jueves, 30 de noviembre de 2017

CONVOCATORIAS PROCESOS SELECTIVOS ACCESO AOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - QUENDA LIBRE

No día de hoxe, 30/11/2017, saen publicadas no BOE as respectivas Ordes de convocatoria dos procesos selectivos para acceso aos corpos de Xestíon, Tramitación e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza pola quenda libre.
A presentación de solicitudes realizarase no prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES a partires do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado. A non presentación desta en tempo e forma suporá a exclusión da/o aspirante.
De conformidade co establecido na base 5.3 da convocatoria, a inscrición e pagamento deberá realizarse vía telemática, accedendo a  ligazón que aparece abaixo desta información  e buscando a convocatoria correspondente ao corpo para o que se queira participar, premendo a continuación no enlace que pon  "inscribirse". Logo de solicitar a inscrición na convocatoria correspondente debe premer en "Acceder a Cl@ve”, empregando un dos seguintes medios:

-Certificado dixital válido de persoas físicas, (máis información: http://firmaelectronica.gob.es e en https://www.dnielectronico.es/).
-Cl@ve PIN
-Cl@ve permanente

OLLO, QUE PARA PODER PAGAR A INSTANCIA DEBE TERSE CONTA ABERTA NALGUNHA DAS ENTIDADES BANCARIAS INDICADAS NA SEGUINTE LIGAZÓN https://www5.aeat.es/es13/h/pago007h.html, XA QUE LOGO, NOUTRO CASO, HABERÍA QUE FACER A SOLICITUDE DE XEITO MANUAL, TAL E COMO ESTABLECEN AS BASES 5.3 DAS RESPECTIVAS CONVOCATORIAS.

Ligazón convocatoria Xestión:

Ligazón convocatoria Tramitación:

Ligazón convocatoria Auxilio Xudicial:

Ligazón solicitude electrónica

ESCALAFÓN NACIONAL CORPOS XERAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Grazas a insistencia da CIG na Mesa Sectorial de Xustiza de Madrid, acadouse que por fin o Ministerio habilitase á Xunta de Galicia para que o seu persoal puidera acceder á consulta da escala nacional do corpo respectivo a cada traballador da Administración de Xustiza coa súa antiguidade por días.

Ligazón escala:

ESTAMOS EN FOLGA OS DÍAS 1 E 13 DE DECEMBRO



ULTIMA HORA DEFECTOS CONCURSO DE TRASLADOS

Segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, hai un gran número de instancias presentadas polos rexistros telemáticos da administración que non chegaron ao ministerio e que por iso hai moitos concursantes que non aparecen nin incluidos co seu Anexo III, nin excluídos. Probablemente esta situación faga cambiar moito o concurso de traslados ao ter que incluirse estas instancias non tidas en conta nas listaxes provisionais.

miércoles, 29 de noviembre de 2017

RETENCIÓNS POR FOLGA DAS DELEGADAS/OS DE CIG-XUSTIZA

Na ligazón de abaixo vos deixamos os escritos presentados polas delegadas/os da CIG que realizan funcións sindicais con exclusividade, en relación coa retención por folga dos días 1 e 13 de decembro.

Ligazón:

martes, 28 de noviembre de 2017

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGAS DÍAS 1 E 13 DE DECEMBRO

https://drive.google.com/file/d/1KqDIP4HCjpO5R_0z-ZiJq5OwHHwiWquw/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1KqDIP4HCjpO5R_0z-ZiJq5OwHHwiWquw/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/1KqDIP4HCjpO5R_0z-ZiJq5OwHHwiWquw/view?usp=sharing



CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS EN VIGO ANTE RUEDA E FEIJOO

Onte en Vigo, as delegadas/os das sete centrais sindicais con representación na administración de xustiza, puidemos berrarlle do lindo ao Sr. Rueda e ao Sr. Feijoo, que viñeron a Vigo para a presentación do proxecto definitivo do novo edificio xudicial (menuda definición de novo edificio, agora que acaban de detectarlle amianto en cantidade).  
Tivemos que agardar máis de hora e media pero, como sair tiñan que sair para coller o coche oficial, puidemos adicarlle unhas cantigas e berros cariñosos tanto ao Sr. Rueda Como ao Sr. Feijoo, solicitándolles que se poñan a negociar xa.




NOVA O FERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 28/11/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón prazas en substitución:
Ligazón solicitude Anexo II bis:

viernes, 24 de noviembre de 2017

COMISIÓNS DE SERVIZO PARA ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Hoxe, día 24 de novembro, publicase na Intranet a Resolución do 23 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro Venres 1 de decembro.

Ligazón Resolución convocatoria:

Ligazón solicitude:

COMISIÓN DE SERVIZO PRAZA DE SECRETARÍA DO IMELGA DE COMPOSTELA

O pasado 21 de novembro publicouse na Intranet a Resolución do 20 de novembro 2017 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión temporal dun posto de traballo no IMELGA DE COMPOSTELA, mediante comisión de servizo.

Ligazón Resolución convocatoria:

Ligazón solicitude: 

jueves, 16 de noviembre de 2017

EXITOSAS CONCENTRACIÓNS EN TODO O PAIS PARA REIVINDICAR OS NOSOS DEREITOS LABORAIS E SALARIAIS

Marabillosas concentracións de traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza en toda Galiza como preámbulo da folga xeral dos vindeiros 1 e 13 decembro. 








Ligazóns Prensa:

http://www.ferrol360.es/los-trabajadores-de-justicia-amenazan-con-ir-a-la-huelga-si-no-se-inicia-la-negociacion-de-sus-condiciones/


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/11/16/trabajadores-juzgados-contra-discriminacion-salarial-cobran-mitad-autonomias/00031510832030939534567.htm

http://praza.gal/movementos-sociais/15386/o-persoal-de-xustiza-rebelaselle-a-xunta-pola-discriminacion-e-os-recortes-e-anuncia-folga/

http://pontevedraviva.com/xeral/41244/concentracion-trabajadores-justicia-parda-audiencia-reivindicaciones-xunta/

PUBLICACIÓN DEFINITIVA ACCIÓN SOCIAL 2017

No DOG número 217, do mércores 15 de novembro de 2017, saíu publicada a Resolución do 10 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2017, para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os pagamentos realizaranse nestes dous días seguintes ou o luns da semana vindeira.
Ligazón Resolución:

APRAZAMENTO RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio de Xustiza ven de informar, en relación ao concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, anunciado pola Orde JUS/646/2017, de 19 de xuño (BOE 7-7-2017), e resuelto provisionalmente pola Orde JUS/1097/2017, de 24 de outubro (BOE 14-11-2017), que a resolución definitiva de dito concurso será para XANEIRO de 2018, dado que o prazo para a presentación de alegacións finaliza el 28 de novembro. Non obstante o anterior, o Ministerio lembra que, segundo o art. 46.1 do R.D 1451/2005, de 7 de decembro, o período de tempo necesario para poder concursar compútase desde a data da Orde de convocatoria do concurso.

martes, 14 de noviembre de 2017

XUNTANZA CON PARLAMENTARIOS GALEGOS PARA RECABAR APOIOS NAS NOSAS XUSTAS REIVINDICACIÓNS


 

No día de hoxe representantes das sete centrais sindicais SPJ-USO, ALTERNATIVAS-CUT, UXT, CSI-F, STAJ, CIG e CCOO reuníronse con alguns representantes dos grupos políticos presentes no parlamento galego.


Ligazóns novas:

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO CONCURSO DE TRASLADOS

No BOE de hoxe, como xa vos adiantaramos, sae publicada a Resolución pola que se acorda a exposición das listaxes provisionais do concurso de traslados dos corpos xerais.
Tanto se sodes adxudicatarios dunha praza como se non é moi IMPORTANTE que consultedes o voso Anexo III, para comprobar que a gravación da instancia se fixo correctamente cos destinos que solicitáchedes.
http://www.boe.es/boe/dias/2017/11/14/pdfs/BOE-A-2017-13079.pdf
Ligazón consulta ANEXO III:

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de onte saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 7 de novembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón:

lunes, 13 de noviembre de 2017

O MINISTRO OCULTA INFORMACIÓN SOBRE AS FILTRACIÓNS QUE SE PRODUCIRON EN LEXNET

O Ministro Sr. Catalá, durante a comparecencia onde explicou no seu día os problemas dos accesos non autorizados a LEXNET, esqueceu indicar que o sistema de auditoría da plataforma detectou tamén que, aproveitando o erro informático, algúns usuarios descargaron ilegalmente centos de documentos xudiciais con información confidencial. O ministro sí chegou a admitir despois, nunha xuntanza privada, que houbo máis de 400 descargas ilegais, en buzóns alleos, de información sensible sobre procesos xudiciais.

Fonte da nova "EL DIARIO":

ASEMBLEAS INFORMATIVAS PARA A CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS

O pasado venres 10 de novembro en Vigo e, durante toda a semana, celebraronse, polas sete centrais sindicais con representación na Administración de Xustiza en Galiza, asembleas de traballadoras/es para informar das medidas de presión que imos adoptar como consecuencia da falta absoluta de negociación por parte da Dirección Xeral e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza ante  temas tan importantes para os traballadores como son os descontos por baixas de enfermidade, a consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos, dos plans de amortizacións, do pagamento do 100% das substitucións e, por suposto, da actualización do CAT (complemento autonómico transitorio) que nestes intres é o de menor contía entre as comunidades con transferencias de xustiza e logo dun grandisimo sacrificio levado a cabo durante estes últimos catro anos no que o goberno do Sr. Feijoo, nos retirou a totalidade de dito complemento nos meses de xuño e decembro. Para ter que reternos os cartos si somos empregados da función pública galega, pero para que as traballadoras preñadas da administración de xustiza gocen de 18 semanas por baixa maternal non o somos. Esta é a igualdade que defende o Sr. Feijoo e o seu goberno do PP.

CONCURSO DE TRASLADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE do pasado 10 de novembro publicouse a Orde JUS/1085/2017, de 6 de novembro, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de postos de traballo para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

Ligazón resolución:
https://www.boe.es/boe/dias/2017/11/10/pdfs/BOE-A-2017-12959.pdf
 
Ligazón corrección erros:
http://www.boe.es/boe/dias/2017/11/14/pdfs/BOE-A-2017-13080.pdf

viernes, 10 de noviembre de 2017

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO DE TRASLADOS

A publicación no BOE das listaxes provisionais do concurso de traslados esta prevista, segundo informou no día de hoxe o Ministerio de Xustiza, para o vindeiro martes 14 de novembro.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 07/11/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 8, 9 e 10 de novembro.
A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

Ligazón prazas en substitución:
Ligazón solicitude Anexo II bis:

lunes, 6 de noviembre de 2017

CALENDARIO DE ASEMBLEAS

Este é o calendario de asembleas que se van levar a cabo nesta semana por toda Galiza.



viernes, 3 de noviembre de 2017

EMPEZAMOS COAS ASEMBLEAS INFORMATIVAS SOBRE POSIBLES MOBILIZACIÓNS

Empezamos coas asembleas informativas e, o vindeiro día 6, tócalle á cidade da Coruña:


miércoles, 1 de noviembre de 2017

COMUNICADO DE PRENSA INCULPACIÓN TRABALLADOR ADMÍNISTRACIÓN DE XUSTIZA

Aqui vos deixamos o comunicado de prensa da Xunta de Persoal da Admón. de Xustiza de Pontevedra en relación co anómalo tratamento informativo levado a cabo na prensa sobre a inculpación dun compañeiro, traballador da administración de xustiza en Vigo, nos recentes lumes producidos na Galiza.

Ligazón nota de prensa: