viernes, 25 de noviembre de 2011

NOVA TARXETA IDENTIFICATIVA XUSTIZA

   A Dirección Xeral de Xustiza comunicou que o vindeiro luns 28 de novembro vaise a iniciar o procedemento de entrega da tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza regulada na Orde do 12 de setembro de 2011 (DOG nº182 do 22/09/2011). Nesa data estará dispoñible na intranet de Xustiza información máis detallada ao efecto.

Detalles para a obtención da tarxeta

jueves, 24 de noviembre de 2011

PAGAMENTO ATRASOS 4º PUNTO SCNE

   Por parte da Dirección Xeral de Xustiza informóusenos que na nómina deste mes de novembro pagaranse os atrasos do complemento xeral do posto dos anos 2007, 2008 e 2009 (“4º punto”), aos funcionarios dos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos, como consecuencia da execución da sentenza ditada pola Sección 7ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo do 17/07/2009.

PETICIÓN DE PRAZAS VACANTES PARA O VINDEIRO CONCURSO 2012

   Dende a CIG remitíronse duas peticións a administración autonómica a fin de que se fixara con claridade e diferenciación na Resolución do concurso de traslados deste ano 2011 a declaración de prazas desertas e vacantes, co obxecto de non ter ningún problema a hora de convocar tanto procesos selectivos como concursos de traslado.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

LISTAXES PROVISORIAS ADMITIDOS-EXCLUIDOS - OP2011

   O Ministerio de Xustiza acaba de publicar as listaxes provisorias de admitidos e excluidos as probas selectivas para ingreso nos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial. 
   Os interesados deberán comprobar non só que non aparezan nas listas de excluidos se non que deben de aparecer nas listas de admitidos e disporán dun prazo de 10 días hábiles (ata o 30 de novembro) para efectuar as reclamacións correspondentes as devanditas listas.
Listaxes Admitidos-Excluidos Tramitación
Listaxes Admitidos-Excluidos Xestión

viernes, 18 de noviembre de 2011

RECEPCIÓN DE NOMINAS POR CORREO ELECTRÓNICO

   Segundo se nos informou dende a habilitación e así constará nun aviso nas vindeiras nóminas en papel de 2011 (novembro e decembro), a partires do 1 de xaneiro de 2012 as mesmas xa non serán remitidas en papel polo que deberá facilitarse a administración unha conta de correo electrónico onde poder recibilas.
   Aquí abaixo vos deixamos o enlace para poder darvos de alta na oficina de empregado público da Xunta de Galicia e así poder recibir as vosas nóminas por correo electrónico.

https://host.cixtec.es/EntradaOficinaVirtual/OV/ga/OV_Empregado.htm

jueves, 17 de noviembre de 2011

ADXUDICACIÓN DESTINOS PROMOCIÓN INTERNA XESTION - OP2010

   As Ordes de 18-11-2011 nomeando e adxudicando destinos aos aspirantes ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas no ano 2010, sairá publicada no BOE do vindeiro 9 de decembro de 2011. 

 

miércoles, 2 de noviembre de 2011

CURSO PRACTICO CORPO XESTION - QUENDA LIBRE - OP2010

Convócase aos aspirantes do proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de xestión procesual e administrativa aprobados no ámbito de Galicia no proceso selectivo convocado pola Orde XUS/1654/2010, nomeados funcionarios en prácticas, para que se presenten na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ás 9:30 horas do día 7 de novembro, nos termos que determina a orde de nomeamento, para o desenvolvemento da fase teórica do curso selectivo.

Para máis información telf.: 981.54.62.19