no DOG ao longo deste mes de setembro . As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galiza para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.   Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas axudas, o acceso por parte da persoa interesada á información rel

CONVOCATORIA DE NOVAS PROBAS PARA OBTENCIÓN DO CELGA 1, 2, 3 E 4

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C). Mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lin güística (DOG núm. 54, do 18 de marzo), convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega dos niveis 1, 2, 3 e 4, que tiveron lugar en maio e xuño deste ano. Co fin de seguir atendendo a demanda cidadá neste ámbito, considérase necesario efectuar unha segunda convocatoria destas probas en 2022. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220909/AnuncioG0655-300822-0001_gl.pdf  

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 31 agosto, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.  Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data.   Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1YHHk1as1lMe1s6wWDZCCtmYaNn2s_Xyc/view?usp=sharing

NOTA INFORMATIVA SOBRE INMINENTE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE INTERINOS

Unha vez entren en vigor as novas listaxes de persoal interino convocadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022, as bolsas anteriores quedarán automaticamente anuladas de conformidade coa disposición transitoria segunda da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.  Aquelas persoas interesadas en quedar en situación de suspensión de chamamentos, conforme ao establecido no artigo 16 da Orde, poden cursar a dita solicitude coa  documentación acreditativa necesaria a partir de hoxe, e ata cinco días hábiles tras a  publicación das listaxes, por correo electrónico ante a xefatura territorial correspondente.  A suspensión terá efectos dende a entrada en vigor das novas bolsas. Recórdase que o persoal interino que estaba en situación de suspensión temporal nas anteriores bolsas deberán solicitar novamente a suspensión xa que non pasarán a esta