Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2018

PUBLICACIÓN CONCURSO DE TRASLADOS 2018

No DOG e BOE do 23 de xullo, publícase a Resolución do 6 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180723/AnuncioG0244-170718-0001_gl.pdf   A confección da instancia de participación no concurso debe de facerse necesariamente co asistente G.T.A vía web:   https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_gta#   O prazo de presentación de instancias: 16 días hábiles, dende o 24 de xullo ata o 16 de agosto, ambos inclusive.   Enderezo remisión instancias: Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia. Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Sa

ACCION SOCIAL 2018

No DOG do 20 de xullo publicouse a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2018 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partires do seguinte ao da súa publicación no DOG, e dicir, ata o 10 de agosto. As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180720/AnuncioG0244-120718-0005_es.pdf

MESA SECTORIAL MADRID - 12 DE XULLO

O pasado 12 de xullo a CIG acudiu á Mesa Sectorial de Madrid na que se falou, entre outros, sobre os seguintes temas: 1) OEP 2018: Cuantificación por corpo e forma de provisión. 2) Acumulacion das OEPS 2017 e 2018 Ligazón Nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1VquicyDXGmnX5Fvz3552ZUtSdnDi5_pO/view?usp=sharing

CON ESTES MIMBRES QUEREN QUE FAGAMOS CESTOS

A Xunta de Galicia mantén equipos obsoletos con moitos anos de funcionamento e totalmente desactualizados con sistemas opertativos como Windows XP que, dende fai anos, carece de actualizacións e mantemento por parte de Microsoft. O dito, con estes mimbres queren que fagamos cestos ou, o que é o mesmo, a Xunta pretende que cuns cangallos vellos fagamos correctamente o noso traballo. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1LNErEsqeKmhY8C8KR4xdHd_GY64DN_pc/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O  10 de xu ll o s aí u a resolución coas adxudicacións das últimas prazas publicadas o pasado 4 de xu ll o, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1z830TaUUKmavT1Kbzc6eO87XvLhlX6Ns/view?usp=sharing

NOVOS SUPOSTOS DE INCAPACIDADE LABORAL TRANSITORIA.

Con data do 04/07/2018 publicouse no BOE  a Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 , e, polo tanto, quedan ampliados os supostos de incapacidade laboral transitoria en que se percibe o cen por cento das retribucións. "(...) a mplíanse os supostos previstos no Decreto autonómico 169/2013 incorporando os seguintes: • Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica. • Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida. • Enfermidades de declaración obrigatoria do Real decreto 2210/1995. • Cardiopatías isquémicas. A data de efectividade desta ampliación será a da publicación da norma estatal habilitante, é dicir, o 4 de xullo de 2018

PAGAMENTO DO 100% DAS SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS

No DOG do 2 de xu ll o saiu publicada a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008, na que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e se autoriza o pagamento do 100% das substitucións verticais. Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180702/AnuncioG0244-260618-0002_gl.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 04 / 0 7 /201 8 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 5 , 6   e 9 de xullo . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1ID87eDN0kR_D-onUJ_JqxZ8-_pjarDKI/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

A XUNTA E OS COLABORACIONISTAS NON QUEREN MESA SECTORIAL

Neste momento temos o convencemento que o acordo foi asinado dun xeito ilegal, pero as delegadas e delegados da CIG-Xustiza, despois de varias reunións nas que se avaliaron as distintas opcións xurídicas, sociais e laborais, veñen de tomar a decisión de non recorrer a resolución do día 28/05/2018, polo que se aprobou o acordo acadado o 23/05/2018 entre a Admón. da CC.AA de Galiza, USO, UGT e CC.OO, por considerar a existencia doutras opcións menos lesivas pero igual ou máis efectivas e contundentes para acadar o maior beneficio para o conxunto do persoal da Xustiza Galega. Por todo o anterior, a CIG tomou, entre outras, a decisión de solicitar a convocatoria urxente da Mesa Sectorial, ao entender que a Comisión de Seguimento está a vulnerar o dereito de negociación colectiva e, no caso de non producirse a mesma, artellar os recursos pertinentes en defensa da usurpación de dito dereito de negociación. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/12pKnC_kqeH3onOLEL

DENUNCIA ANTE INSPECCIÓN DE TRABALLO POLAS TEMPERATURAS DO EDIFICIO DE COMPOSTELA

A CIG denuncia ante inspección de traballo o problema das temperaturas que rexistra o edificio de xulgados de Compostela e a falta de solucións por parte da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón denuncia: https://drive.google.com/file/d/1NBP6XxFHzJZ3l1HhrZ4UEgBHqMH1tm-d/view?usp=sharing

INUNDACIÓN DO ARQUIVO XUDICIAL DA FABRICA DE TABACOS NA CORUÑA

O persoal de xustiza que se encarga do arquivo xudicial da Audiencia Provincial atopouse esta mañá con moreas de expedientes enchoupados e esparexidos por todo o soto da Fábrica de Tabacos, a causa da inundación que sufriu o edificio polas choivas desta fin de semana. A pesar deste desastre, nestes momentos só hai dúas persoas (unha técnica e unha auxiliar) tentando organizar, limpar e salvar os expedientes como boamente poden, posto que ningunha persoa con responsabilidade na Dirección Xeral de Xustiza se achegou até o edificio para avaliar o alcance dos danos. Ligazón Nota Informativa: https://drive.google.com/file/d/1yFgBk38RMU6xhSrSxBF-0HkGJ0GpaioX/view?usp=sharing