Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2011

CURSOS CELGA

   Para aquelas compañeiras/os que non teñen o curso de iniciación e perfeccionamento de lingua galega indicarvos que no DOG do 14 de xaneiro aparece publicada unha orde pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga). Estes cursos, que se impartirán en escolas oficiais de idiomas, van dirixidos a calquera persoa maior de dezaseis anos que desexe certificar a súa competencia en lingua galega.    A duración de cada un dos cursos é de 60 horas lectivas. A súa realización non dá dereito a ningún tipo de certificación, xa que o seu obxectivo é o de preparar as probas conducentes á obtención dos Celga. Posteriormente cómpre presentarse aos exames que, dúas veces ao ano, convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.    O modelo de solicitude figura no anexo III da orde e a relación de cursos Celga no anexo IV. As solicitudes, debidamente cubertas, presentaranse na secretaría da escola oficial de id

MESA SECTORIAL XUSTIZA 20 DE XANEIRO DE 2011

   O pasado 20 de xaneiro celebrouse pola tarde en Compostela a mesa sectorial de xustiza a que acudiu, como tiña comprometido, o Conselleiro Sr. Rueda.     Na citada xuntanza tratáronse varios temas tales como o Plan Senda de aplicacions e infraestructuras informáticas, conferencias entre as Comunidades Autonomas, conferencia sectorial co Ministerio de Xustiza, plan de infraestructuras (edificios xudiciais), gardas de 24 horas para Vigo, Lei de Demarcacion e Planta, comarcalización de Xulgados de Violencia de Xénero, etc.    Tamén se nos deu traslado para ver de chegar a acordo da nova RPT que se prantexa implantar nas Fiscalías e da consolidación dos reforzos existentes nas mesmas así como do acordo para a implantación da NOX.    LEMBRADE TAMÉN QUE O XOVES 27 DE XANEIRO TEMOS CONVOCADA UNHA FOLGA XERAL EN TODOS OS SECTORES NA GALIZA POLA ABUSIVA REFORMA DAS PENSIÓNS QUE O GOBERNO ESTÁ A QUERER IMPLANTAR. Nota informativa mesa sectorial 20-1-2011

MESA PARITARIA INTERINOS - HORARIO - SUBST.HORIZONTAIS

   No día de onte celebrouse en Compostela unha xuntanza coa Dirección Xeral de Xustiza na que, entre outros temas, tratouse sobre a modificación e correción de determinadas eivas detectadas nos procesos de chamamento do persoal interino, sobre as substitucións horizontais e o novo horario e calendario laboral. Nota informativa Xaneiro 1-2011

TOMA DE POSESION TRAMITADORES - QUENDA LIBRE - OP2008

    Segundo se nos informou por parte do Ministerio de Xustiza, a Orde de nomeamento das novas/os compañeiras/os do Corpo de Tramitacion, que aprobarón os procesos selectivos de acceso pola quenda libre e convocados no ano 2008, publicarase no BOE do vindeiro 21 de xaneiro e teranse 20 días naturais para a toma de posesión, a contar dende o día seguinte ao da publicación. Orde de nomeamento Tramitadores - Quenda Libre - OP2008 Orde adxudicación destinos Peninsula e Baleares Orde adxudicación destinos Pais Vasco Orde adxudicación destinos Cataluña Orde adxudicación destinos  Andalucia Orde adxudicación destinos Valencia Orde adxudicación destinos Canarias Orde adxudicacion destinos Navarra Orde adxudicación destinos Madrid

PAGAMENTO ATRASOS TRIENIOS INTERINOS ANTERIORES A 2007

   O Tribunal de Xustiza da Union Europea ben de publicar a sentenza do 22-12-2010 recaída nos asuntos acumulados C-444/09 e C-456/09 sobre a interpretación da cláusula 4 do Acordo marco sobre o traballo con contrato de duración determinada, celebrado o 18 de marzo de 1999, que figura no anexo da Directiva 1999/70/CE do Consello, de 28 de xuño de 1999, relativa ao Acordo marco da CES, a UNICE e o CEEP sobre o traballo de duración determinada.    Esta sentenza xa foi aplicada de xeito favorable polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo recoñecendo aos funcionarios interinos de xustiza o dereito á percepción dos atrasos por trienios devengados con aterioridade ao 2007, data de entrada en vigor do EBFP. Sentenza Tribunal Xustiza Europeo

OPOSICIÓNS - SINALAMENTO EXAMES M.FORENSES - XESTORES - TRAMITADORES

Próximos sinalamentos para a realización de exames nas oposicións para acceso aos corpos de M.Forenses, Xestión e Tramitación, tanto da quenda libre como restrinxida. Medicos Forenses - Quenda Libre - 6 de febreiro de 2011 Xestión - Quenda Libre - 16 de xaneiro de 2011 Tramitación - Quenda Libre - 23 de xaneiro de 2011 Tramitación - Quenda restrinxida - 15 de xaneiro de 2011

CURSO PRACTICO SELECTIVO XESTION - QUENDA LIBRE - OP2008

   No marco da Orde JUS/3338/2008 do 10 de novembro, pola que se publica o proceso selectivo para o ingreso polo sistema de acceso libre ao Corpo de xestión procesual e administrativa, a Dirección Xeral de Xustiza precisa seleccionar titores cuxa función sexa realizar as accións de titoría e formación no lugar de traballo a fin de que os alumnos perfeccionen os coñecementos adquiridos na fase teórica do curso selectivo.    O período das 6 semanas de prácticas está previsto que teña lugar do 28 de febreiro ao 8 de abril , pudendo sufrir modificacións as datas sinaladas por indicación do órgano convocante.     O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 31 de xaneiro de 2011 e a retribución será de 90 euros semanais.    As instancias enviaranse á Dirección Xeral de Xustiza, sita en Praza de Europa 5A, 4ºC.P. 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), sen prexuízo da obriga de adiantalas por fax ao núm. 981 546 222.    A solicitude deberá estar autorizada polo secr

A CIG CONSEGUE MANTER O REFORZO DOS XULGADOS DE CAMBADOS

    A Dirección Xeral de Xustiza comunicou oficialmente ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Cambados que manterá, polo menos ata marzo de 2011, unha das duas prazas de funcionarios de reforzo que inicialmente ordenara suprimir o 31 de decembro.    A consellería reacciona despois de que o delegado sindical da CIG, Xaquín Charlín, expresase o seu malestar pola medida adoptada por la Xunta. Un malestar ao que se sumaron, unha semana despois, os xuices e secretarios xudiciais. Estes indicaron que os xulgados de Cambados están ao borde do colapso, e que a Oficina de Decanato deixaría de recoller escritos civis do 3 ao 11 de xaneiro pola falta de funcionarios de reforzo. Segundo Xaquín Charlín, a nova, a pesares de non ser mala tampouco é moi boa porque  ainda hai que loitar para que esa praza deixe de ser de reforzo e se consolide no cadro de persoal como tal. Charlín está convencido de que os cadros de persoal de Cambados e Vilagarcía seguen a