A Dirección Xeral de Xustiza precisa seleccionar titores para realizar accións formativas no lugar de traballo a fin de que os alumnos perfeccionen os coñecementos adquiridos na fase teórica do proceso selectivo convocado pola Orde XUS/1654/2010 para o corpo de xestión procesual e administrativa, quenda libre. As prácticas están previstas que sexan do 21 de novembro ao 1 de xaneiro, se non hai cambios de última hora. A retribución será de 90 euros semanais e o prazo para presentar instancias remata o vindeiro 7 DE NOVEMBRO Texto da convocatoria