Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2014

PUBLICACIÓN DO CALENDARIO E HORARIO DAS OFICINAS XUDICIAIS

Hoxe saíu publicada no DOG a Orde sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2014. Cada ano nos acercamos máis ao mes de xaneiro, que é cando debería estar publicado dito calendario. A ver se  para o 2015 somos quen de publicar o calendario a principios de ano. Orde do calendario 2014

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día 25/6/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo.     PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 25, 26 e 27 DE XUÑO   Novas Substitucións https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNQzhXUmlfNGtQb0U/edit?usp=sharing Novas Adxudicacións https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNM0UwUjBNNm52cWc/edit?usp=sharing

INSCRICIÓN DOS NACEMENTOS E FALECEMENTOS NOS HOSPITAIS - POXAS XUDICIAIS POLO PORTAL DO BOE

O Consello de Ministros, por proposta do ministro de Xustiza Alberto Ruiz-Gallardón, aprobou, para a súa remisión ao parlamento, o proxecto de Lei de medidas de reforma administrativa no ámbito da Administración de xustiza e do Rexistro Civil , polo que, por un lado, se incorporan as poxas xudiciais ao portal único de poxas electrónicas do Boletín Oficial do Estado (BOE), e, por outro, se permitirá a tramitación electrónica dos nacementos e defuncións dende os centros sanitarios, o que evitará que os proxenitores teñan que desprazarse para inscribir a/o nena/o acabada/o de nacer ou que os familiares teñan que procurar a inscrición do falecemento acaecido nun centro hospitalario.

MESA SECTORIAL - DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA - 18-06-2014

O pasado 18 de xuño celebrouse en Compostela Mesa Sectorial coa Dirección Xeral de Xustiza a fin de falar da configuración na Nova Oficina Fiscal (NOF) e dos novos Servizos Comúns Xerais (SCX). Podedes ver a nota informativa se premedes no enlace de abaixo. Nota informativa

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día 16/6/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo.     PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 16, 17 e 18 DE XUÑO   Últimas Prazas Ofertadas:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzdDQ1hXYWR6b0E/edit?usp=sharing   Últimas Prazas adxudicadas https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcmZXNUh1cGo4WUk/edit?usp=sharing

NOVAS FUNCIONALIDADES DO SISTEMA LEXNET

O sistema de comunicacións Lexnet permitíalle ata o de agora á Administración de Xustiza remitir notificacións electrónicas aos axentes xudiciais. Coa activación desta nova funcionalidade en Pontevedra e A Coruña, os profesionais do eido xudicial poderán presentar tamén demandas e escritos de mero trámite nos xulgados, é dicir, incorporar documentación a un procedemento en marcha. Esta medida tende a contribuir á eliminación de papel nos trámites administrativos e á redución de tempos de procedemento, ademais de facilitar a integración directa cos sistemas de xestión procesual e a mellora da calidade da información.

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN VIGO A PROL DO DEREITO AO ABORTO

A xornada de convivencia, convocada pola Plataforma Galega polo dereito ao aborto , da que a CIG forma parte, terá lugar en VIGO durante toda a xornada do vindeiro 15 DE XUÑO e comezará cunha manifestación que sairá ás 12:00 horas dende a Estación de Tren e rematará na Praza da Constitución , onde terá lugar unha asemblea aberta e darase leitura ao manifesto. A CIG, como organización convócante, irá representada na faixa nacional da Plataforma, así como nas faixas das Plataformas locais, e ademais, levaremos faixa propia da CIG co lema "Polo noso dereito a decidir. Aborto libre e gratuíto" . O xantar colectivo terá lugar na Praza do Pobo galego, a partir das 14:30 horas, desenvolvéndose a romaría lila entre as 13 horas e as 18 horas desde a Rúa do Príncipe até a Praza do Pobo, onde diversas organizacións terán os seus postos onde consultar e mercar materiais feministas, libros e publicacións, artesanato de mulleres, entre outros, rematando a xornada con varias

DATA LECTURA 2º EXERCICIO QUENDA LIBRE XESTIÓN

 Convocatoria para a lectura do 2º exercicio realizado o día 5 de abril de 2014 para a semana do 16 ao 20 de xuño e anuncio da data do terceiro exercicio, quenda libre. (XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, (BOE do 24 de outubro))   http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/es/1288774665844/EPublico_P/1288785909889/Seguimientos.html?param1=1

CURSOS DE FORMACIÓN INTERADMINISTRATIVA 2014

Xa está publicada a oferta subvencionada de cursos da programación Interadministrativa 2014 dirixida ao persoal laboral, funcionario e estatutario en activo das Administracións Públicas. Para calquera dúbida a hora da inscripción contactade cos nosos delegados en cada comarca ·          Administración o     Prazo de solicitude aberto . o     Consulta a oferta .

ACORDO TRIBUNAL CUALIFICADOR XESTION (PI) SOBRE O CONCURSO DE MERITOS

Hoxe fíxose público o Acordo do Tribunal Cualificador Único, de data 4 de xuño, polo que se fan públicos os criterios que se seguirán para realizar a valoración de méritos da fase de concurso da PROMOCIÓN INTERNA ao corpo de XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, (BOE do 24 de outubro))  http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/es/1288774665844/EPublico_P/1288785909889/Seguimientos.html?param1=2

DATA LECTURA 2º EXERCICIO QUENDA LIBRE XESTIÓN

 Convocatoria para a lectura do 2º exercicio realizado o día 5 de abril de 2014 para a semana do 9 ao 13 de xuño e anuncio da data do terceiro exercicio, quenda libre. (XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, (BOE do 24 de outubro)) http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/es/1288774665844/EPublico_P/1288785909889/Seguimientos.html?param1=1

HORARIO DE VERÁN

En principio, se non hai cambios de última hora o horario de verán será o seguinte. Ademais, nos meses de xuño e setembro poderá acumularse horario na bolsa de horas: Durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, establécese unha xornada intensiva de trinta e dúas horas e media semanais, con tempo fixo continuado de obrigada presenza de cinco horas e media , de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas; e o resto, ata cumprir o total do tempo de traballo mensual que figura no anexo desta orde, en horario flexible que se poderá realizar, de luns a venres, entre as 8.00 e as 9.00 horas e entre as 14.00 e as 17.30 horas. E dicir, de promedio habería que facer cada día 6 horas e media, das cales 5 horas e media serían de horario fixo e 1 hora de horario flexible. 

OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Publicáronse na intranet no día 4/6/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo no vínculo que se acompaña abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN: 4, 5 e 6 DE XUÑO Últimas Prazas Ofertadas:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNU3VhYWdTZjdZZWM/edit?usp=sharing