Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2010

CONCURSO DE TRASLADOS E REFORZOS

CONCURSO DE TRASLADOS: Segundo se nos informou polo responsable de concursos do Ministerio, no mes de xullo serán publicadas as listaxes provisorias, sen concretar a data exacta de dita publicación. REFORZOS: Rematan nas datas do seu vencemento os seguintes reforzos: *A CORUÑA - Xulgado Vixianza Penitenciaria da Coruña - Instrución nº1 de Santiago - Xulgado Mixto de Ribeira *OURENSE -Xulgado Instrución nº1 de Ourense *PONTEVEDRA -Xulgado Instrución nº 3 de Vigo -Xulgado Mercantil nº 2 de Pontevedra -Xulgado Instrucción nº 2 de Pontevedra -Xulgado Mixto Tui nº1 En relación coas peticións de prorrogas de prolongacións de xornada, quedan todas supendidas durante os meses de xullo, agosto e setembro, agás as que correspondan aos xulgados de violencia de xenero e secretaría coordinación provincial Non se accedeu as peticións dos novos reforzos e tampouco as novas prolongacións de xornada.

CURSO PRACTICO - PROMOCION INTERNA - XESTION GALIZA

Habendo superado a fase de concurso-oposición 14 funcionarios, cómpre a superación do período de prácticas como parte do proceso selectivo, que consonte o establecido na base 6.7. da devandita Orde, terá unha duración de 4 semanas, a saber: 1 semana de formación teórico-práctica relativa aos procedementos xudiciais e expedientes do Rexistro Civil, ferramentas informáticas e medios técnicos na Administración de Xustiza, e outras 3 semanas de prácticas tuteladas en órganos xudiciais, excepto os aspirantes que se atopen na situación sinalada na base 6.7.2. da dita Orde. É por isto, que cómpre anunciar que para os alumnos concorrentes polo territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a fase teórica comezará o vindeiro 13 de setembro, ás 8.30, e rematará o 17 de setembro ás 14.30 horas . Os alumnos deberán presentarse ás 8.30 na EGAP, Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela . Para calquera dúbida ou aclaración, poderedes dirixirvos á Dirección Xeral de Xustiza, a través do teléfono 881. 997

CURSOS LINGUAXE XURIDICA - PERSOAL DE FORA DA COMUNIDADE AUTONOMA

Por parte da Dirección Xeral de Xustiza acaba de darsenos traslado das listaxes definitivas do persoal ao servizo da Admón de Xustiza destinado fora da Comunidade Autónoma, seleccionado para realizar os cursos de linguaxe xurídica galega. Resolución publicación listaxes definitivas Curso LXG Medio - Vigo Curso LXG Superior - A Coruña Curso LXG Superior - Ourense Listaxe de excluidos

OPOSICIÓNS 2010 - AUXILIO, TRAMITACIÓN, XESTIÓN E M.FORENSES

Hoxe 22 e xuño saiu publicada a convocatoria de oposicións para acceso pola quenda libre e restrinxida do persoal ao servizo da Administración de Xustiza nos corpos de Auxilio, Tramitación, Xestión e M.Forenses. O prazo de presentación de instancias é do 23 de xuño ao 12 de xullo de 2010, ambos inclusive Resolución convocatoria Auxilio Resolución convocatoria Tramitación Resolución convocatoria Xestión Resolución convocatoria M.Forenses Instancia para presentación

REXEITAMENTO Á REFORMA LABORAL

A CIG avaliou esta mañá, en rolda de prensa, como moi “graves” os recortes laborais que se introducen na proposta de reforma laboral presentada polo goberno que se aprobará mañá no Consello de Ministros. Respecto da convocatoria de folga xeral, Suso Seixo, secretario xeral, considerou “un erro” atrasala até setembro e responsabilizou a CCOO e UGT de “arrastrarnos” ás portas do verán, malia coñecer con anterioridade os regresivos contidos da mesma. Á espera de que se confirme na xuntanza do Secretariado, que terá lugar o próximo venres día 18 de xuño, adiantou que a CIG participará na folga xeral con todas as súas forzas pero, probablemente, cunha convocatoria de actos por separado. Nova en paxina web Nota informativa en pdf Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo

"As TIC ante o reto da Modernización da Xustiza"

Con este título tan de moda celebráronse o 14 de xuño en Compostela unhas xornadas sobre a modernización da administración de xustiza en Galiza. Nas mesas que houbo e que remataron o seu discurso sobre as 13,00 horas, moito se falou de necesidades pero poucas solucións se aportaron a curto-medio prazo para solucionar os innumerables problemas que acucian na nosa comunidade á informática xudicial en xeral e as novas tecnoloxías en particular. O único que sacamos en claro (e a ver se se reflicte así nos orzamentos da comunidade autónoma) e que Galiza vai adicar de aquí ao ano 2014 uns 34 millóns de euros para a modernización da administración de xustiza (equipamentos, software, formación, etc.). En definitiva, moi bonitos os discursos e as presentacións informáticas en "PowerPoint", pero poucas solucións para o día a día. O que máis nos defraudou das xornadas foi que, estando presente o representante ministerial Sr. De La Mata Amaya, Director Xeral de Modernización do Minister

CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES

Convócase concurso de traslados de Médicos Forenses. A data de publicación no DOG será o vindeiro 16 de xuño.O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais seguintes ao da publicación no BOE/DOG. Resolución convocatoria concurso 6/5/2010

ADXUDICACIÓN PRAZAS AUXILIO - QUENDA LIBRE

A Orde de 4-6-2010, pola que se lle adxudican destinos aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Auxilio Xudicial, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/3337/2008, de 10 de novembro, e cuxas plazas desertas foron anunciadas pola Orde JUS/1065/2010, de 15 de abril (BOE 30-4-2010), está previsto que se publique no Boletín Oficial do Estado do vindeiro 18 de xuño. A relación de adxudicatarios coas súas prazas será publicada a semana que ven (7-11 de xuño) na páxina web do Ministerio. Orde JUS/1610/2010 de nomeamento - Corpo Auxilio Orde outorgamento de destinos - Ministerio Orde outorgamento de destinos - Pais Vasco Resolución outorgamento de destinos - Catalunya Resolución outorgamento de destinos - Andalucia Resolución outorgamento de destinos - Valencia Resolución outorgamenteo de destinos - Canarias Resolución outorgamento de destinos - Navarra Resolución outorgamento de destinos - Madrid