Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2013

RECORDATORIO DEDUCIÓN POR VIVENDA - IRPF 2012

   Agora que, a partires do 2 de abril, vai dar comenzo a campaña de consulta dos borradores do IRPF 2012, lembrade a nota informativa de facenda sobre a dedución por vivenda .    Lembrade tamén que poderedes comprobar o voso borrador da declaración a través da oficina virtual do CIXTEC  (máis información de como acceder ao borrador na icona da OV Empregado Público)

OFERTA EMPREGO PÚBLICO-OPOSICIÓNS 2013

   O Ministerio acaba de confirmarnos que, con toda probabilidade (se non se remedia no Consello de Ministros de hoxe 22 de marzo) a oferta de emprego público para este ano 2013 será de tan só 242 prazas para o corpo de Xestión (121 libre e 121 promoción) e  58 prazas para o corpo de Secretarios Xudiciais (29 libre e 29 promoción).    Segundo a conversa mantida, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, nun primeiro momento autorizara ao Ministerio de Xustiza unha oferta de emprego público dunhas 1000 prazas entre os distintos corpos, pero no día de onte mudou de criterio e tan só autorizou a convocatoria de 150 prazas da quenda libre de Xestión e Secretarios Xudiciais.    En fin, que o ministro Sr. Gallardón vese que neste tema non ten o peso específico que poidera parecer, en contraposición con outras cuestións defendidas a capa e espada por dito ministro como se fose o mismísimo Cid Campeador. Neste tema o ministro Sr. Montoro acaba de darlle un capotazo e torear ao m

PERMISO PARA SOLICITAR ATA 5 DIAS DE VACACIÓNS DE XEITO INDEPENDENTE

   A administración, tal e como lle solicitáramos as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de xustiza, acaba de confirmarnos que, temporalmente e, en tanto en canto non se aprobe o novo calendario laboral, poderanse solicitar ata 5 días de vacacións de xeito independente, puidendo acumulalos aos asuntos propios deste ano 2013.    Non se permitirá acumular estes días as vacacións nin aos asuntos particulares que aínda estean pendentes de desfrutar do 2012.    Para solicitar os días soltos de vacacións e, dado que a OPAX aínda non contempla esta modificación, deberá realizarse a mesma en escrito aparte, co visto bo do superior, dirixida ao servizo de xustiza correspondente.  Nota informativa conxunta

POSIBILIDADE DE SOLICITAR DIAS DE VACACIÓNS DE XEITO INDEPENDENTE

Temporalmente e, en tanto en canto non se aprobe o novo calendario laboral para este ano 2013, as cinco centrais sindicais que formamos parte da Mesa Sectorial de Xustiza, solicitámoslle á Dirección Xeral que aplicara e permitira, de cara á vindeira Semana Santa e ata en tanto en can to non se publ i cara dito calendario ,  a posibilidade contida na vixente normativa estatal, que nestes intres podería sernos de aplicación de xeito subsidiari o, o que posibilitaría as traballadoras/ es da Administración de Xustiza o gozo, de forma independente, de ata 5 días hábiles das vacacións por ano natural. Escrito conxunto presentado pola centrais sindicais.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse hoxe as adxudicacións das ultimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes consultar a información neste BLOG ou na INTRANET DA XUNTA na pestana de RR.HH. dentro das substitucións entre titulares, onde tamén se pode ver o histórico de todas as publicacións e adxudicacións realizadas. Premendo no vinculo de máis abaixo poderedes acceder directamente a información publicada. Novas prazas ofertadas a substitución - prazo 13, 14 e 15 marzo Novas adxudicacións realizadas

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

   A EGAP, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os cursos de formación de linguaxe administrativa galega para o ano 2013, cuxas bases, características e contido son detallados na resolución publicada no DOG do 11 de marzo de 2013 .    Convócanse, polo tanto, os seguintes cursos de linguaxe administrativa galega: na modalidade de teleformación, 11 edicións de nivel medio e 12 de nivel superior; e na modalidade presencial, 4 cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e 6 de linguaxe administrativa galega de nivel superior.    O número de prazas por curso será de 30, tanto para a modalidade presencial como para a de teleformación.    Os cursos van dirixidos as empregadas/os públicos destinados na Administración autonómica de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Exceptúase o persoal docente da Consellería de C

PROBAS DE AVALIACIÓN PLAN FORMATIVO OFIMÁTICO

   No DOG do 11 de marzo convócanse as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola Escola Galega de Administración Pública en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.    O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, teleformación ou acceso libre, permitirá obter certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.    O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 22 de marzo de 2013, as 14:00 horas.  

RESIDENCIAS TEMPO LIBRE

Aberto o prazo de solicitude de prazas para as Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño Ábrese o prazo de entrega de solicitudes para as Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño.  As solicitudes deberán facerse polas afiliadas/os cubrindo o modelo oficial que sae na resolución publicda no Diario Oficial de Galicia, nº 49, de data 11 de marzo de 2013 e envialo, antes do domingo 24 de marzo , xunto coa fotocopia do documento de identidade, ben ao FAX do local nacional (981 571 082) ben por correo electrónico a: iagocarreira@galizacig.net Tal como aparece na orde quedaran excluídos aquelas persoas que se lles concedera praza nos últimos dous anos. Solicitude de inscrición

10 DE MARZO - DIA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

8 de marzo día internacional da muller traballadora     A Comisión de mulleres da CIG decidiu elixir en cada comarca unha empresa en conflito para concentrarse. A consigna deste ano é “FARTAS , l evaranse cartazes explicativos de porque as mulleres están Fartas e unha faixa co lema   “Loitando polos nosos dereitos” As concentracións pola mañá serán: * A Coruña, 8 de marzo, as 12 h - Empresa Eurocen * Compostela, 8 de marzo, as 12 h - Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza - Area Central. * Lugo, 8 de marzo, as 12 h - Gran Hotel de Lugo * Ourense, 8 de marzo, as 12 h - Confederación de Empresarios/as * Pontevedra, 6 de marzo - Praza 8 de marzo. * Ferrol, 8 de marzo, 12 h - Centro Comercial Odeon * Vigo, 8 de marzo , 12 h - El Corte Inglés Pola tarde haberá concentracións convocadads pola Marcha Mundial das Mulleres as 20:00 horas en Vigo (Praza de Portugal), Ourense, Cee e Ferrol e c oncentración cidadá na Coruñ