Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2007

NOVAS CONVOCATORIAS DE CURSOS DE FORMACION

SUSPENSION DE CURSOS: Os cursos de actos de comunicación , na súa edición de Lugo e Santiago de Compostela e os de proceso laboral nas edicións de A Coruña, Lugo e Pontevedra, foron suspendidas, co voto en contra da CIG , dado que o número de solicitudes non acadaba o 50% das prazas ofertadas. CONVOCATORIA DE NOVOS CURSOS Curso básico de inglés ( presencial), a celebrar de 17 a 20 horas nas datas seguintes A Coruña: días 4,6,8,11,13,15,18,19,20,21,22,25,26,27,28,29, de xuño Lugo: 28,29,30 e 31 de maio, 1,5,7,9,12,14,15,18,19,20,21 e 22 de xuño Ourense: 29 e 31 de maio, 1,4,5,6,7,8,12,14,15,18,19,20,21 e 22 de xuño Pontevedra: 21,22,23,24,25,28,30 de maio, 1,4,6,8,11,13,15,18 e 19 de xuño Curso sobre Xuízos de Faltas (modalidade Teleformacion) Curso Procesos de Capacidade (Teleformacion).- as datas de celebración dos de teleformación son do 15 de maio ao 15 de xuño PRESENTACION DE SOLICITUDES PARA TODOS OS CURSOS : DO 24 DE ABRIL AO 4 DE MAIO

OPOSICION PROMOCION INTERNA

A CIG. ante o cúmulo de irregulariadades que se produciron nos exames de promoción interna, tanto no de Tramitación como no de Xestión, viuse na necesidade de impugnalos e pedir a anulación do caso práctico de Xestión. Tamén pensamos, e así o solicitamos, que de acordar o Tribunal a repetición dos mesmos os gastos de desprazamento dos opositores deberán correr de conta da entidade convocate, o Ministerio de Xustiza. As irregulariadades detectadas e denunciadas pola CIG, son entre outras: CORPO DE TRAMITACION FILTRACION DE PARTE DO EXAMEN. O noso Sindicato dous días antes da celebracióndo segundo exercicio tivo coñecemento da filtración, alomenos na Coruña, do contido das normas previas para o desenvolvemento do exercicio, filtacións que acabaron en poder de numerosos opositores. Ante tales feitos vímonos obrigados a poñer esta circunstancia en coñecemento do Sr. Presidente da Unidade Colaboradora de A Coruña a medio de escrito datado o día 12/4/07, no que figuraban os parámetros, en r

CURSOS DE GALEGO PARA FUNCIONARIAS E FUNCIONARIOS DESTINADOS FORA DE GALIZA

A Xunta comunícanos que nas vindeiras datas convocaranse a través de Internet, e dos Tribunais Superiores de Xustiza " CURSOS DE LINGUAXE XURICA GALEGA" niveis Medio e Superior, baixo os seguintes requisitos: DESTINATARIOS: Funcionarios e Funcionarias dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial, Médicos Forenses, Secretarios, Xuices e Fiscais destinados fora de Galiza . PERIODO DE CELEBRACION: durante o mes de Agosto. LOCALIDADES DE CELEBRACION: A Coruña, Ourense e Vigo (o número mínimo de solicitudes é de 15). PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Ata o día 15 de maio. INCOMPATIBILIDADES: A realización dun destes cursos supón a non admisión en calquera outro de linguaxe xurídico convocado neste ano 2007. Para ver as bases da convocatoria e a instancia tamén na podes consultar na paxina da dirección Xeral de Xustiza http://cpapx.xunta.es/xustiza/dxxpersoal.htm

CURSOS DE FORMACION DA EGAP PARA XUSTIZA

No DOG. do día 9 de abril publicouse o listado de cursos de formación dirixidos exclusivamente a funcionarios e funcionrias da administración de Xustiza destinados en Galiza, o prazo de solicitudes e de 15 días.

A CIG. DESMINTE PROMESAS ELECTORELES DO DIRECTOR XERAL EN PONTEVEDRA

Ante as promesas realizadas en Pontevedra polo actual Director Xeral de Xustiza, de que Pontevedra contaría no próximo ano cun Xulgado de Violencia exclusivo (comarcalizado), a CIG , sae ao paso de ditas promesas, aclarando que a día de hoxe esta posibilidade non existe, pois o Goberno do Estado non sacou adiante esta proposta no Parlamento do Estado, polo que xa non solo Pontevedra, senón case que toda Galiza se quedara sen Xulgados exclusivos de Violencia. Esta situación non ocurriria se as competencia foran plenas de Galiza.

ACLARACIONS FORMULADAS AO TRIBUNAL DE OPOSICIONS

A CIG. ante a nota publicada polo tribunal único para o ingreso no corpo de Tramitación, sobre a baremacion da proba de informatica, así como os dous chamamentos para o segundo examen en Madrid e Barcelona, presentou o anterior escrito de aclaración. Cando teñamos a contestación publicarémola.

CURSOS DE FORMACION PARA XUSTIZA