jueves, 27 de diciembre de 2012

VANNOS QUITAR DO ESPECÍFICO O 4% DA MASA SALARIAL

12-12-27 Area publica 001Antes de escomenzar tan sequera o 2013, o Sr. Feijoo reuníase co seu goberno no Consello da Xunta, mentras traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios este ano que ven. Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, denunciaron as súas cada vez máis precarias condicións laborais e as “mentiras” tanto do Presidente, como dos conselleiros. Para a Área Pública da CIG é, ademais, “indecente” que se presente como un “recoñecemento ao seu esforzo” a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo no mes de xaneiro, logo do “saqueo” do que están sendo vítimas, cando se lles recortará nesa e na seguinte paga extra, e cando se lles adebeda a deste Nadal. Adiantan xa que ante isto, convocarán mobilizacións.

Desde hoxe é oficial. Máis de 90.000 traballadoras e traballadores do sector público verán rebaixados os seus salarios. Así o acordou o Consello da Xunta, facendo efectiva a proposta que se lles presentaba o pasado venres ás organizacións sindicais na Mesa Xeral da Función Pública e que se traduce nun recorte dun 4% do total da masa salarial das/os empregadas/os públicas/os de Galiza para 2013.

martes, 18 de diciembre de 2012

NIN GRANDE NIN PEQUENA PAGA EXTRA DE NADAL

1º Ante as dúbidas xurdidas entre algunhas compañeiras/os, informarvos que a paga deste mes de decembro efectuarase, como todos os anos, sobre o día 21 ou 22 se os astros nos son favorables.

2º A CIG acaba de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza un escrito de protesta baseado na confirmación da non percepción da pequena contía de paga extra que teriamos que percibir en base ao establecido na modificación do Real Decreto-Lei 20/2012 efectuada pola Disposición Final Cuarta da Lei10/2012 de taxas xudiciais. Agora nin tan sequera a administración autonómica e capaz de cumprir coa legalidade vixente imposta polo mesmo partido que goberna en Madrid (PP); non lles chega con quitarnos a paga extra se non que tamén nos quitan emolumentos que a lei nos recoñece. En fin algúns cargos de libre desginación que están a quecer o seu asento (CIXTEC)  deberían a lo menos ler as leis que publica o boletín oficial do estado. Agardamos non ter que chegar ao contencioso pois se non veriámonos na tesitura de, para reclamar 100 ou 150 euros, ingresar de taxas un mínimo de 200 euros.

lunes, 17 de diciembre de 2012

ADXUDICACION DESTINOS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OP2011

A Dirección Xeral e o Ministerio de Xustiza acaba de darnos traslado das RESOLUCIÓNS polas que se adxudican as prazas dos opositores da quenda libre de acceso ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa da oposicións convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 21 de xullo. A publicación oficial levarase a cabo no BOE o vindeiro 22 de decembro. As tomas de posesión en Galiza deberán efectuarse nos 20 días naturais seguintes á publicación no BOE, nos servizos de Xustiza da Coruña e Vigo segundo o posto adxudicado.

Adxudicación destinos Xestión Galiza
Resolución adxudicación Galiza
Adxudicación destinos Xestión Península-Baleares
Orde adxudicación Ministerio

jueves, 13 de diciembre de 2012

CONCENTRACIÓNS CONTRA AS TAXAS XUDICIAIS

Hoxe, nas grandes vilas de Galiza, tiveron lugar con grande éxito de afluencia de cidadáns, profesionais e funcionarios da administración de xustiza as concentracións-manifestacións en contra da lei de taxas xudiciais e da privatización do Rexistro Civil.


Agora, o vindeiro xoves 20 de decembro, temos que secundar maioritariamente o apagón dixital e deixar de traballar en todo o estado cos equipos informáticos durante 30 minutos dende as 11:30 ata as 12:00 horas como medida de protesta contra esta inxusta lei de taxas e demais reformas lexislativas en marcha.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

DESFRUTE DAS VACACIÓNS E PERMISOS ATA O 31 DE MARZO DE 2013

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicar a autorización, de xeito excepcional, que debido ao grande número de movementos que se están a producir neste mes nos cadros de persoal dos distintos órganos xudiciais, a autorización para o desfrute dos días de permiso e vacacións ata o 31 de marzo de 2013.
Lembrade que calquera modificación ou petición de permisos realizada a través da OPAX (Oficina de Persoal da Administración de Xustiza -antes AIX-) debe, ou ben ser asinada dixitalmente e remitida polo Secretario Xudicial dende o seu usuario, ou ben debe imprimirse e remitirse vía fax asinándose manualmente polo antedito Secretario.

Comunicado autorización

lunes, 10 de diciembre de 2012

COMISIÓN DE SERVIZO - SECRETARIA IMELGA SANTIAGO

Convócase, mediante a Resolución do 5 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, a provisión de forma temporal, en comisión de servizo, do posto de secretario do director do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) para funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa.
Poderán optar a este posto aqueles aspirantes con destino en órganos da administración de xustiza radicados en Galicia. A prestación do servizo farase na sede do Imelga, en Santiago de Compostela. A duración será dun ano, prorrogable por outro máis, no caso de non se cubrir o posto con carácter definitivo.
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco día hábiles contados dende o seguinte ao da publicación da convocatoria na intranet (fin prazo 14 DE DECEMBRO DE 2012). Como requisito imprescindible, os interesados anticiparán as solicitudes por fax á Dirección Xeral de Xustiza (981 546 222).
As solicitudes, ademais do currículo e a xustificación dos méritos, deben remitirse co visto e prace do superior funcional, de acordo co modelo establecido no anexo II da resolución. A persoa elixida conservará o seu posto de traballo de orixe e terá dereito ás retribucións complementarias do novo posto.
A PESARES DESTA CONVOCATORIA, DA QUE NON TIVEMOS COÑECEMENTO ATA HOXE, A CIG OPÚXOSE A QUE ESTA PRAZA SAIA NO SEU DÍA COMO "LIBRE DESIGNACIÓN" POIS PARÉCENOS INCREIBLE QUE UN DIRECTOR DO IMELGA TEÑA UNHA/UN SECRETARIA/O A "DEDO" POLO QUE SOLICITAMOS QUE POR PARTE DAS COMPAÑEIRAS/OS SE BOICOTEE DITA COMISIÓN DE SERVIZOS E NON SE SOLICITE A MESMA A FIN DE QUE DITA PRAZA SE DOTE DE XEITO ORDINARIO A TRAVES DO CONCURSO DE TRASLADOS.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

CALENDARIO IMPLANTACIÓN SISTEMA DE FICHAXE KRONOS

Finalizada a primeira fase de implantación da fichaxe no posto de traballo nas sedes da Administración de Xustiza en Santiago de Compostela, está prevista a ampliación deste sistema ao resto de órganos da Administración de Xustiza en Galicia, incluídos os Xulgados de Paz con persoal funcionario.
O anterior sistema de xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura, deixará de ter efecto no momento que se habilite a fichaxe no PC do posto de traballo. As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedarán desactivadas, sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos de xustificación do cumprimento
do horario. No caso de non disponer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo. Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.

CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE FICHAXE NO PC DO POSTO DE TRABALLO (KRONOS):

martes, 4 de diciembre de 2012

CAMPAÑA RECOLLIDA DE SINATURAS CONTRA AS TAXAS XUDICIAIS

Hoxe iniciouse unha campaña, dentro da plataforma sindical constituída na administración de xustiza, que terá o seu punto cúlmine o vindeiro 19 de xaneiro, para manifestar a nosa rotunda oposición ás medidas que se están a tomar dende o Ministerio de Xustiza, do que é titular o Sr. Ruiz Gallardón, porque supoñen un ataque de enormes proporcións ao Servizo Público da Xustiza e aos dereitos de acceso á mesma, en condicións de igualdade, de todos os cidadáns, proclamado na Constitución e representado polo principio de tutela xudicial efectiva.
Por iso esiximos a retirada da Lei de Taxas e de todos os proxectos do Ministerio de Xustiza que pretendan converter este Servizo Público esencial nun negocio. 
Para recoller sinaturas podedes facer clic neste enlace ou ben no logo da campaña que figura á dereita "Mobilizate Contra as Taxas".