Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2013

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día de hoxe algunha das  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo.  Adxudicacións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oU0Q2Uk1VYjAwajA/edit?usp=sharing Novas substitucións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oWmxJZkkwbmVPbHc/edit?usp=sharing

OS REXISTRADORES DA PROPIEDADE NON QUEREN O REXISTRO CIVIL

   Esta semana  pasada levouse a cabo en Zaragoza a asamblea de Rexitradores da Propiedade de España para valorar dúas propostas ou relatorios sobre o proxecto de lei para asumir a competencia en materia de rexistro civil; unha a favor do proxecto do Ministerio de Xustiza e outra en contra do mesmo. O primeiro dos relatorios non conseguiu o 20% do respaldo necesario para poder ser debatido. O outro relatorio (contrario as teses do Ministerio de Xustiza), presentado por Juan Sarmiento Ramos, superou o 25% dos votos precisos para acceder ao Pleno.     Ignacio San Pedro defendeu votar non ao único relatorio (e dicir, apoiar as teses ministeriais) e cree que non  foi adecuado o prantexamento dicotómico que se votou en Comisión, nin que se poidan prantexar condicións e discrepa destas en concreto. Juan José Pretel interviu brevemente, así como Javier Serrano para recordar éste último que tan só un relatorio pasou do 25%. Juan Sarmiento, autor do relatorio presentado e que foi Subdirec

ESCRITO CONXUNTO SOBRE PERMISOS E LICENZAS

   No día de onte (11/04/13) déusenos traslado por esa Dirección Xeral, do texto definitivo da resolución que regula o réxime de vacacións, permisos e licencias dos funcionarios da Administración de Xustiza en Galicia e, tralo estudo da mesma   podemos constatar que foron atendidas algunhas das reivindicacións da plataforma sindical composta polos sindicatos que encabezan este escrito, únicos con representación na mesa de negociación, se ben outras propostas non foron tidas en conta.      Entre as reivindicacións sindicais que foron atendidas atópanse as seguintes: ·          Posibilidade   de gozar das vacacións en calquera época do ano, a diferenza doutros funcionarios da Administración de Xustiza, Admón. Central, etc..que teñen   que gozar polo menos a metade das vacacións entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. ·          A posibilidade de goce de sete días de xeito independente, que se poderán acumular   aos días de asuntos particulares, cando para a administr

CONFIRMACIÓN DATA CONCURSO DE TRASLADOS - 6 DE MAIO

Canto antes falamos antes ocorre. Onte vos informabamos que a data prevista para o concurso sería a de finais de abril, mantendo a dúbida de que puidera ser incluso en maio; pois ben, o Ministerio acaba de confirmarnos que a convocatoria do concurso de traslados sairá publicado definitivamente e, se non hai ningún contratempo de última hora, no BOE do vindeiro LUNS 6 DE MAIO. Copia da resolución do concurso Vacantes territorio no transferido

NOVAS SUBSTITUCIÓNS

Publicáronse hoxe as ultimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares. Podedes consultar a información neste BLOG ou na INTRANET DA XUNTA na pestana de RR.HH. dentro das substitucións entre titulares, onde tamén se pode ver o histórico de todas as publicacións e adxudicacións realizadas. Premendo no vinculo de aquí abaixo poderedes acceder directamente a información publicada. Novas prazas ofertadas a substitución - prazo 10, 11 e 12 abril

MESA SECTORIAL MADRID - SECRETARIOS - MEDICOS FORENSES - XESTORES - REXISTRO CIVIL

Onte 9 de abril tivo lugar en Madrid outra representación esperpéntica do que non debe ser unha mesa de negociación. Se nos queixamos dos xestores de Galiza, deus nos pille confesados cos xestores que hai en Madrid. Por parte da administración central e con absoluta desvergoña aprobáronse, sen case discusión ningunha, ao non aceptarse a maioría das alegacións feitas (tal e como nos teñen acostumados), a seguinte normativa que, no caso de Galiza, maioritariamente afectaría aos Secretarios Xudiciais e aos Médicos Forenses: 1) Orde de calendario laboral e vacacións de Secretarios Xudiciais, que será diferente ao dos corpos xerais tanto no territorio Ministerio como en Galiza, onde aínda se notarán máis as diferenzas. Pola CIG se solicitou que o calendario dos Secretarios fora igual que o dos corpos xerais, ademais de reiterar a súa plena transferencia á comunidade autónoma galega por non ser lóxico que o xefe de persoal dependa doutra administración diferente. 2) Modificación

REMISION AO CXPX DO NOVO CALENDARIO LABORAL 2013

NEGOCIADA A ORDE DE HORARIO E VACACIÓNS    A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos o texto pechado da orde de horario e vacacións para o ano 2013. Antes da súa aprobación definitiva e publicación, debe ser remitido ao Consello Xeral do Poder Xudicial, para informe vinculante. A burocratización da Dirección Xeral e a súa reticencia negociadora traerán como consecuencia que, novamente, esta orde se aprobe case a mediados de ano.     A unidade sindical e a presión conxunta acadan unha orde vantaxosa respecto a outros territorios e administracións e, tendo en conta a brutal agresión que supuxo o RD 20/2012 aos nosos dereitos, onde o horario máximo a cumprir convértese en mínimo, o mantemento e melloras alcanzados significan un grande logro sindical. · Mantense a xornada de sete horas diarias. · Acadamos conservar o horario de verán (desaparecido en moitas administracións) e unha semana grande de horario reducido. · Amplí

CONCURSO DE TRASLADOS EN CIERNES

   Segundo conversas mantidas no día de onte cos responsables ministeriais, por estes se confirmou na mesa sectorial que a convocatoria do concurso de traslados estaba prevista para finais de abril, toda vez que debido ao cambio sufrido na convocatoria de oposicións (pasamos de 1164 prazas a 300) houbo que reestruturar as vacantes que poderían saír en todas as comunidades. En fin, agardamos que a convocatoria non se dilate moito máis no tempo, non vaia ser que ao final se convoque en maio.

PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLOS MENORES DE TRES ANOS

   Informámosvos que está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 360 euros por cada crianza.    Un ano máis, a Xunta volve a excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.     Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas que teñan fillas/os menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario, aínda sen estar obrigados a iso.    O prazo de solicitude é de 40 días naturais (até o vindeiro 11 de maio).