Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2014

XUNTANZA COA CONSELLEIRA DE FACENDA PARA ARTELLAR A DEVOLUCIÓN DA PAGA EXTRA DE 2012

No día de onte recibiuse comunicacion da Conselleira de Facenda na que, de acordo coa solicitude formulada pola plataforma sindical, convocóuseno s, a unha xuntanza o próximo luns día 3 de febreiro ás 14:30 h., na sala de xuntas do Gabinete da Conselleira , sobre “As sentenzas que están a ditar os xulgados pola parte proporcional da paga extra do ano 2012 (no caso de xustiza sería a paga extra íntegra) e que afectan ao persoal da Xunta de Galicia”.

UNHA TRABALLADORA DOS XULGADOS DE CANGAS SOLICITA A AMPLIACION DO PERIODO DE LACTACIÓN

Fonte: Faro de Vigo.    Unha compañeira dos xulgados de Cangas acaba de empezar unha cruzada contra a administración autonómica en defensa do dereito a un periodo de baixa por risco durante a lactación. Agora serán os xulgados do Contencioso os que decidirán sobre dita cuestión, toda vez que a Dirección Xeral de Xustiza denegoulle ese dereito a pesares de terllo concedido co seu primeiro fillo.

AVISO PERSOAL INTERINO PARA OS PROCESOS DE PRESELECCIÓN

Lembrade que consonte o artigo 15.4 da Orde do 28 de novembro de 2013, sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galiza, xa en vigor , serán excluídas das bolsas as persoas preseleccionadas que non cumpran coa obriga de comunicar a súa participación na oferta de prazas da súa zona de preferencia, aínda que as prazas ofertadas fosen cubertas polos outros preseleccionados, xa que neste caso se entenderá que rexeitan o chamamento.

ELECCIÓN DO NOVO SECRETARIO NACIONAL DE XUSTIZA DA CIG

Esta fin de semana, concretamente o Sabado 18 de xaneiro, en Compostela, foi elexido o novo Secretario Nacional de Xustiza da CIG, recaendo a elección en Xesús H. Sánchez Costa (Tuto), compañeiro destinado en Lugo, que substitúe a Xosé Barreiro Pérez, compañeiro que ata o de agora viña desempeñando estas labores. O novo Secretario Nacional afronta dende este momento o difícil reto de dirixir e canalizar as reivindicacions pola actual perda de dereitos das/os traballadoras/es da Administración de Xustiza en Galiza, debido aos recortes pola situación de crise que estamos atravesando, así como as vindeiras eleccións sindicais que se producirán, aproximadamente, dentro dun ano.  Tamén nesta data quedou elexida, para os vindeiros catro anos, a nova Dirección Nacional do Sector de Xustiza que, finalmente, quedou composta por Eva Rodriguez Vicente (A Coruña), Delmiro Durán Garrido (Pontevedra), Consuelo Rodríguez Rodríguez (A Coruña), Óscar Freixedo Beltrán (Lugo), Xosé Barrreiro Pérez (

RECLAMACIÓN PAGA EXTRA 2012

 As catro centrais sindicais que actualmente compoñemos a plataforma de xustiza vimos de interpoñer no mes de decembro de 2013 e en toda Galiza a correspondente reclamación administrativa, previa ao contencioso-administrativo, solicitando o pagamento íntegro da paga extra de 2012.  Nota informativa

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIONS

   Publicáronse na intranet no día de onte  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de instancias: 17, 20 e 21 de xaneiro Novas substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oUjdnbjNwbnVESUU/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oS05BVGlzZ1N2bVU/edit?usp=sharing

CONCURSO ESPECÍFICO MÉDICOS FORENSES

No DOG do pasado 8 de xaneiro saiu publicada a Resolución pola que se resolve o concurso específico para a dotación das xefaturas de determinados servizos do IMELGA de A Coruña, Lugo e Pontevedra . A día de hoxe seguimos sen ter constancia da RPT do IMELGA (que ao parecer está aprobada) e dos seus cadros de persoal reais, polo que seguerimos insistindo en que  antes de calquera outro concurso ou dotación-creación de prazas en dito organismo se nos confira traslado de dita documentación.

MESA INTERINOS - PRÓXIMA CONVOCATORIA BOLSAS DE TRABALLO

Onte día 9 de xaneiro tivo lugar unha mesa de negociación sobre as bases da inminente convocatoria das bolsas de traballo do persoal interino ao servizo da administración de xustiza. Aparte de estudar a posibilidade de ver incrementado un pouco as porcentaxes dos compoñentes de cada bolsa así como determinados problemas menores en canto a algunha documentación a presentar ou, no xeito de cubrir a instancia informática, o certo é que o maior problema suscitouse na intrepretación do artigo 15, en relación co artigo 16 da regulamentación das bolsas, ao terse suprimido o requisito de residencia en Galiza. Ante esta problematica a adminstración decidiu adiar ata o mércores que ven a remisión da convocatoria ao DOG, a fin de tentar darlle solución as posibles incoherencias que nestes dous artigos se poideran producir por aplicación da norma.

CAMPAÑA DEMISIÓN XERENTE "MUGEJU"

Dende a CIG queremos que por parte das traballadoras/es da administración de xustiza de Galiza se proteste contra os novos recortes introducidos tanto no Concerto asinado entre a Mutualidade e as entidades de seguros como na  Resolución de 17 de decembro de 2013 da "MUGEJU" e, para iso, propoñémosvos que remitades por todas as canles posibles (fax 91.586.03.03 - email: mugeju@justicia.es ou, a través do enderezo MUGEJU - C/ Marques del Duero, 7 - 28001 Madrid), o escrito que vos achegamos, solicitando a demisión da xerente pola súa notable falta de capacidade para xestionar coas compañias aseguradoras un concerto de servizos médicos máis beneficioso para os afiliados á mutualidade. Escrito solicitando a demisión da xerente da "MUGEJU"

DENUNCIA ANTE A AXENCIA TRIBUTARIA SOBRE RETENCIÓNS INDEBIDAS DO IRPF AOS TRABALLADORES DE XUSTIZA

Seguindo coa información que vos transmitimos o pasado 23 de decembro, en relación coas retencións indebidas por IRPF efectuadas pola Xunta de Galiza aos traballadores da administración de xustiza, ao considerar como retribucións brutas aquelas retribucións que por aplicación da Lei Orzamentaria de Galiza nos foron detraidas do CAT no ano 2013, vos indicamos que nesta data o responsable do sector de xustiza da CIG presentou ante a AEAT de Vigo denuncia por ditas irregularidades, a fin de que por parte da mesma se nos indique o canle a seguir para a reclamación e recuperación de ditas contías antes da presentación da declaración da renda deste ano. Escrito denuncia pública AEAT