Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

O MINISTERIO INTENTA NINGUNEARNOS AO NOIN CONVIDARNOS A UNHA XUNTANZA CO RESTO DE CENTRAIS SINDICAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

 As Seccións de Xustiza dos sindicatos CIG e ELA denunciamos ante a Secretaría de Estado de Xustiza a falta de consideracion  ao non ter sido citados, no día de onte, 21/12/16, á xuntanza que se celebrou no Ministerio de Xustiza entre a Secretaria de Estado de Xustiza e o Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, coas organizacións sindicaís estatais. A díta reunión tiñamos o dereito sindical a ser citados e a acudir, toda vez que, á luz das informacións publicadas, se trataron temas de ambito estatal tales como: Recuperación dos TRES DÍAS de asuntos  particulares, que esixen unha modificación da LOPX e lle serían aplicables  a todas as/os funcionarias/os de xustiza do estado. Tamén en relación á OEP da que se falou sobre a posibilidade ou non de acumulación das OEP 2015 (Médicos Forenses), OEP 2016 e  a vindeira OEP 2017, cuestión esencial que afecta a todos os ámbitos territoriais. Negociación das substitucións e plans de formación.

LISTAXES DEFINITIVAS XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OP2015

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/193 3 /2016, de 12 de decembro, pola que se publica a relación definitiva de aprobados do proceso seletivo para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, sistema xeral de promoción interna , convocado pola Orde JUS/2 682 /2015, de 1 d e decembro.  

LISTAXES DEFINITIVAS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OP2015

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/1931/2016, de 7 de decembro, pola que se publica a relación definitiva de aprobados do proceso seletivo para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, sistema xeral de acceso libre, convocado pola Orde JUS/2293/2015, de 19 de outubro. 

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 19 DE DECEMBRO

Este luns día 19 tivo lugar unha Mesa de negociación entre as centrais sindicais e a Dirección Xeral sobre os seguintes puntos do día: 1. CREACIÓN DE NOVOS XULGADOS   E COMISIÓNS DE SERVIZO PARA DOTALOS             A DX puxo sobre a mesa a posibilidade de crear o Xulgado do Social nº 6 de A Coruña cun só auxilio e crear o outro no servizo de apoio, posibilidade que rexeitamos de plano. Tamén solicitamos a creación de tantas prazas de auxilio nos servizos de apoio daquelas localidades nas que crearon e van crear novos órganos.             En canto ás comisións de servizo, aceptáronse varias das alegacións feitas por este sindicato (único que as remitiu previamente por escrito á Admón.) en canto a darlle preferencia ao persoal destinado en Galicia   e cubrir con substitucións as prazas dos adxudicatarios.             Nembargante, a DX non soubo precisar a data de entrada en funcionamento dos mesmos. 2.   CONSOLIDACIÓN DE PRAZAS DE REFORZO             A vindeira semana

RELACIÓN DEFINITIVA DE APROBADOS - AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo de 15 de decembro, polo que se eleva á Secretaría de Estado a proposta definitiva de aprobados ( AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE, Orde JUS/268 1 /2015, de 1 de decembro. Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428149786?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_15_de_diciembre_relaci%C3%B3n_definitiva_de_aprobados..pdf Ligazón listaxe: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428149787?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_Propuesta_definitiva_de_aprobados.pdf

MODIFICACIÓN ÚLTIMA ADXUDICACIÓN DE SUBSTITUCIÓNS

Con data do 15 de decembro de 2016 publicouse na Intranet unha modificación da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas o pasado 1 de decembro, para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNX1dxXzZnSnpkUzA/view?usp=sharing

RELACIÓN DEFINITIVA DE APROBADOS - TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA - OP2015 - QUENDA LIBRE

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo de 15 de decembro, polo que se eleva á Secretaría de Estado a proposta definitiva de aprobados (TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, QUENDA LIBRE, Orde JUS/2684/2015, de 1 de decembro. Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428149517?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_15_de_diciembre.pdf   Ligazón listaxes: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428149518?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo._Propuesta_Definitiva_Aprobados.pdf

BOLSA DE INTERINOS DE MURCIA - LISTAXES DEFINITIVAS DE VALORACIÓN DE SOLICITUDES

Na páxina web do Ministerio publicaronse hoxe as listaxes definitivas, por orde alfabética, de valoración de solicitantes nas bolsas de traballo de funcionarias/os interinas/os dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial. Ligazón Xestión: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428148770?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DListado_alfabetico_de_solicitantes_Gestion_Procesal_2015.pdf Ligazón Tramitación: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428148771?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DListado_alfabetico_de_solicitantes_Tramitaci%C3%B3n_2015.pdf Ligazón Auxilio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428148769?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment

OFRECEMENTO DE PRAZAS PARA O CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA - OP2015 - QUENDAS DE PROMOCIÓN INTERNA E LIBRE

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o anuncio da Orde de 21-11-2015 pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Península e Baleares que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas oposicións para o ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quendas de promoción interna e libre, convocadas polas Ordes JUS/2683/2015, de 1 de decembro, e JUS/2684/2015, de 1 de decembro, respectivamente.   O prazo para presentación de instancias comeza o 22 de decembro de 2016. Ligazón nova: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-plazas-oposicion

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data do 14 de decem bro de 2016, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNLThaTkhjVTJEOUU/view?usp=sharing

A CIG DENUNCIA O ESCURANTISMO CO QUE SE ESTÁ A LEVAR A CABO A DISTRIBUCIÓN DOS ESPAZOS NA FÁBRICA DE TABACOS

Por medio dun escrito remitido pola súa delegada de prevención, este sindicato denuncia que a Dirección Xeral está a deseñar a ubicación dos órganos xudiciais que se trasladarán á nova sede da Fábrica de Tabacos cun total escurantismo e de costas á representación do persoal que vai ocupar esas dependencias e dos/as delegados/as de  prevención. De feito, cónstanos que se están a enviar planos das distribucións  proxectadas  a algúns “altos cargos”, pero non ás centrais sindicais. E, só dun pequeno vistazo a eses planos, xa se vislumbran múltiples eivas e carencias que non só afectan ao persoal que vai traballar alí senón tamén ás futuras vítimas e prexudicados/as.             Se a Administración non quere verse con graves problemas á hora do traslado, así como coa oposición ao mesmo desta central sindical, instamos á Dirección Xeral a que convoque de maneira urxente tanto ás centrais sindicais como ao Comité de Prevención e Saúde Laboral e nos de traslado dos proxectos de ubic

MESA SOBRE LEXNET E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

Entre decembro do 2015 e decembro do 2016 rexistraron no CAU 215.089 “interaccións” sobre LexNet, aproximadamente un 90% convertéronse en incidencias . Dende o Ministerio informan que están traballado para que o resto dos operadores públicos poidan comunicarse con xulgados polo sistema LexNet o 1 de xaneiro de 2017, aínda que ven moi complicado que poida chegar a completarse nesa data. Recoñecen que a Garda Civil non vai estar conectada ese día, igual que a maioría das Policías Locais ( Hermes , que é como se vai chamar o programiña, é un nome bastante acertado, pois na mitoloxía grega é o deus, entre outras cousas, dos mintirosos). Tampouco os notarios e os rexistradores estarán conectados nesa data. Coas distintas administracións teñen a dúbida de como artellar as caixas de correo. Dende a CIG pedimos que fose ÚNICA para cada administración e despois cada quen xa o derivaría ao departamento correspondente, consonte á Lei de Procedemento Administrativo Común. Se isto non se fai

LISTAXES DEFINITIVAS DE APROBADOS - CORPO TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OP2015

Na páxina web do Ministerio ven de publicarse o Acordo de 28 de novembro do Tribunal Cualificador das oposicións de acceso, pola quenda de promoción interna, ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, polo que se da publicidade á relación definitiva de méritos e se eleva á Secretaría de Estado a proposta definitiva de aprobados.  Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428138861?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_28_de_noviembre.pd f Ligazón meritos definitivos: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428138862?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_I._Valoraci%C3%B3n_definitiva_de_m%C3%A9ritos_de_la_fase_de_concurso.pdf Ligazón aprobados definitivos: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428138863?blobheader=application%2Fpdf&blobheader

A AUDIENCIA NACIONAL RECOÑECE O DEREITO SOBRE COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL DO PERSOAL INTERINO ANTERIOR A 1990

A Audiencia Nacional, con estas duas sentenzas dictadas pola mesma Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo en datas 30/09/2015 e 19/11/2015, acaba de zanxar a discriminación existente con respecto ao persoal interino de xustiza que realizou funcións con anterioriade ao ano 1990, en contraposición co persoal da Administración Xeral do Estado polo que si se cotizaba nese s anos . A paritires do ano 1990 esta falta de cotización deixou de existi r, pois o Real Decreto 960/1990, de 13 de xullo correxiu esta discriminación.  Esta falta de cotización non vai a afectar a aqueles funcionarios titulares que pertencen actualmente ao réxime de clases pasivas e aos que no seu día lle foron recoñecidos eses servizos a efectos de trienios e das prestacións de xubilación por idade, incapacidade e de morte e supervivencia.  O peor de todo e que agora todos pretendemos apuntarnos o tanto e andamos a vender o peixe coma tolos, cando, o que hai que facer é prantexar reclamacións, se

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 30 / 11/2016 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 1 , 2 e 5 de dec embro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNEEzMl9Rcll1OGc/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN NO BOE DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS DE MÉDICOS FORENSES

No BOE deste luns pasado, 28 de novembro, publicouse a Resolución do 28 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 18 de abril de 2016.

MODIFICACIÓN DA SUBSTITUCIÓN CONCEDIDA NO XULGADO DE 1ª INSTANCIA 13 DE VIGO

No día de hoxe saiu publicada na intranet a resolución pola que se modifica a adxudicacion da praza de Xestión feita o pasado 23/11/2016 e que se atopaba baleira no Xulgado de 1ª Instancia nº 13 de Vigo, por renuncia da adxudicataria. Ligazón modificación prazas adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdDlsWTFEc1lCSE0/view?usp=sharing

COMUNIDADE VIRTUAL DE APREDIZAXE. REALMENTE É VIRTUAL

Recentemente a Dirección Xeral de Xustiza insertou na intranet xudicial unha nova en relación a un enlace máis claro da "Comunidade Virtual de Apredizaxe"  (ata o momento ninguen debía de atopar o enlace no maremagnun de información da intranet ou nunca entenderon para que servia o mesmo). A cuestión e que esa comunidade virtual de aprendizaxe leva bastante tempo funcionando sen que a maioría dos mortais funcionarios souberan da sua existencia e, cando menos, da súa utilidade. Xa hai varios compañeiros que tomaron posesión e dos titores non se sabe nada, dos plans de formación para o posto non se sabe nada (debe ser que a resolución do concurso pillou por sorpresa a administración autonómica) e é loxico pensar en que ninguén sabe nada, pois no foro da tal chamada "Comunidade Virtual de Apredizaxe" hai cero patatero de preguntas, respostas e discusións. Para mostra un botón...ben, mellor unha imaxe:   Ligazón Formacion: http://intranet.xustiza.gal/w

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data do 23 de novem bro de 2016, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón de adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNazJrUjF5dnZzNjQ/view?usp=sharing

LETRADOS ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA - PRESENTACION DOCUMENTACIÓN FASE DE CONCURSO NA PROMOCIÓN INTERNA - OP

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo do Tribunal N.º Un polo que se expón a relación de aspirantes que teñen superado a fase de oposición da promoción interna e se abre el plazo para presentación dos méritos a valorar na fase de concurso.  Os 10 días naturais para presentar a documentación pertinente contaranse desde o día  24 de novembro ata o 3 de dicembro , ambos incluídos.  A documentación remitiase ao Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza - Rúa da Bolsa, n.º 8 -28012 Madrid. Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428124242?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_21_de_noviembre._Aprobados_oposici%C3%B3n_PI.pdf Ligazón listaxes aprobados: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428124243?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_del_Acu

OFRECEMENTO DE PRAZAS PARA XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - OP2015

O Ministerio de Xustiza ven de publicar as Ordes de 21-11-2016 polas que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Península e Baleares que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas seletivas para ingreso n os Corpos de Xestió , Tramitacion e Auxilio. Ligazóns Xestión (22 de decembro de 2016): http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/gestion-plazas-oposicion-2015 http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428124529?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_I_GE_PI_LIBRE_2015.pd f Ligazóns Tramitación (22 de decembro de 2016): http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-plazas-oposicion http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428124751?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue

INSTRUCCIONS DO MINISTERIO PARA AS ADXUDICACIÓNS DE PRAZAS DE OPOSICIÓN

O Ministerio de Xustiza trasladounos unha nota infomativa sobre os distintos prazos e, o sistema de ofrecemento das prazas vacantes para ser cubertas cos opositores aprobados das quendas de promoción interna e libre dos distintos procesos selectivos para acceso aos corpos xerais da Administración de Xustiza. Ligazón nota informativa Ministerio: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNd1h4WWlZVHlPaDg/view?usp=sharing  

RECLAMACIÓN DO IRPF POR MATERNIDADE

Dende catro anos para atras, e dicir, dende 2012, aquelas nais que sufriran a retención do IRPF na súa prestación por maternidade poderán reclamar a AEAT a súa devolución. Actualmente xa hai unha sentenz a da Sección 5ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Madrid (TSJM), concretamente a 810/2016, recurso 967/2014, de data 6 de xullo de 2016 na que se recolleu que a prestación por maternidad está exenta de tributar por IRPF. Ainda que esta sentenza non crea xurisprudencia se pode abrir o camiño a outras reclamacións que, necesariamente deben empezar na vía administrativa ante a Axencia Tributaria, culminar no Tribunal Rexional Económico-Administrativo e, finalmente, con toda seguridade, ter que formular a correspondente demanda ante a sala do contencioso-administrativo da Comunidade Autónoma respectiva. Como o prazo de reclamación e de catro anos para atrás, canto antes se fomule a reclamación máis diñeiro tería que devolver a AEAT, no caso de que

AMPLIACIÓN LISTAXE DE APROBADOS - TRAMITACIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do 18 de novembro, do Tribunal Cualificador das probas seletivas para o acceso ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, polo que se amplía a proposta definitiva de aprobados ao terse producido 36 vacantes na quenda de promoción interna. Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428122710?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_18_de_noviembre.pdf  

AMPLIACIÓN LISTAXE DE APROBADOS EN ANDALUCIÍA - XESTIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do 17 de novembro, do Tribunal Cualificador das probas seletivas para o acceso ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, polo que se amplía a proposta definitiva de aprobados no ámbito territorial de Andalucía ao terse producido unha vacante na quenda de promoción interna. Ligazón: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428122380?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_17_de_noviembre.pdf

LISTAXES DEFINITIVAS BOLSAS DE INTERINOS DE MURCIA

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publícase a Resolución pola que se aproban as listaxes definitivas das bolsas de traballo dos funcionarios interinos dos corpos de Xestión, Tramitación, Auxilio, Médicos Forenses e Axudantes de Laboratorio ao servizo da Administración de Xustiza na Comuniade Autónoma de Murcia. Ligazón Resolución: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428122443?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DResoluci%C3%B3n__definitiva.pdf

PUBLICACIÓN LISTAXES DE APROBADOS E APERTURA DO PRAZO DA PROBA OPTATIVA DE IDIOMA OU DEREITO CIVIL - AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE

Publicáronse hoxe na páxina web do Ministerio de Xustiza as listaxes de aprobados dos diferentes exercicios das probas selectivas para acceso ao corpo de Auxilio Xudicial pola quenda libre así como a apertura do prazo para a presentación da documentación xustificativa da proba optativa de idioma ou dereirto civil. Ligazón acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428120899?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_14_de_noviembre_del_Tribunal_Calificador_%C3%9Anico.pdf Ligazón aprobados primeiro exercicio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428120900?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_I_Relaci%C3%B3n_de_aprobados_del_primer_ejercicio..pdf Ligazón aprobados segundo exercicio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428120901?blobheader=application%2Fpdf&a

O "ENCHUFISMO" SEGUE A FUNCIONAR NESTA ESPAÑA DE PANDEIRETA

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) ven de condenar a súa propia Secretaría de Goberno por “enchufar” a unha secretaria xudicial substituta, amiga do anterior secretario coordinador provincial de Barcelona, nun destino no que se saltaron todas as normas que se aplican neste tipo de nomeamentos. Isto mesmo podería pasar en Galiza (non dicimos que estea a suceder) posto que as listaxes de nomeamento de secretarios substitutos escapan a todo control posible, a pesares da insistencia das centrais sindicais de participar nas mesmas como supervisoras dos nomeamentos realizados, do mesmo xeito que se fai no tres corpos xerais. Ligazón nova "CONFILEGAL" https://confilegal.com/20161117-tsj-cataluna-condena-secretaria-gobierno-enchufar-una-secretaria-judicial-sustituta/

CREACIÓN DE TRES ÓRGANOS NOVOS EN GALIZA PARA 2017

A Comisión Mixta de Xustiza,  acordou, por unanimidade, a creación de tres novos xulgados e dúas prazas de maxistrado en Galicia. Esta é a proposta que se elevará ao Ministerio de Xustiza, despois de que, segundo explicou o conselleiro Alfonso Rueda, desde o Ministerio se dese a Galicia "a oportunidade" de crear novos órganos xudiciais. Concretamente, as unidades xudiciais que se porán en marcha, serán un xulgado de primeira instancia en Ourense, outro do Social na Coruña e un xulgado de Familia en Vigo. A iso sumarase unha praza de maxistrada/o na Sala do Civil e Penal do TSXG, así como outra na sección Penal da Audiencia Provincial da Coruña. Ligazón nova Galicia Press: http://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/532399/galicia-contara-tres-novos-xulgados-e-duas-prazas-maxistrado-no-2017

PROPOSTA DEFINITIVA DE APROBADOS PARA O NOMEAMENTO DE XESTORES POLA QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza acaba de publicarse o Acordo do Tribunal de 14 de novembro, polo que se eleva á Secretaría de Estado a proposta definitiva de aprobados do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da quenda libre das oposicións convocadadas pola Orde JUS/2293/2015, de 19 de outubro.  Ligazón acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428120180?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_14_de_noviembre.pdf Ligazón listaxes aprobados definitivos:  http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428120181?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo._Propuesta_Definitiva_de_Aprobados.pdf

INCIDENCIA NA OPAX NA PETICIÓN DE DIAS

Debido a unha incidencia informática na petición de dias por acumulación horaria, aquelas compañeiras/os que tiveran pedido o día 31 de outbro, deberían de revisar o seu compúto horario así como se o dia solicitado figura como concedido na aplicación da OPAX posto que é moi probable que non o estea e, polo tanto, o cómputo horario estea incorrecto. Para solucionar a cuestión e, so no caso de que estea mal o cómputo horario, debe comunicarse á delegación correspondente o número da instancia de solicitude do día que figura na OPAX a fin de que dende a delegación a poidan validar e computar correctamente como día de permiso.

ALTA DOS FUNCIONARIOS NAS DISTINTAS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS TRAS O CONCURSO DE TRASLADOS

Lémbrase que para que o persoal  funcionario que se incorpora  a un novo destino por causa do concurso de traslados poida ser dado de alta nas distintas aplicacións  é necesario que o/a responsable funcional do órgano (letrado/a da Administración de xustiza, fiscal xefe ou coordinador/a da oficina fiscal e subdirector/a do Imelga)  tramite a conseguinte autorización ante o CAU. Para isto deberá utilizarse o formulario que se atopa na intranet: Espazo TIC /Atención ao usuario/Xestion da conta de usuario ou na ligazón que vos poñemos abaixo Tanto os usuarios que se incorporan procedentes doutros destinos coma os que se trasladan dentro da propia Comunidade Autónoma de Galicia terán acceso dende o primeiro momento ao seu PC e á intranet. En todos os casos, o/a responsable funcional deberá tramitar o formulario antes mencionado para autorizar o acceso ás distintas aplicacións que considere oportuno. Ligazón modelo Xestión da Conta de Usuario: https://drive.google

PLAN DE FORMACIÓN TRAS O CONCURSO DE TRASLADOS

Como consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2016 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia, e non só de persoas procedentes doutras comunidades autónomas, senón tamén por mor de cambios de destino dentro da Administración de xustiza de Galicia. Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación diferenciada segundo: 1.       O destino obtido no concurso de traslados: cada persoa recibirá, como mínimo, a formación nos aspectos específicos asociados ao seu novo posto de traballo. 2.       A orixe dos funcionarios que se trasladan: a formación que se dispense ás persoas procedentes doutras comunidades autónomas conterá, ademais dos aspectos específicos do

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 09 / 11 /2016 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 10, 11 e 14 de novembro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNY3RrY3o4VUx4OVk/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO

No BOE e DOG de hoxe saiu publicada a Resolución defintiva pola que se resolve o concurso de traslados entre os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial   Ligazón instrucións cesamentos e tomas de posesión: http://cig-xustiza.blogspot.com.es/2016/10/instrucions-para-os-cesamentos-e-tomas.html

OS SERVIZOS PRESTADOS NA SECCIÓN FEMININA COMPUTAN A EFECTOS DE XUBILACIÓN

Nunha das última novas publicadas en NOTICIAS JURÍDICAS se expoñia como a sentenza número 1950/2016, de 11 de outubro , da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Euskadi, recoñecía o  dereito dunha muller a computar o seu paso obrigatorio pola "Sección Feminina" para acceder a súa x ubilación aos 61 anos, equiparando así a estadía nese servizo social coa "mili" e a "prestación social substitutoria". A sección feminina, o Servizo Social obligatorio da muller española, mantívose vixente ata agosto de 1978.  Ligazón se ntenza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNT3ZLMkd0VFRIUFE/view?usp=sharing