Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2009

A prensa de dalle cobertura a "Rolda ...

A prensa de dalle cobertura a "Rolda de prensa da Plataforma Sindical Unitaria de Xustiza" e incluso a propia Conselleria a resposta a medio dun Comunicado colgado na súa paxima Web. Cuestión curiosa que non colga a nota de prensa feita polos Sindicatos, pero nos somos como somos mais plurales si que colgamos a nota da Xunta. Temos que decir que pese ao que na mesma dí de que se reunira con nos o día 12 ata o de agora non fomos convocados formalmente, unicamente se nos dou aviso por telefono.       NOTA DE PRENSA DA CONSELLERIA EN RESPOSTA     O conselleiro de Presidencia reunirase cos sindicatos de xustiza o vindeiro 12 de xuño   Santiago, 27 de maio de 2009.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten convocado para o vindeiro venres 12 de xuño, ás 12.00 horas, á Mesa Sectorial da Xustiza, na que estarán o conselleiro, Alfonso Rueda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e os sindicatos que representan ao sector –UGT, CC.OO., CIG, CSIF e

A PLATAFORMA SINDICAL PIDE O CESE DO SUBDIRECTOR DE XUSTIZA

As cinco centrais sindicais que representan os traballadores da Administración de Xustiza en Galicia, CSIF, CCOO, UGT , CIG e SPJ-USO decidimos comparecer diante dos medios de comunicación para trasladar a nosa preocupación polo estado da Xustiza na nosa Comunidade, para denunciar entre outras cousas: En canto a implantación das novas tecnoloxías no eido da Administración de Xustiza, as Centrais Sindicais entendemos que é necesaria e urxente a reforma tecnolóxica da Administración de Xustiza, pero que a mesma non se pode facer a consta dos traballadores, senón coa implicación e a participación deles. Neste senso, a Plataforma Sindical denuncia a actitude que durante os últimos catro meses se ven mantendo por parte da Subdirección Xeral de recursos materiais e informáticos da Administración de Xustiza, cuxo responsable enganou, ameazou e coaccionou aos traballadores, vulnerando non só os seus dereitos laborais, senón tamén os seus dereitos fundamentais mais básicos. Así podemos pór com

A CIG NA DEFENSA DO GALEGO

A CIG abandona a mesa de negociación da función pública, pois a Xunta teima en eliminar a obriga de coñecemento do galego Máis de 500 delegados e delegadas da área pública da central concentráronse en Compostela. A CIG esixiu na reunión celebrada na mañá do venres 22 de maio a retirada da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, xa que pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica. A Xunta mostrouse contraria á súa retirada, o que conlevou a que a CIG se retirara da mesa de negociación, tamén abandonaron a mesa os sindicatos CCOO e UGT, non así o CSIF. Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as É tal o odio que este goberno da Xun

OPOSICIONS

NOTAS DE CORTE CORPO DE XESTIÓN PROMOCION INTERNA   Andalucía 59 Canarias 52 Cataluña 60 Comunidad Valenciana 60 Galicia 60 Madrid 52 Navarra 55 País Vasco 60 Resto península y Baleares 60 Reserva de discapacitados en todolos ámbitos territoriais 50   DATAS APROXIMADAS DOS EXAMES.     Xestión:   2º exame de promoción: 20 xuño 1º exame libre: 28 xuño   Tramitación: 2º exame promoción: 20 xuño 1º exame libre 5 xullo     Auxilio: 2º exame libre 14 de xuño  

ACCIÓN SOCIAL ANO 2009

ACCIÓN SOCIAL ANO 2009   No DOG do día 21 de maio de 2009 publicase a Convocatoria de Acción Social para os funcionarios e funcionarias ao Servizo da Administración de Xustiza de Galicia, como xa pasou no ano pasado a CIG non participa na Mesa por nos estar deacordo cos cartos destinados a este fondo, pois pensamos que o que se ten que adicar para este fin é do 1% da masa salarial, cando a Administración adica menos o 0,5, esta mesma postura foi adoptada polos demais Sindicatos. O prazo de presentación de solicitudes sera entre o 1 de xuño e o 31 de xullo.   Convocatoria publicada no DOG

CURSOS DE GALEGO ANO 2009

CURSOS DE GALEGO ANO 2009             A Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia vai publicar en vindeiras datas as convocatorias dos cursos de galego para o ano 2009.        As convocatorias correspondende as cursos que se van realizar para o persoal de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (que se realizaran en agosto) e para o persoal destinado en Galicia (que se realizarán de setembro a novembro).       O prazo de presentación de solicitudes para ambas convocatorias finaliza o 15 DE XUÑO. Convocatoria dos cursos para os funcionarios e funcionarias destinados fora da Comunidade Convocatoria dos cursos para os destinados en Galicia   Solicitude para os cursos dos destinados fora de Galicia   Solicitude para os cursos dos destinados en Galicia