miércoles, 29 de febrero de 2012

CONCENTRACIÓN NO PARLAMENTO DE GALIZA CONTRA OS RECORTES LABORAIS

   O persoal do sector público, ante un desmesurado dispositivo policial, saíu ás rúas a manifestar masivamente o seu rexeitamento ás medidas de recorte das súas condicións laborais, salariais e sociais que o 28/02/2012 foron aprobadas no Parlamento de Galiza cos votos a favor, unicamente, do Partido Popular. Entre mentres, en sede parlamentaria, as e os representantes sindicais eran desaloxados por manifestar a súa oposición a estas medidas levantando uns carteis onde se recollían as denuncias do sector.