Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

PREACORDO MINISTERIO DE XUSTIZA

Pouco o case nada avanzan as negociacións que se están a levar a cabo estes días en Madrid, no seo da Mesa Sectorial. Pola CIG, como xa vos informaramos onte, hai certas cuestións irrenunciables que deben figurar no preacordo, tales como o compromiso de que o acordado pase a ser normativa básica. Tamén e importantísimo correxir os descontos de IT e a falta de pagamento do 100% das substitucións así como unha regulación única e clara a este respecto. Moito nos tememos que as nosas reclamacións van caer en saco roto, polo que, aínda que tentaremos manternos dentro da unidade sindical o certo e que vai resultar difícil dada a actitude inmobilista do Ministerio de Xustiza que só propón boas palabras sen compromisos serios e firmes.

ALEGACIÓNS AO BORRADOR DE PREACORDO DO MINISTERIO

Desde a Confederación Intersindical Galega entendemos que, para seguir coa negociación, o Ministerio de Xustiza debe comprometerse á publicación no BOE do resultado da mesma e garantir o rango normativo suficiente para a súa aplicación como normativa básica do Estado. Sen este requisito, todo o negociado queda en simples manifestacións e boas intencións. Hai que darlle solución ao tema das substitucións, deben retirarse os descontos por IT, a consolidación nos cadros de persoal e a oferta pública daquelas prazas de reforzo que leven máis de tres anos de funcionamento debe ser automática, etc.  Ligazón escrito alegacións CIG:   https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMGl6LTZiSnl5V2s/view?usp=sharing

ESTE É O CAMIÑO CARA AO EXPEDIENTE DIXITAL

Este, por desgraza, é o aspecto que reflicten os nosos xulgados a un mes da implantación do expediente dixital. Como se se tratase dun aviso por tsunami, a administración de xustiza galega fai acopio día si, e día tamén, de cantidades inxentes de "alimento" para as súas impresoras e fotocopiadoras. Si, señores, tátase dese "alimento" sen o cal unha impresora e una fotocopiadora non poderían realizar a súa función: "O Papel". Agora, no canto de recibir as copias das demandas, escritos e demais en formato papel, ao parecer as recibimos polo ciberespacio (un pouco limitado de capacidade para tal apelativo, pois os grandes documentos hai que mandalos en cachi ño s pequenos, non vaia ser que a máquina que os distribúe se a tragant ase e, precisamente se perdan no ciberespacio, sen saber car a onde terán ido). Neste intres, o máis dixital que temos e o dedo que empregamos para pul sar no bot ó n de imprimir. A inercia desta administración de xustiza, que le

MESA SECTORIAL DE MADRID - 23/11/2015

Trala esixencia dos sindicatos presentes na mesa sectorial do Ministerio de Xustiza CIG , ELA, CCOO, UGT e os corporativos STAJ e CSIF, a Administración entregounos este pasado luns, 23 de novembro, un “borrador de preacuerdo” onde fixa os únicos puntos nos que está disposta a negociar.   Aínda que o “borrador”, si se pode chamar así, non é máis que unha declaración de intencións, non recolle como se van a artellar a restitución deses dereitos confiscados e dista moito das reivindicacións expostas pola CIG polo que dubidamos moito que finalmente se poidan consolidar dalgún xeito. Agora parece que lles entraron as presas e o que non se fixo en catro anos se quere facer nun mes. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNU2lUSmE0QWpmNXM/view?usp=sharing Ligazón borrador preacordo: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbW1NeC1SLTJPcEE/view?usp=sharing

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO ESPECÍFICO FISCALÍAS

O vindeiro 25/11/2015, publicarase a Resolución do 19 de novembro de 2015, da Dirección  Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia, convocado por Resolución do 13 de xullo de 2015. A toma de posesión non terá lugar ata a  posta en funcionamento da Nova Oficina Fiscal.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 18/11//2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 18, 19 e 20 DE NOVEMBRO.  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNlJ6NVFMRkNzQlU/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNN2hSejFab18zR1U/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN NO DOG DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL 2015

No Diario Oficial de Galicia número 219, do 17 de novembro de 2015, publícase a Resolución do 23 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

COMISIÓN DE SERVIZOS PARA A SECRETARÍA DA DIRECCIÓN DO IMELGA

No día de onte, 12-11-2015,  convocouse por  Resolución do 12 de novembro 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, a provisión de forma temporal en comisión de servizo do posto de secretaria/o do director do Imelga para funcionarias/os do  corpo de tramitación procesual e administrativa. O prazo para presentar as solicitudes é de cinco días hábiles. Ligazón  e solicitude: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNV0FEREcwakt3eHc/view?usp=sharing

O GOCE DOS DÍAS DE PERMISO, DE XEITO EXCEPCIONAL, SERÁ ATA O 31 DE MARZO DE 2016

Parece que a nosa insistencia tivo froito e, tal e como xa vos adiantaramos fai uns días, xa que o Ministerio de Xustiza indicou no seu territorio que o prazo para o goce dos permisos por días de asuntos e vacacións se estendía ata o 31 de marzo de 2016, a Dirección Xeral de Xustiza vai facer o propio e publicará na intranet a instrución correspondente. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRXQ1ZktfZ0M2UFk/view?usp=sharing  

O IMELGA AMEAZA AOS MÉDICOS FORENSES POR EXERCER O DEREITO AO DESCANSO PRECEPTIVO

A dirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), dependente da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta, ameaza con abrirlles expedientes disciplinarios as/os forenses que reclamen o cumprimento do tempo preceptivo de descanso entre xornadas.  Ligazón nota de prensa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcjZZNlpOUjFfMkk/view?usp=sharing 

MENOS FLORITURAS NA INTRANET E SI MELLORAR OUTRAS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

Dende fai anos a CIG ven reclamando a mellora da aplicación informática de selección de persoal interino a fin de que a mesma conteña mellor información así como que a preselección, selección final e incidencias sexan comunicadas por outros medios (correo electrónico, sms, etc.). Estes días pasados a administración comunicou que lle fixo un "restyling" á intranet xudicial para facela "máis sinxela, ordenada e intuitiva" e non imos ser n ó s os que nos opoñamos a unha mellora (si e que ao final o é), pero o que non se pode estar a dicir constantemente e que hai que priorizar e entender que un "lavado de cara" da intranet é necesario e sen embargo desbotar a petición de adaptación e mellora do aplicativo de selección do persoal interino, máxime cando se leva tanto tempo solicitando. Tamén aproveitamos para lembrarlle a administración aquel compromiso de tradución ao galego de todos os modelos de Minerva e a súa implementación en dito programa informático

MESA SECTORIAL MADRID - 11-11-2015

Pouco ou máis ben nada se avanzou na xuntanza da Mesa Sectorial de Madrid do pasado 11-11-2015. Parece ser que o Ministerio de Xustiza neste momento está só para atender a Catalunya. En definitiva, entre as cuestións que se puideron  tratar, o Director Xeral dixo que descartan recuperar os tres días de asuntos propios a través das libranzas e que están dispostos a asinar un compromiso para que na primeira modificación lexislativa con rango de lei orgánica se recuperen do mesmo xeito que se fixo cos outros tres. Co tema das IT seguen a falar con función pública para que lles autoricen equiparala á dos xuíces. Seguen coa consolidación de prazas en territorio Ministerio e coa promoción interna. Seguen a mirar con bos ollos unha nova regulamentación sobre substitucións (pero non mencionan as de xestión a letrados da admón. de xustiza e moito menos o pagamento do 100 % das mesmas). E queren sacar unha nova orde de interinos para o territorio ministerio. En fin fomos a Ma

PUBLICACIÓN DEFINITIVA ACCIÓN SOCIAL 2015

O vindeiro martes, 17/11/2015, publicarase a RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Dirección  xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas do programa correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

PRAZO EXCEPCIONAL DE GOCE DOS DÍAS ADICIONAIS

A CIG acaba de presentar hoxe por rexistro un escrito instando á Dirección Xeral de Xustiza a que se pronuncie xa sobre o límite do período de goce dos días pendentes de 2015, toda vez que ou ben Función Pública de Galiza ou ben o Ministerio de Xustiza xa se pronunciaron sobre ese parecer e, en ambos os dous casos, o prazo foi prorrogado máis aló do 31 de xaneiro.  Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNXh0Vnp0X3Fnb00/view?usp=sharing

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓN

Publicáronse na  intranet xudicial  o día 04/11//2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 4, 5 e 6 DE NOVEMBRO. Ligazón novas substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbHdSczBaa2JSUEU/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRVFtZm9seDRxb1U/view?usp=sharing

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS XESTIÓN 2015 - QUENDA LIBRE

No boe de hoxe, 3 de novembro, sae publicada a convocatoria de oposicións para acceso ao corpo de Xestión Procesual e administrativa pola quenda libre.  O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais a contar dende o  seguinte ao da publicación, e dicir, o prazo remata o 23 DE NOVEMBRO. A solicitude deberá presentarse ou ben a través da sede electrónica do Ministerio de Xustiza, onde se liquidará xa o importe da taxa, ou ben co modelo 790 – Código 007 en formato papel, a través de calquera rexistro xeral,  previo pagamento da taxa correspondente nas entidades bancarias establecidas ao efecto. O importe da taxa por dereitos de exame será de 22,42 € (11,21 € en caso de dereito a redución do 50%). Estarán exentos do pagamento da taxa as/os aspirantes que reúnan os requisitos que se detallan na base novena, punto 6 das bases comúns.   Ligazón convocatoria: http://www.boe.es/boe/dias/2015/11/03/pdfs/BOE-A-2015-11842.pdf