Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2009

NOVO MINISTRO DE XUSTIZA

Bermejo dimite como ministro de Xustiza O ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, vén de anunciar que renuncia ao seu cargo no Goberno central. Esta mañá, convocara unha rolda de prensa de urxencia sen comunicar o motivo da convocatoria "Marcho porque o escenario actual tomaba tintes que non me gustan. Nunca estiven pegado ao sillón". Esas foron as verbas do ministro na rolda de prensa. Non admitiu preguntas e desexou que a persoa que o substitúa "continúe co escenario ilusionante" co que el aceptou o cargo. O xa ex ministro aclarou que queda como deputado do PSOE. Fernández Bermejo, que estivo case dous anos á fronte da carteira de Xustiza e que se enfrontou á primeira folga de xuíces, anunciou a súa renuncia logo de verse envolvido nas últimas semanas nunha intensa polémica ao transcender que coincidiu nunha cacería en Jaén en compañía de xuíz da Audiencia Baltasar Garzón a fin de semana posterior ás primeiras detencións efectuadas coa denominada 'Oper

CONCURSO DE TRASLADO PRÓXIMA CONVOCATORIA (2009)

A Dirección Xeral de Xustiza pasounos un borrador das prazas que nun principio podería sacar no concurso deste ano alo polo mes de abril. As prazas incluidas neste primer borador son: Listado vacantes Xestión Listado vacantes Tramitación Listado vacantes Auxilio a CIG non estando conforme coas mesmas formulou as alegacións seguintes : En primeiro lugar non estamos de acordo con que non se convoquen as prazas referentes os Xulgados de Paz tanto no referente as Secretarias como as de Xestión, pois aínda que se diga que como están próxima a constitucións das Agrupacións das Secretarias non se quitan, esta non debe ser causa para a non convocatoria de ditas vacantes, pois a Administracións posúe diversos mecanismos para adaptar no seu día os cadros de persoal as RPTs que se determinen para cada unha das diferentes agrupacións, se é que realmente algún día se chegan a constituír, cuestión que dudamos ante o nulo intres que a Dirección Xeral mostra por este tema. Tampouco estamos de ac

CONVOCATORIA INTERINOS PARA XUSTIZA

ORDE REGULADORA DA SELECCIÓN E NOMEAMENTO DE INTERINOS A Dirección Xeral de Xustiza comunicanos que no día de hoxe remítese ao DOG, para a súa publicación, a nova Orde do 10 de febreiro de 2009 sobre selección e nomeamento de interinos. Aproximadamente nun prazo de 10 días dende a súa publicación remitirase ao DOG a correspondente convocatoria da bolsa, que sera a que estableza os plazos para remitir as solicitudes.

OPOSICIÓNS 2009

No BOE do 12 de febreiro publícanse as listas provisionais de excluídos para os procesos selectivos para o ingreso nos corpos de Xestión, Tramitación (acceso promoción interna e libre) e Auxilio xudicial (quenda libre), así como as causas de exclusión. Así mesmo no paxina web do Ministerio publícanse os listados de admitidos A CIG ten coñecemento de que aparecen moitos excluídos pola causa K “declarar non ter o título esixido”, debido a que o Opositor ou Opositora cando cubriu a súa instancia e no apartado TITULO ESIXIDO marcou non na crenza que se refería a titulación requirida de forma xenérica para o corpo, non na excepción da disposición transitoria cuarta do regulamento de ingreso. Pois en ámbolos dos caso debería de marcar si Dende a CIG xa mandamos escrito ao Ministerio para que teña presente tal extremo, PERO TODOS OS QUE SE ATOPEN NO LISTADO DE EXCLUIDOS por esta cause deberan subsanar o erro de forma individual no prazo dos dez días hábiles con

OPOSICION 2008

OPOSICION 2008 O Ministerio de Xustiza infórmanos de que as OPOSICIÓNS de AUXILIO, TRAMITACIÓN e XESTIÓN convocadas en novembro de 2008, a relación provisional de excluídos publicarase no BOE do día 11 ou 12 de febreiro, e as listas provisionais de Admitidos, debido ao volume das mesmas, colgaranas na Web do Ministerio www.m justicia .es nas mesmas datas. Respecto as datas dos exames o Ministerio sinala como datas probables para AUXILIO dia 18 e TRAMITACIÓN e XESTION promoción interna os día 19 de abril.

OS TRIBUNAIS ANULAN UNHA RESOLUCIÓN DA DIRECCION XERAL SOBRE SUBSTITUCIÓNS

Un xulgado do contencioso-administrativo ven de anular por sentenza unha resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se lle notificaba a unha compañeira o seu cesamento na praza de substitución do corpo de xestión que ocupaba por estar de permiso por parto. A sentenza establece que, tal e como di o art. 74.7 do Regulamento de ingreso "o funcionario substituto cesará cando se incorpore o titular do posto ou finalice a causa que motivou a substitución". Polo tanto, ningún tipo de baixa ou situación diferente ás sinaladas pode ser causa para que se produza o cesamento nun posto de substitución. Ademáis, neste caso se daba a circunstancia agravante de que o motivo era a súa maternidade, o que supón unha situación gravemente discriminatoria. Esperemos que unha sentenza sexa razón suficiente para que quen decidiu dictar esta resolución na Dirección Xeral mude a súa actitude tanto neste tema coma noutros nos que se está a mostrar cunha intransixencia case irracional, com

OPOSICIÓNS CONVOCATORIA 2008

Dende a Xerencia do Ministerio de Xustiza en Galicia, ven de comunicarnos que os exames deTRAMITACION PROMOCION INTERNA serán previsiblemente o próximo día 18 de abril , e tamén nos din que: Con motivo das convocatorias de probas selectivas para persoal ao servizo da Admón. de Xustiza correspondentes aos Corpos de Tramitación Procesual e Administrativa (TPA, ORDE JUS/3339/2008, de 10 de novembro) e Auxilio Xudicial (AJ, Orde JUS/3337/2008, de 10 de novembro), necesitaranse nun futuro próximo (o primeiro exame para o Corpo de TPA, pola quenda de promoción interna, será o próximo 18 de abril de 2009) a presenza de Vixiantes nas aulas. Os únicos requisitos que se esixen para estas funcións, lóxicos por outra banda, son que ditas persoas teñan dispoñibilidade para poder actuar os días sinalados para os exercicios e que exerzan devandito traballo con seriedade, profesionalidade e responsabilidade. As cantidades a devengar por vixilancias en sábados e festivos son de 21 euros (m