Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2009

NOVA OFICINA XUDICIAL

 A Xunta de Galicia remitenos os primeiros documentos en relación coa nova oficina Xudicial na noso Pais, e fixa a primeira mesa de traballo para o vindeiro día 15. Os Ducumentos que nos remite podense consultar clicando a continuación:   borrador de decreto sobre Servizos Comuns Xerais borrador decreto consitución Unidades de Apoio Informe sobre implantación da Nova Oficina Xudicial informa primeira fase de implantacion e distribución territoruial  Dende a CIG estamos a estudiar os proxectos, e pedimos a todos os compañeiros e compañeiras que teñan interes no tema que nos remitan as súas aportación.

RESOLUCION COMISIONS DE SERVIZOS XULGADOS NOVA CREACI

A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos os listados de Adxudicacións provisional das Comisións de Servicios dos Xulgados de nova creación que entran en funcionamento a finais de ano. Asi mesmo se nos informa de que:   O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles: 30 de novembro, 1 e 2 de decembro. Lugar de presentación: Servizo de Persoal- fax 981546222 Con esta data remitimos estes arquivos para a súa publicación na Intranet e na páx. web da Xunta.     listado de adxudicacións provisionais   A CIG-Sector de Xustiza detectou erros na convocatoria ao non convocarse a praza de Decanato de Tui, polo que fixemos a correspondente reclamación. Alegacións feitos pola CIG A Dirección Xeral resolve definitivamente as adxudicacións.   Resolucion definitiva

V CONGRESO DA CIG-ADMINISTRACION PÚBLICA

  Baixo o lema “Por unha administración mellor, mellor en galego” A Federación da Administración Pública da CIG celebrou o sábado 21 de novembro o seu V Congreso en Vigo     No mesmo foi elexida a nova Executiva Federal que estará formada por: -María Carme López Santamariña (Nova Secretaria Xeral) -Xosé Carlos Crespo Santiago -María Xosé Santos Paz -Delmiro Durán Garrido -María Consuelo Rodríguez Rodríguez -Celso Fragueiro Martín -Carolina Castro Baamonde -Rafael Aguirrebengoa Esnaola -Manuel Facorro Casal   Mais noticias relacionadas co V Congreso Federa.   reportaxe sobre o Congeso      

INTERINOS NOVOS LISTADOS PROVISIONAIS

  A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos os arquivos coas listas provisionais das bolsas de traballo e reserva de persoal interino ao servizo da administración de Xustiza. E tamén nos informan que no día de onte foron remitidas para a súa publicación na páxina web da Consellería e  que a súa publica´ción esta prevista para o proximo martes día 17 de novembro. Os interesados en coñecelas podedes contactar cos nosos Delegados e Delegadas, xa que por mor da lei de protección de datos estimanos que as listas non deben de ser publicadas no Blog.   Publicáronse na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  ( http://cpapx.xunta.es/portal/xustiza/dxxpersoal.htm ) as listaxes provisionais de persoas excluídas e admitidas para o proceso de formación das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.   A partir do, 18 de novembro, ábrese un prazo de 10 días, que remata o 28 de novembro, para presentar reclamacións.   As re

CURSOS DE FORMACION DA EGAP

 A Xunta de Galicia da marcha atras na sus pretensión de que todos os que particiapaban nos cursos deste ano foran a Santiago a realizar o examen presencial, e acede a que se fagan as 7 grandes cidades de Galiza. A CIG, remiteu fai uns dias un escrito deste senso.   Escrito remitido pola CIG a DXX

OFERTA DE EMPREGO PUBLICO 2009-2010

  O Ministerio de Xustiza ven de confirmar que a convocatoria de emprego do ano 2009 se engade a do 2010 o comunicado di literalmente: " De conformidad con lo anunciado en la reunión de la Mesa de Retribuciones y Empleo del pasado 27 de octubre le informo de la decisión de acumular la Oferta de Empleo Público del presente año a la de el próximo año 2010 en lo relativo a las convocatorias de los distintos Cuerpos Generales y Médicos Forenses.  Sobre este asunto quiero asimismo infórmale de las siguientes actuaciones:  1º. Estamos solicitando ya información a las Comunidades Autónomas sobre los datos de plazas para el 2010 a fin de incorporarlas a la futura propuesta a Función Pública.  2º. Como se adelantó en la reunión citada esta acumulación tiene por objeto anticipar las convocatorias de la OEP 2010 al primer trimestre del año próximo, compromiso que mantiene el Ministerio de Justicia. "   comunicado remitido polo Ministerio  

A XUNTA CONVOCARA PROXIMAMENTE AS PRAZAS DOS XULGADOS DE NOVA CRE

A Xunta ven de remitirnos o borrador de Resolución do 30 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia., as prazas que se anuncian son:   Corpo de xestión procesual e administrativa   Xdo. Social Núm. 5 A Coruña A Coruña 2  Xdo. 1ª Instancia Núm. 5 Ferrol A Coruña 2  Xdo. Instancia Núm. 5 Lugo Lugo 2  Xdo. Mercantil Núm. 3 de Pontevedra sede en Vigo Pontevedra 2  Xdo. 1ª Instancia e Instrución Núm. 3 Tui Pontevedra 2   Corpo de tramitación procesual e administrativa    Xdo. Social Núm. 5 A Coruña A Coruña 4  Xdo. 1ª Instancia Núm. 5 Ferrol A Coruña 4  Xdo. Instancia Núm. 5 Lugo Lugo 4  Xdo. Mercantil Núm. 3 de Pontevedra sede en Vigo Pontevedra 2  Xdo. 1ª Instancia e Instrución Núm. 3 Tui Pontevedra 2   Corpo de auxilio xudicial  

REFORMA DO ARTIGO 521 DA LOPX

  A REFORMA DO ARTIGO 521 DA LOPX.   Na mesa sectorial do pasado día 27 de outubro celebrada en Madrid, o Ministerio presentou aos Sindicatos integrantes da mesma, entre os que estaba a CIG, unha proposta de acordo no que se comprometía a levar ao Consello de Ministros unha modificación do Regulamento de Ingreso, concretamente do Art. 39, e engadirlle un 39 bis, coa fin de rectificar a agresión aos dereitos de tódolos funcionarios e funcionarias ao Servizo da Administración de Xustiza que, como consecuencia da brutal reforma do Art. 521 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, fora aprobada o pasado 15 de outubro cos votos a favor do PSOE e do PP.   Por parte do Ministerio déusenos un prazo de 10 minutos, na propia mesa, para que estudaramos o texto do acordo e decidísemos se o aceptabamos ou non; ante esa situación, e dado que a CIG non coñecía o contido do documento e o calado do mesmo, xa lle manifestamos nese mesmo momento ao Ministerio que non o aceptabamos. A mesma postura mantiveron

CURSOS DA EGAP PARA XUSTIZA

  A EGP publica os listados provisionales de alumnos admitidos para os Cursos de formación para funcionarios e funcionarias ao Servizo da Administración de Xustiza.   Curso de "IMPLANTACION DA NOVA OFICINA XUDICIAL (A CORUÑA) curso presencial  que se impartirá os días 9-10-11-12-16-17-18 e 19 de novembro Listado provisional de admitidos   Curso de "PROCESO ABREVIADO E PROCESOS ESPECIAIS NA XURISDICIÓN CONTENCIOSO ADMINISTRATIVA. REXIMEN DE RECURSOS" curso de teleformación, a celebrar entre o  11 e o 30 de novembro. Listado provisional de admitidos   Curso de "REXISTRO CIVIL" modalidade de Teleformación, a celebrar entre 9 e 30 de novembro. Listado provisional de admitidos   Curso de "DEREITO CIVIL DE GALICIA" modalidade de Teleformación a celebrar entre o 9 e 30 de novembro Listado provisional de admitidos   Curso de "PRESENTACIONS EFICACES" modalidade de Teleformación a celebrar entre o 9 e 30 de novembro. Listado provisional de admitidos  

MINERVA NON FUNCIONA

A CIG-Sector de Xustiza denuncia o mal funcionamento do programa informático MINERVA no Xulgado de Violencia sobre a muller de Pontevedra .              O novo programa que ven a sustituir o antigo libra esta funcionando dende o mes de xuño de 2009, este programa e moito peor que o anterior, xa dende que se implantou os traballadores e traballadores do xulgado estanlle comunicando a medio de escrito a Administración as deficiencias encontradas no mesmo, sen que polo Administración lle poña remedio as mesmas.               A situación esta levando ao Xulgado de Violencia sobre a muller de Pontevedra a unha sobrecarga de traballo tal que se non se lle pon remedio de forma urxente este sumirase nun atasco moi difícil de pórlle remedio, e isto polo desidia da Xunta de Galicia, pois tanto os traballadores como o propio Sindicato, en forma reiterada tanto por escrito como en conversacións e incluso en mesas sectoriais, lle dixemos a Dirección Xeral de Xustiza, as deficiencias que se atopan

CURSOS DE FORMACION A DISTANCIA

  A vista do inicio dos cursos de formación a distancia programados pola EGAP (cursos ON LINE), nos que ao parecer se solicita a celebración dun examen presencial, A Confederacion Intersindical Galega CIG-Sector de Xustiza ven de remitirlle escrito a Dirección Xeral de Xustiza no que solicita a SUPRESION deste requisito con base nas seguintes argumentacións:   1)      A Xunta en ningún momento da convocatoria informa de que nos cursos se vai establecer un exame presencial . Polo tanto, os funcionarios que  realizan a correspondente inscripción ignoran dita circunstancia. Ainda por riba a realización do exame e centralizada cando debería ser, cando menos, descentralizada nas sete grandes cidades.   2)      Se a formación que se está a impartir é ON LINE non resulta moi lóxico fixar un exame presencial. Unha cousa e esixir unha proba para valorar o aproveitamento e outra moi distinta realizar unha proba presencial.   3)      En todo caso a administración deberá facerse cargo dos custes

RESOLUCION DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS LISTADOS DE GALICIA

 Dende a Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos a Resolución de adxudicación definitiva do concurso de traslados asi como os -Anexos de adxudicación de Galicia. xestión p.a., tramitación p.a. e auxilio xudicial e informanos que estes   soamente sairán publicados no BOE,e os - Excluídos Galicia (soamente publicados na páx. web do Ministerio de Justicia: esede.mjusticia.es) A data prevista de publicación da resolución no DOG/BOE é o 15 de outubro. resolucion definitiva de Galicia Listado definitivo de Xestión Listado definitivo de Tramitacion Listado definitivo Auxilio Listado de excluidos  

QUEREMOS GALEGO

A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela. A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda. Fran Rei sinalou que é unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, “a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día”. Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade “é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos”, dixo. Comunicado completo

CURSOS DE FORMACION DA EGAP.

CURSOS DE FORMACION DA EGAP .   Na paxina web da EGP publícanse os listados provisionais de admitidos para o curso de "IMPLANTACION DA NOVA OFINA XUDICIAL" a celebrar en Pontevedra, na sede da Consellería de Presidencia, na rúa Fernandez Ladrena -Edificio Administrativo da Xunta- curso que se celebrará durante os días 13-14-15-19-20-21 e 22 de outubro en horario de 16:00 a 20:00 horas.   listados de admitos provisionais   Tamén se publican os listados provisionais de admitidos para o curso de TELEFORMACION de " ITINERARIOS DE HABILIDADES SOCIAIS E DE XESTION DE PERSOAS", a celebrar entre o 15 de outubro e o 15 de novembro. Listado provisional de admitidos para o curso "Itinerarios de habiliadades sociais e xestion de persoas"

CURSOS DE FORMACION DA EGAP.

  CURSOS DE FORMACION DA EGAP .   A CIG. a vista do inicio dos cursos de formación a distancia programados pola EGAP, relativos aos programas informáticos EXCEL e ACCESS, solicitou a SUSPENSIÓN dos mesmos e dos prazos para o seu desenrolo, substituidoos por cursos de OpenOffice de CALC  e  BASE,  respectivamente, con base nas seguintes argumentacións:   1)      A Xunta non ten instalados nos ordenadores dos xulgados e tribunais ningunha versión nin de EXCEL nin de ACCESS, porque iso suporía o pagamento das correspondentes licenzas a Microsoft, e tal e como está a economía actual dubidamos que no futuro se vaian a instalar os mesmos.   2)      Pola contra, a Xunta si ten instalados nos ordenadores dos xulgados CALC e BASE (programas de software libre sen licenza) que substituen a EXCEL e ACCESS en todos os seus aspectos.   3)      A maioría dos traballadores  non vai a pagar a licenza correspondente de Microsoft para instalar nos ordenadores da súa casa as versións orixinais de EXCEL e

RESOLUCION DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

 O Ministerio nos remite os listados definitivos do Concurso de Traslados, informandonos tamén de que se publicarán do BOE do dia 15 de outubro. Os ceses seran de forma escalonada o día 19 de outubro os do corpo de Tramitación, e o día 26 os dos corpos de Xestión e Auxilio.     Listado definitivo corpo de Xestión Listado definitivo corpo de Tramitación   Listado definitivo corpo de Auxilio Os ceses do funcionariado producirase da seguinte forma :   Para os do Corpo de Tramitación os ceses serán o 19 de outubro Para os dos Corpos de Xestión e Auxilio serán o dia 26 de outubro   As tomas de posesión do novo destino serán no prazo de 3 días naturais seguintes ao cese se non conleva cambio de localidade, 8 días se implica cambio de localidade, 20 días naturais se implica cambio de Comunidade Autónoma, salvo que sexa Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla o prazo será de 1 mes.   Os ceses do funcionariado que comporte reingreso ao servizo activo, por atoparse activos noutro Corpo ou Esca

FORMACION CONTINUA

Esa publiada a convocatoria de cursos de Formación para o ano 2009 (2ª Convocatoria) para empregados e empregadas da Administración de Xustiza de Galicia, o prazo de matricula será entre o 22 de setembro e o 2 de outubro, para formalizar a matricula faisa a traves da paxima da Escola Galega de Administración Pública, https://egap.xunta.es/matricula/ .   os cursos ofertados son Estatuto Xurídico do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Especial atención ao poder de autoorganización da CCAA nesta materia.     100 prazas, de 30 horas a celebrar entro o 3-30 de novembro. Modificacións procesuais para a efectiva implantación da nova oficina xudicial.-  100 prazas de 30 horas a celebrar entro o 3-30 de novembro. Curso de Xurisdición Penal. Principais guías de tramitación procesual.- 100 prazas de 40 horas a celebrar entre 30 outubro-30 novembro. A Execución civil aplicación supletoria nas demais ordes xurisdicionais.- 100 prazas.- 35 horas a celebrar entre 30 outubro-30

PLAN DE INFRAESTRUTURAS XUDICIAL DE GALICIA

      O Consello da Xunta do pasado 27 de agosto aprobou un Plan de infraestruturas xudiciais con previsión de execución en duas fases unha primeira que se desenrrolará nos anos 2010-2013 e unha segunda nos anos 2014-2015, esta plan preve unha inversión de 97.678.173 Euros.   Proxecto completo aprobado pola Xunta    

SENTENCIA SOBRE COMPLEMENTO XERAL DE POSTO

  Ante a Sentencia dictada pola Sala do Contencioso Administrativo da Tribunal Supremo con data 17 de xullo de 2007, polo que se declara a nulidade do apartado primeiro da Disposición Transitoria Única do Real Decreto 1033/2007 de 20 de xullo, do Ministerio da Presidencia, polo que se determinan os postos tipo das unidades que integran a oficina xudicial e outros servicios non xurisdiccionais e as súas correspondentes valoracións, a efecto do complemento xeral de posto dos funcionarios ao Servicio da Administración de Xustiza. Anulación que conleva a actualización das nóminas de todos e cada un dos funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza de Galicia, sustituindo o Complemento Transitorio, polo Complemento Xeral de Posto fixado na Lei de Orzamentos do Estado para o ano 2007 así como para os anos 2008 e 2009. Así mesmo tamén supón  o pago de atrasos, dende xaneiro de 2007, a os  funcionarios e funcionarias destinados nos Xulgados do Contencioso-Administrativo, do Social,

NOVO LISTADO PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADO

 O Ministerio ven de remitirnos o novo listado provisional polo que se resolve o concurso de traslado. Esperamos que agora non conteña erros pero xa veremos, pois do Minsiterio de Xustiza podemos esperar calquer cousa, -Sorte a todos e todas. os listados que nos remitiron son os seguintes:   listado provisional de Xestión listado provisional de Tramitación Listado provisional de Auxilio Listado de excluidos   para comprobar o anexo III coas tuas peticións e os puntos que che adxudican Os que participáchedes no concurso revisade a vosa instancia (anexo III) na páxina do Ministerio ( http://esede.mjusticia.es ) a fin de comprobar que está correctamente grabada tal cual a enviáchedes e evitármonos así sorpresas de última hora como que nos grabaron mal un código dun xulgado que non se solicitou.   listados de adxudicacións por provincias en Galicia. Listados de Xestión Listado de Tramitación Listado de Auxilio  

concurso de traslado resolucion provisional

O ministerio de xustiza ven de mandarnos os listados provisional do concurso de traslado. O resolución sairá no BOE do dia 8 de xullo. Os listados son:   listado xestion listado tramitacion listado auxilio listado excluidos     No día de hoxe 7 de xullo as 14:20 horas recibimos o seguinte comunicado do Ministerio de Xustiza.   " OS COMUNICO QUE SE VA A VOLVER A RESOLVER EL CONCURSO PROVISIONAL , POR LO CUAL DEBEREIS RETIRAR TODOS LOS FICHEROS QUE OS ENVIAMOS AYER.     CUANDO ESTÉN LISTOS LOS NUEVOS, OS LOS MANDAREMOS OTRA VEZ.   LA RESEÑA EN EL BOLETIN OFICIAL DEL ESTADO SE POSPONE PARA EL DÍA 13 DE JULIO PRÓXIMO." Como podedes comprobar este Ministerio é totalmente incompetente para resolver un concurso a primeira, e tampouco e capaz de dar explicacións de o porque retira os listados provisionais non dí cales son os fallos. Estas cuestión son as que nos levan a afirmar que ten que ser as Comunidades Autónomas as que ten que resolver elas mesmas os concursos, podendo

CURSOS DE LINGUAXE XURIDICO PARA OS DESTINADOS FORA DE GALIZA

A Xunta remiteunos os listados de admitidos para os cursos de linguaxe xuridico galega a celebrar o mes de agosto para os compañeiros e compañeiras que estan destinados fora de Galiza, os listados e os lugares de celebracrión son: CURSO MEDIO:   Listado curso medio en Vigo listado curso medio A Coruña listado medio ourense CURSO SUPERIOR: A Xunta nos dí que por falta de solicitudes unicamente se pode celebrar un curso na Coruña, dende a CIG estamos a facer xestións para poder facer polo menos dous, pero polo momento os listados de admitidos son:   curso superior A Coruña

NOMEAMENTO DE CHARLIN COMO IRMANDIÑO

O DELEGADO XAQUIN CHARLIN FOI NOMEMADO “IRMANDIÑO” A IRMANDADE XURIDICA GALEGA NONEOU POLOS SEUS MÉRITOS A PROL DO GALEGO. O ACTO TIVO LUGAR NO PAZO DE FONSECA o Nomeamento de “irmandiños” por parte da Irmandade Xuridica Galega (IXUGA), baixo a presidencia do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Galicia Carlos Varela, do Teniente Fiscal de Pontevedra Benito Montero e do Maxistrado da Audiencia de Pontevedra Sr. Barreiro, o noso delegado Xaquin Charlín “Chon” foille entregado o titulo de “Irmandiño” e a medalla que o acredita como tal. Tamén foron nomeados entre outros o Maxistrado de Tribunal Supremo Luciano Varela, o funcionario Xexús Maria González e o letrado Sr. Estarque.

A prensa de dalle cobertura a "Rolda ...

A prensa de dalle cobertura a "Rolda de prensa da Plataforma Sindical Unitaria de Xustiza" e incluso a propia Conselleria a resposta a medio dun Comunicado colgado na súa paxima Web. Cuestión curiosa que non colga a nota de prensa feita polos Sindicatos, pero nos somos como somos mais plurales si que colgamos a nota da Xunta. Temos que decir que pese ao que na mesma dí de que se reunira con nos o día 12 ata o de agora non fomos convocados formalmente, unicamente se nos dou aviso por telefono.       NOTA DE PRENSA DA CONSELLERIA EN RESPOSTA     O conselleiro de Presidencia reunirase cos sindicatos de xustiza o vindeiro 12 de xuño   Santiago, 27 de maio de 2009.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten convocado para o vindeiro venres 12 de xuño, ás 12.00 horas, á Mesa Sectorial da Xustiza, na que estarán o conselleiro, Alfonso Rueda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e os sindicatos que representan ao sector –UGT, CC.OO., CIG, CSIF e

A PLATAFORMA SINDICAL PIDE O CESE DO SUBDIRECTOR DE XUSTIZA

As cinco centrais sindicais que representan os traballadores da Administración de Xustiza en Galicia, CSIF, CCOO, UGT , CIG e SPJ-USO decidimos comparecer diante dos medios de comunicación para trasladar a nosa preocupación polo estado da Xustiza na nosa Comunidade, para denunciar entre outras cousas: En canto a implantación das novas tecnoloxías no eido da Administración de Xustiza, as Centrais Sindicais entendemos que é necesaria e urxente a reforma tecnolóxica da Administración de Xustiza, pero que a mesma non se pode facer a consta dos traballadores, senón coa implicación e a participación deles. Neste senso, a Plataforma Sindical denuncia a actitude que durante os últimos catro meses se ven mantendo por parte da Subdirección Xeral de recursos materiais e informáticos da Administración de Xustiza, cuxo responsable enganou, ameazou e coaccionou aos traballadores, vulnerando non só os seus dereitos laborais, senón tamén os seus dereitos fundamentais mais básicos. Así podemos pór com

A CIG NA DEFENSA DO GALEGO

A CIG abandona a mesa de negociación da función pública, pois a Xunta teima en eliminar a obriga de coñecemento do galego Máis de 500 delegados e delegadas da área pública da central concentráronse en Compostela. A CIG esixiu na reunión celebrada na mañá do venres 22 de maio a retirada da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, xa que pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica. A Xunta mostrouse contraria á súa retirada, o que conlevou a que a CIG se retirara da mesa de negociación, tamén abandonaron a mesa os sindicatos CCOO e UGT, non así o CSIF. Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as É tal o odio que este goberno da Xun

OPOSICIONS

NOTAS DE CORTE CORPO DE XESTIÓN PROMOCION INTERNA   Andalucía 59 Canarias 52 Cataluña 60 Comunidad Valenciana 60 Galicia 60 Madrid 52 Navarra 55 País Vasco 60 Resto península y Baleares 60 Reserva de discapacitados en todolos ámbitos territoriais 50   DATAS APROXIMADAS DOS EXAMES.     Xestión:   2º exame de promoción: 20 xuño 1º exame libre: 28 xuño   Tramitación: 2º exame promoción: 20 xuño 1º exame libre 5 xullo     Auxilio: 2º exame libre 14 de xuño  

ACCIÓN SOCIAL ANO 2009

ACCIÓN SOCIAL ANO 2009   No DOG do día 21 de maio de 2009 publicase a Convocatoria de Acción Social para os funcionarios e funcionarias ao Servizo da Administración de Xustiza de Galicia, como xa pasou no ano pasado a CIG non participa na Mesa por nos estar deacordo cos cartos destinados a este fondo, pois pensamos que o que se ten que adicar para este fin é do 1% da masa salarial, cando a Administración adica menos o 0,5, esta mesma postura foi adoptada polos demais Sindicatos. O prazo de presentación de solicitudes sera entre o 1 de xuño e o 31 de xullo.   Convocatoria publicada no DOG

CURSOS DE GALEGO ANO 2009

CURSOS DE GALEGO ANO 2009             A Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia vai publicar en vindeiras datas as convocatorias dos cursos de galego para o ano 2009.        As convocatorias correspondende as cursos que se van realizar para o persoal de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (que se realizaran en agosto) e para o persoal destinado en Galicia (que se realizarán de setembro a novembro).       O prazo de presentación de solicitudes para ambas convocatorias finaliza o 15 DE XUÑO. Convocatoria dos cursos para os funcionarios e funcionarias destinados fora da Comunidade Convocatoria dos cursos para os destinados en Galicia   Solicitude para os cursos dos destinados fora de Galicia   Solicitude para os cursos dos destinados en Galicia  

SELECCIÓN DE VIXIANTES PARA OS EXAMES...

SELECCIÓN DE VIXIANTES PARA OS EXAMES DOS PROCESOS SELECTIVOS              O pasado día 1 de febreiro este sindicato informou de que a Xerencia estaba a buscar persoas interesadas en facer labores de vixiancia nos exames dos días 9 e 10 de maio, e que encargaba ós sindicatos a selección. A CIG xa se posicionou no seu momento defendendo a posibilidade de todos/as de facer eses labores, independentemente da afiliación ou afinidade a un ou outro sindicato, solicitando que se fixera unha selección pública, e por iso démoslle difusión ó tema e animamos a quen estivera interesado a solicitar a súa participación. Sen embargo, a Xerencia optou por seguir co sistema de selección por sindicatos, no que  a CIG se negou a participar, suxerindo que, dado que houbo compañeiros/as que enviaron correos interesándose en ser vixiantes, se nomease a esas persoas para esa tarefa. Pero ó final, nomeáronse a aquelas persoas propostas polos outros catro sindicatos (incluso algunha para facer de vixiante dou

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN SOBRE PERMI...

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN SOBRE PERMISOS E VACACIÓNS No DOG. do 23 de abril publícase a Resolución do 8 de marzo, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e procedemento da concesión de  vacacións, permisos e licenzas do persoal ao servizo da Administración de Xustiza destinado en Galicia, tanto titulares como interinos. Esta resolución foi o remate de largar negociación coa Dirección Xeral de Xustiza e supón un grande avance dos nosos dereitos no que permisos e licenzas se  refire. Nesta resolución recóllense todos e cada un dos permisos e licenzas que temos dereito, así como o procedemento, prazos e forma de solicitalos, tamén se regulan os prazos que a Administración ten para contestar as solicitudes e caso de non contestar en ditos prazos estimaríanse concedidos por silencio  administrativo. Ata que a Consellería adecúe o programa informática a este novo formato continuaranse usando aplicación informática existente. Texto completo da resolución publicado no DOG

OPOSICIONS

No BOE de data 21 de abril publicanse a resolución pola que se aproba definitivamente os listados de admitidos e excluidos dos procesos selectivos para o ingreso nos corpos de Xestión Pocesual, tramitación (acceo promoción interna e libre) e Auxilio Xudicial (acceso libre), e convocase tamén a lecelbración do primeiro examen da fase de oposición e fixanse os lugares dos mesmos.   Resolución publicada no BOE

INTERINOS

INTERINOS    No DOG do día 8 de abril publícase a resolución pola que se convocan as bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.    ·         O prazo de presentación das solicitudes comenza o día 15 de abril e remata o día 8 de maio, ambos os dous incluídos.     A convocatoria regúlase polo establecido na orde da Conselleria de Presidencia do día 10 de febreiro de 2009 (DOG 43 de 3 de marzo). Convocatoria da Bolsa de Interinos Bases que rexen a convocatoria  

CONCURSO DE TRASLADOS

No DOG e BOE do día 31 de marzo publicarase a convocatoria do concurso de traslados para o persoal ao Servizo da Administración de Xustiza. Pola Dirección Xeral de Xustiza facilitóusenos os arquivos cos codigos  coas resultas remitidas polo Ministerio de Justicia, tanto do seu ámbito territorial como das comunidades con traspaso de medios. Tamen nos achegaron, para facilitar a consulta, as resultas de Galicia por corpos, unha vez separadas do listado xeral do Ministerio de Justicia.   Os listados son os seguintes:   Resolución da Convocatoria de Galicia   Vacantes de Galicia Instancia Anexo IV alegacións   Codigos Resultas Xestión Galicia   Codigos Resultas Tramitación Galicia   Codigos Resultas Auxilio Galicia   Resultas Xestión Territorio Ministerio   Resultas Tramitación Territorio Ministerio   Resultas Auxilio Territorio Ministerio   Resultas Xestión Territorio Transferido   Resultas Tramitación Territorio Transferido   Resultas Auxilio Territorio Transferido     *Nota os codigos