lunes, 29 de diciembre de 2014

PROPOSTA DE CURSOS DE FORMACIÓN EGAP 2015

Hoxe nos trasladou a administración a proposta, xa negociada coa EGAP, dos cursos de formación continua para o ano 2015.

Engádense 2 novos cursos no apartado dos itinerarios formativos:
·         Modulo III - Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais
·         Modulo III - A execución no proceso laboral.

Mantense ocurso básico de prevención de riscos xa que xa non hai curso medio posto que esta formación  impártese agora como unha enseñanza regulada en FP.

En cuanto a los cursos de informática, engádense os dous cursos que faltaban dos 5 que compoñen o plan formativo en competencias dixitais:

·         Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais
·         sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico

Inclúense dous cursos para médicos forenses que son distintos dos do ano anterior.

Ante as suxerencias manifestadas en mesa  e consulta coa EGAP, en principio, os cursos impartiranse en LibreOffice e Windows. A EGAP manifesta, así mesmo, que a  certificación en competencias dixitais expedirase con independencia de que na anterior edición non fora co dito sistema.

https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZEhtNWJpdEZ0Ykk/view?usp=sharing

SECRETARIOS XUDICIAIS - LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Publicada a Orde JUS/2465/2014, de 15 de decembro, pola que se aproban as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluidos ao proceso selectivo para ingreso no Corpo de Secretarios Xudiciais convocado o 4 de setembro.

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/es/1288774665844/EPublico_P/1288789260889/Seguimientos.htmlhttp://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-13584 

lunes, 22 de diciembre de 2014

PUBLICACIÓN DEFINITIVA LISTAXES DE INTERINOS

A previsión para a publicación da resolución pola que se aproban as listaxes definitivas de admitidos e excluídos da bolsa de interinos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 15 de xaneiro de 2014 é o  DOG do día 12/01/2015.

jueves, 18 de diciembre de 2014

DATA DE PUBLICACIÓN ADXUDICACIÓN DE DESTINOS - XESTIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE

Con relación á adxudicación de destinos dos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, que superaron as probas selectivas convocadas por Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, comunícase que a Orde co nomeamento dos mesmos, así como a de adxudicación de destinos, serán publicadas no BOE do día 26-1-2015.
A información correspondente ao outorgamento de destinos será tamén publicada na páxina web do Ministerio de Xustiza.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

NOMEAMENTO DE SECRETARIOS XUDICIAIS - PROMOCIÓN INTERNA

Na páxina web do Ministerio publicouse a Orde de 3 de decembro de 2014, pola que se nomean Secretarios Xudiciais da terceira categoría aos aspirantes aprobados polo sistema de promoción interna. (SECRETARIOS XUDICIAIS, Orde JUS/1287/2013, de 26 de xuño)

lunes, 15 de diciembre de 2014

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 15/12/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15, 16 E 17 DE DECEMBRO 

Novas prazas para substitución:

Últimas adxudicacións:

CONSOLÍDASE NA LEI DE ORZAMENTOS A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2015 DE XUSTIZA

 Admitida no Senado a seguinte enmenda en relación coa oferta de emprego público para o ano 2015 na Administración de Xustiza:

G) En la Administración de Justicia, atendiendo a las especiales circunstancias que concurren en la situación de cobertura de sus plazas, se computará el número máximo de plazas a autorizar en función del número total de plazas de la plantilla aprobadas dotadas presupuestariamente, y que hayan estado ocupadas por funcionarios interinos durante al menos los tres últimos años, autorizándose Oferta de Empleo Público en aquellos Cuerpos de funcionarios en el que el porcentaje de las plazas con este tipo de ocupación supere el 15% del total y en un número máximo que, acumulado para todos los Cuerpos, no podrá superar el 20% de las vacantes.”

 Dita ENMENDA  podería permitir a convocatoria dun número de prazas superior a 1.500 na quenda libre ademáis das de promoción interna, sempre e cando o Goberno Central as levara ao Real Decreto de convocatoria da OEP 2015.

CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS CELGA

De acordo coa Orde do 20 de agosto de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a partir do 15 de decembro de 2014, e ata o 16 de xaneiro de 2015, estará aberto un novo prazo de inscrición para cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os Celga (certificados de lingua galega).
Os novos cursos terán lugar entre febreiro e maio de 2015 e realizaranse nas escolas oficiais de idiomas.
Os cursos de linguaxe administrativa galega serán de nivel medio e superior. Realizaranse practicamente todos en liña, agás un presencial (de nivel medio), que se impartirá na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. As demais escolas onde tamén haberá cursos son as seguintes: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Na de Pontevedra tamén terá lugar un curso en liña de nivel superior.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) serán todos presenciais e desenvolveranse nas escolas da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Información completa (cos requisitos e impresos de inscrición) na orde da convocatoria, publicada no DOG do 27 de agosto de 2014.

jueves, 11 de diciembre de 2014

NOTA INFORMATIVA - MESA SECTORIAL MADRID - LOPX

O pasado venres, tras unha convocatoria de urxencia, acudimos a unha reunión en Madrid co Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, para constituir, supostamente, unha mesa para negociar a reforma da LOPX.
Que ilusos! Do que se trataba era de informarnos (antes da aprobación do Consello de Ministros que se prevé para este venres) dos plans Goberno, sen ánimo de negociación; da reforma integral do mapa xudicial que prantexaba Gallardón, suprimindo partidos xudiciais, Audiencias,etc .... pasamos a cambios noutros aspectos de “gran calado e fonda demanda social”:
-      subir de 5 a 7 os vogais con dedicación exclusiva do CXPX
-      modificar a regulación do Gabinete Técnico do Supremo
-      suprimir a responsabilidade civil directa dos xuíces e a situación administrativa das Secretarías Coordinadoras e de Goberno.
-      regular a protección de datos nos procedementos xudiciais
-      redefinir a xurisdición militar
-      reforma do art. 241 sobre incidente de nulidade de actuacións
-  creación de xuíces especialistas en materia tributaria na orde contencioso-administrativa.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 10/12/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 10, 11 E 12 DE DECEMBRO 
Novas prazas para substitución:
Últimas adxudicacións:

martes, 2 de diciembre de 2014

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 28/11/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 28 DE NOVEMBRO e 1 E 2 DE DECEMBRO 

Novas prazas para substitución:

Últimas adxudicacións: