Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

APOIO Á FOLGA DO COLECTIVO DE MÉDICOS FORENSES

NOVA PETICIÓN DE MEDIACIÓN - O COMITÉ DE FOLGA SI QUERE ARRANXAR O CONFLITO

VOLTAMOS A COMPOSTELA - APÚNTATE AO BUS - SÁBADO 24 DE FEBREIRO

FOLLA INFORMATIVA DA MESA DE NEGOCIACIÓN DO 20-02-2018

MARCHADE SE QUEREDES COBRAR MÁIS - ESTE É O TALANTE NEGOCIADOR DO DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA

COMUNICADO DE APOIO TRABALLADORES DE AUTONÓMICA

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 16 / 0 2 /201 8 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 19, 2 0   e 21 de febr ei ro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/15lwveFaoxhrlZMt693-xOxVcIbqDg4lL/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

A XUNTA DE GALIZA NON DA COA CHAVE PARA PARALIZAR A FOLGA DE XUSTIZA

O PP DA XUNTA DE GALIZA ROUBOUNOS ENTRE 3.400 E 10.000 EUROS NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS

PUBLICACIÓN NO BOE DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS

No día de hoxe publicouse no BOE a Resolución definitiva de adxudicación de prazas no concurso de traslados dos corpos xerais de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial da Admón. de Xustiza. Mañá, 8 de febreiro, publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 8 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 19 de xuño de 2017. Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino . Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 h, e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 h, de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (co

RETENCIÓNS POR FOLGA LIBERAD@S SINDICAIS DA CIG

Aquí publicamos os escritos presentados polas liberadas/os sindicais de CIG-XUSTIZA, nos que se comunica, as respectivas habilitacións, a retención salarial a realizar na nómina correspondente, con motivo da vindeira folga indefinida do 7 de febreiro. Ligazón escritos presentados: https://drive.google.com/file/d/1iZSNIxgD2o5I6bU9YpYpsC_QMx5AK_rd/view?usp=sharing

ESTADO LAMENTABLE DO XULGADO DE PAZ DE RIBADEO

Segue a haber innumerables problemas nas instalacións do Xulgado de Paz de Ribadeo. Mudaron a instalación eléctrica porque ao chover non se aguantaban "os plomos", pero isto foi insuficiente. Fíxose unha visita polo equipo de prevención de riscos, pero o seu informe estase a demorar, ao parecer porque a proposta é a de cese da actividade, pero ninguen quere asinar dito informe, polo que seguimos a padecer estas indecentes instalacións xudiciais, ata que alguén lle queira poñer o cascabel ao gato. Ligazóns:  https://drive.google.com/file/d/1o8VrD1NrS2gDH8MMMe6waMRjafFnQLWW/view?usp=sharing   https://drive.google.com/file/d/1CfluA1FeLpZcSJbdI3GXHUHpMaDGvKZJ/view?usp=sharing

ENTREVISTA DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA E DO BEN QUE SE EMPREGAN OS MEDIOS PÚBLICOS DE COMUNICACIÓN

Mira ti que ben se está a empregar a maquinaria comunicativa da Xunta de Galiza dispoñendo de todos os recursos públicos ao seu alcance , i ncluida por suposto a CRTV G, para tentar confundir á cidadanía e poñer as traballadoras/es da xustiza galega coma uns privilexiados. Porque non dí nada o Director Xeral de Xustiza dos 4.000 € que como mínimo nos retiveron en catro anos dende o 2013? Porque non di o Director Xeral de Xustiza que a subida solicitada de 270 € o é en tres anos?... En fin, todo o manifestado pola administracion cae polo seu propio peso se o televidente ou lector ten un pouco de actitude crítica. Ligazón entrevista Director Xeral de Xustiza: http://www.crtvg.es/ informativos/juan-jose-martin- estamos-ofrecendo-un-acordo- salarial-xeneroso-e-realista

CAIXA DE RESISTENCIA PARA AFILIADAS/OS Á CIG

Dende o sector de Xustiza en Galicia lembramos a toda a afiliación que dende o ano 2007 o sindicato conta cunha Caixa de resistencia para reforzar a acción sindical e a solidariedade de clase en caso de folga. Os cartos desta Caixa proceden de aportacións de todas e todos os afiliados da CIG; de cada cota derívase unha porcentaxe específica que vai parar a unha conta que ten como uso exclusivo proporcionar os medios económicos necesarios para as/ostraballadoras/es poder resistir unha folga apoiando así tamén as compañeiras/os. Os/As afiliados/as cunha antigüidade ininterrompida igual ou superior a 3 meses e inferior a 1 ano terán dereito a percibir 13,65 € por cada día de folga.  Os/As afiliados/as cunha antigüidade ininterrompida igual ou superior a 1 ano percibirán por cada día de folga 27,30 €.   O dereito nace na terceira xornada laboral de folga, mais no caso de que esta superara os dez días efectivos, a compensación económica farase dende o primeiro día. Contactade c

RESULTADO DAS VOTACIÓNS PARA AS XORNADAS DE FOLGA DO VINDEIRO 7 DE FEBREIRO

Cunha participación do75,5%, os resultados da consulta realizada ás traballadoras/es da Administración de Xustiza, nas asembleas levadas a cabo ao longo do pais, foron os seguintes: Folga indefinida total: 73,3% Forga indefinida de horario parcial:19,71% Votos en branco: 5,85% Votos nulos: 1,14% IMOS Á FOLGA INDEFINIDA Ligazóns prensa: http://gal.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/999714/traballadores-xustiza-deciden-folga-sexa-total-e-non-media-xornada http://m.europapress.es/galicia/noticia-73-trabajadores-xustiza-respaldaron-paro-total-huelga-podria-extenderse-meses-20180203145648.html    

OS SERVIZOS MÍNIMOS PARA A FOLGA INDEFINIDA SERÁ RECORRIDOS POR ABUSIVOS

Orde de servizos mínimos: https://drive.google.com/file/d/1j9s163K0uvp7InKZSM043zK3Ucshi-Cw/view?usp=sharing Ligazóns prensa: https://m.20minutos.es/noticia/3251495/0/xunta-aprueba-servicios-minimos-para-huelga-justicia-que-sindicatos-recurriran-por-inasumibles/ http://www.europapress.es/galicia/noticia-xunta-aprueba-servicios-minimos-huelga-justicia-sindicatos-recurriran-inasumibles-20180202141725.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/02/sindicatos-recurriran-servicios-minimos-fijados-huelga-indefinida-xustiza/00031517574618175427175.htm

CAMPAÑA DE REVISIÓN PERIÓDICA DA SAÚDE

Periodicamente, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza garántelle ao persoal traballador a vixilancia e control do estado da súa saúde mediante a publicación no DOG, ou calquera outro método que facilite a súa difusión, da convocatoria do anuncio dos recoñecementos médicos periódicos. A solicitude farase de forma individualizada conforme se establece na convocatoria e, unha vez rexistrada a petición na páxina correspondente (a que podedes acceder facendo clic na icona de abaixo), xerarase un xustificante de solicitude que deberá presentarse debidamente cuberto e asinado ao persoal sanitario no momento da cita no centro médico que corresponda. Para a campaña de 2018 o prazo de inscrición está aberto do 2 de febreiro ao 15 de marzo .

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O  1 de febreiro saiu a resolución coa adxudicación das últimas prazas publicadas o pasado 25 de xanei ro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1s_N4lHaiHL54snNElIimzr9opUbsEVVR/view?usp=sharing

RESULTA QUE AGORA SI, AS PREÑADAS TEÑEN DEREITO A 20 SEMANAS

Pois que ben que despois de que a CIG tivera solicitado alá polo 2016 que as mulleres preñadas que traballaban na Administración de Xustiza tiveran dereito as 20 semanas de licenza por manternidade, van agora estes do PP, defensores a ultranza da maternidade, a ofrecernos algo que nos levan negando dende fai dous anos, o que precisamente retrata o caracter de quen goberna con maioría absoluta na Xunta de Galiza. Parece ser que segundo eles, no 2016 non eramos traballadoras/es de función pública (e agora seguimos sin selo, porque non estamos contemplados na lei de función pública de Galiza), con dereito a esas semanas de baixa por maternidade/paternidade e, resulta que agora saélles a súa vea paternalista e ofrecen este permiso, a maiores, para tentar solucionar un conflicto laboral que neste momento ten dúas patas quebradas e que ningunha das dúas está sendo arranxada pola administración. Teña por seguro Sr. Rueda que as traballadoras preñadas que realizan a súa función na Administra