Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

COMISIÓNS DE SERVIZO EN TERRITORIO MINISTERIO - ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a convocatoria 1/2021 de comisións de servizo. Co obxectivo de dotar de persoal aos postos de nova creación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 7 de Molina de Segura para o 31 de marzo de 2021, anúnciase a súa provisión temporal co fin de que o persoal funcionario interesado poida solicitar, de forma voluntaria, a oportuna comisión de servizo. As solicitudes deberán presentarse no prazo de cinco días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no sitio web do Ministerio de Xustiza. Para iso, remitirase o escrito de solicitude escaneado ao seguinte correo electrónico:   medios.personales@mjusticia.es Ligazón convocatoria: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Convocatoria%2001-2021.pdf

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE INTERINOS DA COMUNITAT VALENCIANA

Ditouse no día de hoxe Resolución da Dirección Xeral de Modernización e Relacións coa Administración de Xustiza , pola que se aproba a publicación provisional das bolsas de Traballo dos corpos de Médicos Forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza na Comunitat Valenciana. Ligazón Resolución: http://www.justicia.gva.es/documents/19318332/173064657/RESO+26-02+LISTADOS+PROVISIONALES+BOLSAS.odt_firmado+%281%29.pdf/75cd8e1f-745c-450a-8bab-94f9ab17ade4 Ligazón Listaxes Admitidos: http://www.justicia.gva.es/documents/19318332/173064657/Anexo+I-+Admitidos.pdf/4d8ef084-e801-4ebd-99c2-47ada0514f4f Ligazón Listaxes de Excluídos: https://drive.google.com/file/d/11d3dDB7EWYEV-WcNQHANOAvngYH-xxzR/view?usp=sharing Ligazón Listaxes Non Admitidos: http://www.justicia.gva.es/documents/19318332/173064657/Anexo+III-+No+admitidos.pdf/8f2a7aa4-137f-439e-b8bf-3d9c2f25eaa6

RECOLLIDA DE DATOS PARA O SERGAS E PETICIÓN DE CRIBADOS

Aínda que nos Xulgados da Coruña a autoridade sanitaria galega ven de acordar un cribado masivo voluntario, non se sabe se pola incidencia existente na poboación da Coruña ou por calquera outro motivo xustificado, ante algunhas consultas de compañeiras/os sobre unha campaña de presentación de instancias para solicitar a participación nas campañas de cribado que está a realizar sanidade e, tamén co obxecto de facilitar os datos persoais a efectos de cesión dos mesmos ao Sergas, desde a CIG queremos manifestar o seguinte: 1) En canto á primeira das peticións contida nos escritos que andan a circular (nos que non consta a que organismo se dirixe a citada solicitude), comentar que descoñecemos se a día de hoxe o cribado acordado nos xulgados da Coruña se vai a extender ao resto do país e, como xa nos contestou sanidade o pasado 24/02/2021, entenden que un colectivo do 6% da poboación (o referido aos colectivos de MUXEXU, MUFACE e ISFAS) non é o suficientemente relevante como para ter que a

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 17 de febreiro para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible ademais na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1X801g4t5PzJEl52naGKzRS8ENZI-ggGm/view?usp=sharing  

A CIG DENUNCIA OS CESES PRESENCIAIS OBRIGADOS POLA COMUNIDADE DE MADRID

O Sector e Xustiza da Federación de Administración Pública da Confederación Intersindical Galega denuncia publicamente e ao mesmo tempo formulou reclamación ante  a "Dirección General de Recursos Humanos y Relaciones con la Administración de Justicia" polo feito de que os funcionarios de Xustiza que teñen que cesar no seu posto na Comunidade de Madrid estean obrigados a facelo de xeito presencial , no canto de facerse co certificado dixital de xeito electrónico, como ocorre no resto de comunidades. Refírese aos funcionarios que están en comisión de servizo noutras comunidades autónomas, como Galiza, e que teñen que cesar como consecuencia da resolución definitiva do concurso de traslados ordinario. Ligazón CONFILEGAL: https://confilegal.com/ 20210225-cig-denuncia-que-a- los-funcionarios-de-justicia- que-tienen-que-cesar-en- madrid-se-les-obligue-a- hacerlo-presencialmente/ Ligazón escrito presentado:  https://drive.google.com/file/d/1j1azhEhiRVHJHO8Rf220sW2XayPsoxkc/view?usp

MOITOS MUTUALISTAS DE MUXEXU TEÑEN QUE GARDAR A SALIVA PARA OUTRAS COUSAS MÁIS IMPORTANTES

Un dos departamentos da Consellería de Sanidade ven de dar resposta a unha das peticións realizadas fai uns días pola CIG, en relación coa posiblidade de levar a cabo cribados voluntarios nas oficinas de farmacia de todo o país a través de mostras de saliva, dentro da campaña xa deseñada pola Consellería de Sanidade. En esencia, a Subdirectora xeral de programas de fomento de estilos de vida saudable (todo un nome para unha subdirección), Silvia Suárez Luque, e a quen lle agradecemos a sú extensa contestación, entende que o 6% da poboación, pertencente a colectivos tan importantes como o de mestres, militares e persoal de xustiza, non é merecedor desta atención e parece como que resulta innecesario levar o esforzo de contactar con eses colectivos, a través das súas respectivas mutualidades, para extender aos mesmos unha campaña xeralista como a implementada nestes días polo departamento que dirixe o conselleiro Julio García Comesaña, máis que nada por un principio de igualdade e non di

PETICIÓN DE REUNIÓN DA COMISIÓN PARITARIA DE PERSOAL INTERINO

Á vista da  grave problemática que esta a xurdir coas contratacións de persoal interino das listaxes do SPEG, da diferenza de criterios nas baremacións, na selección limitada das/os candidatas/os e, por riba, a toma de decisións unilaterais por parte dalgunha Xefatura territorial, no día de hoxe SOLICITAMOS Á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA A URXENTE CONVOCATORIA DA COMISIÓN PARITARIA DE INTERINOS, regulada no art. 5.1 da ORDE do 4 de outubro de 2018, sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, ao marxe da mesa de negociación prevista para tratar a modificación da referida orde.

A CONSELLERÍA DE SANIDADE NON CONCRETA COMO VAI VACINAR AOS MUTUALISTAS DE MUXEXU

Despois de varios escritos dirixidos á Consellería de Sanidade, esta segue sen concretar e comunicar como se vai a producir a vacinación do persoal da MUXEXU adscrito as entidades privadas de saúde. Así mesmo trasladámoslle a dita consellería toda a problemática existente en relación coa a realización de probas PCR, de antíxenos, serolóxicas ou de anticorpos para ese mesmo persoal, así como dos distintos e diversos criterios aplicados nos casos de positivos detectados nos órganos xudiciais, decisións de aillamento e/ou confinamento, etc. Seguimos polo tanto agardando que a alguén da Consellería de Sanidade se lle acenda a bombilla e poda contestar claramente aos pedimentos realizados desde esta central sindical. Ligazón escrito 25/01/2021: https://drive.google.com/file/d/1GO0Hb99uPTGuE_z-TgVgZ4J_VaWKNyMs/view?usp=sharing Ligazón escrito 09/02/2021: https://drive.google.com/file/d/1KK34SfBTV0UmzadWVvOgdIgovm7FSJBK/view?usp=sharing Ligazón escrito 11/02/2021: https://drive.google.com/fil

CORRECCIÓN ERROS CONCURSO DE TRASLADOS

Hoxe publicouse no DOG unha corrección de erros da Resolución do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 28 de xullo de 2020.     https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0595-220221-0001_gl.pdf

PRAZO POSESORIO PARA O PERSOAL QUE CONCURSOU E SE ATOPA NUNHA COMISIÓN DE SERVIZOS

Segundo informou a Dirección Xeral de Xustiza, para o prazo posesorio daquelas compañeiras/os que estaban nunha comisión de servizos e que obtiveron destino no concurso de traslados, terase en conta para establecer a duración do mesmo o destino de orixe non o actualmente desempeñado na comisión de servizos.

RECLAMACIÓNS CONTRA A TRAXECTORIA PROFESIONAL

Lembramos a aquel@s interin@s que teñan solicitado a traxectoria profesional e se lles teña comunicado a súa denegación, que teñen dous meses para interpoñer a demanda correspondente. Este sindicato pon a disposición de quen o precise a súa asesoría xurídica, que xa ten formuladas varias demandas ao respecto.

CONSÚMASE A ILEGALIDADE DA ADMINISTRACIÓN NO CESAMENTO DAS SUBSTITUCIÓNS

Hoxe consumouse a ilegalidade perpetrada pola Dirección Xeral de cesar a compañeir@s na substitución que viñan desempeñando por unha causa non prevista na normativa. A Dirección Xeral non deu  ningunha resposta explicativa de tal feito, limitándose a pedirnos que recorramos eses cesamentos. Fronte á claridade das nosas exposicións, non teñen argumentos, polo que se nos ocorre que poida haber algún interese escuro detrás, como por exemplo cesar a algunha substituta/o en concreto. A isto únese o silencio cómplice dos tres sindicatos asinantes do acordo. Quizais forme isto parte tamén do acordado ou simplemente unha mostra más da súa submisión, ineptitude e inoperacia manifesta.

FOLGA DE MULLERES O 8 DE MARZO

A CIG convoca folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo de 2021, no “Día internacional das mulleres traballadoras”. Fronte a que poida pensar que non é o momento de convocar unha folga, nunha Galiza con peches perimetrais, con limitacións de mobilidade e mesmo toques de queda, desde o feminismo de clase consideramos que urxe manifestarnos e combater nas rúas os ataques aos nosos dereitos, porque se algo evidenciou a pandemia é que as mulleres seguimos condenadas polo sistema a sufrirmos as máximas consecuencias da crise.  Ligazón argumentario da folga de mulleres: https://drive.google.com/file/d/1DozC6UlVixfKFbhJbLmbVAWHxlMniBjM/view?usp=sharing Ligazón mobilizacións comarcais: https://drive.google.com/file/d/1EH6VPDBV5wxpHoG9nHEmOfYAzZgfY7IR/view?usp=sharing

DENUNCIA ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO - ESCALEIRA DE INCENDIOS PONTEVEDRA

A  CIG ven de denunciar ante a Inspección de Traballo o estado da escaleira de incendios da Parda que, a pesares das múltiples recomendacións e advertencias dos equipos de prevención da Xunta, en anos sucesivos, segue a non cumprir coa legalidade vixente, xa que a súa saída é completamente inoperativa nestes momentos. Ligazón denuncia: https://drive.google.com/file/d/1jJQ-cZk76xFQ6jneuXINby9FLP0INip4/view?usp=sharing  

PUBLICADA NO BOE E NO DOG A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO

Hoxe saiu publicada no BOE e no DOG A RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 28 de xullo de 2020. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210219/AnuncioG0595-150221-0004_gl.pdf Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2021/02/19/pdfs/BOE-A-2021-2581.pdf  

CURSOS FORMACIÓN EGAP - CORPOS XERAIS - TRABALLADORAS/ES SOCIAIS - PSICÓLOGAS/OS

No DOG de hoxe publicouse pola EGAP a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioO150-100221-0001_gl.pdf   Area Matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula Cursos corpos xerais: FC21134  e   FC21136  (pax 13) https://egap.xunta.gal/fichacurso/index/16609 https://egap.xunta.gal/fichacurso/index/16600 Psicólogos e Traballadores sociais  do IMELGA: FC21021 (pax 18) https://egap.xunta.gal/fichacurso/index/FC21021 FC21024 (pax 19) https://egap.xunta.gal/fichacurso/index/FC21024  

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INTRANET o 17/02/2021, o aviso d e prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 18, 19 e 22 de febreiro.     A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera un dos seguintes medios:   Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/12AZPH2apsqg7mLn5_xwqeyf7AxA0zm-Z/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

CONVOCATORIA BOLSA DE INTERINOS CANARIAS

No Boletín Oficial de Canarias publicouse pola "Dirección General de Relaciones con la Administración de Justicia" a Resolución de 10 de febreiro de 2021, pola que se convoca proceso selectivo para a constitución de listas de emprego dos Corpos de Médicos Forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza en Canarias. Ligazón convocatoria: http://sede.gobcan.es/boc/boc-a-2021-032-747.pdf

CURSOS BÁSICOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

A Escola Galega de Administración Pública ven de publicar a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210216/AnuncioO150-040221-0001_gl.pdf

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS CONCURSO DE TRASLADOS

Agora si, o Ministerio acaba de publicar na súa páxina web as listaxes defintivas do concurso de traslados convocado pola Orde JUS/808/2020, de 28 de xullo. Data de publicación prevista no BOE: 19-02-2021. Ligazón Orde de publicación: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/160221_ORDENJUS_20210211_CONCURSO%202020.pdf Ligazón listaxes Xestión: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/150221_GESTI%C3%93N%20PA.pdf Ligazón listaxes Tramitación: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/150221_TRAMITACI%C3%93N%20PA.pdf Ligazón listaxes Auxilio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/150221_AUXILIO%20JUDICIAL.pdf Ligazón excluídos: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/150221_EXCLUIDOS%20%20TOTALES%202020.PDF

A CIG SOLICITA A RECTIFICACIÓN DAS INSTRUCIÓNS DE CESES E TOMAS DE POSESIÓN

O pasado venres día 12 a Dirección Xeral enviou a este sindicato un documento no que se incluían as instrucións sobre ceses e tomas de posesión derivados da resolución definitiva do concurso de traslados convocado por Resolución do 28 de xullo de 2020. Nas citadas instrucións estableceuse que o persoal funcionario titular que obtivera praza no concurso, tería que cesar no seu anterior destino definitivo e máis no destino que, no seu caso, ocupara en substitución ou en comisión de servizos. Por considerar manifestamente irregular o citado documento, a CIG ven de solicitar que se rectifique urxentemente a Instrución ditada, eliminando o cesamento nas substitucións e nas comisións de servizo do persoal, polo simple feito de ter obtido destino no concurso de traslados. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1vmsnBnkoGE4k54mlZkQwEWhhbnpM8eWM/view?usp=sharing

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA TOMA DE POSESIÓN - CONCURSO DE TRASLADOS

Para aquelas compañeiras/os que veñan de fora de Galiza, ademais da seguinte documentación: Fotocopia do DNI - Cese - Certificado ou copia dos trienios recoñecidos - Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o número de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUGEJU. - Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados na Administración da que procedan (A certificación deberá de indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2020 que, no seu caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas). Resulta imprescindible remitir tamén, debidamente cubertos, os seguintes modelos: Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios): https://drive.google.com/file/d/1aKuSZCCo7Tkfp259_9EWcSYiDcoidmNW/view?usp=sharing   Modelo 145 de retencións IRPF: https://drive.google.com/file/d/1F27uUbBUEDzxhGrOJBcyz8AYHKFK4VT_/view?usp=sharing

CADRO DE RETRIBUCIÓNS DO ANO 2021

No DOG de hoxe, 15 de febreiro, publicase a ORDE do 8 de febreiro de 2021 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2021. Ligazón cadro retribucións: https://drive.google.com/file/d/1XSnkzKWtTv48bh5Gc16IdZUzbZc5yYyp/view?usp=sharing Ligazón Orde:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210215/AnuncioG0597-080221-0001_gl.pdf

INSTRUCIÓNS A SEGUIR PARA AS TOMAS DE POSESIÓN E CESAMENTOS

Remitíusenos pola Dirección Xeral de Xustiza a Instrución relativa ao concurso de traslados de 2020, que se publicará na intranet de Xustiza ( http://intranet.xustiza.gal ), e no sitio web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo ( https://cpapx.xunta.gal/ concursos-de-traslados ), a fin de concretar o procedemento a seguir para os cesamentos e as subseguintes tomas de posesión. Ligazón Instrución: https://drive.google.com/file/d/1waxegryy6BRTvo8690XIM38CmWjnpsdU/view?usp=sharing

CURSOS LINGUAXE XURÍDICA GALEGA - PERSOAL DESTINADO NA GALIZA

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia neste ano 2021.  Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210212/AnuncioO150-050221-0001_gl.pdf

CURSOS LINGUAXE XURIDICA GALEGA - PERSOAL DESTINADO FORA DE GALIZA

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210212/AnuncioO150-050221-0002_gl.pdf

PUBLICACIÓN OFICIAL LISTAXES CONCURSO DE TRASLADOS

Postos en contacto co Ministerio de Xustiza ven de confirmarnos que non enviou a ningunha organización sindical as listaxes definitivas correspondentes ao concurso de traslados. En todo caso, alá cada quen coa súa responsabilidade por distribuir e publicar listaxes non oficiais e das que non esta autorizado a facelo, e coa posibilidade de denuncias por parte das interesadas/os a Axencia de Protección de Datos. No momento que o Ministerio nos traslade e autorice a difusión das listaxes oficiais así volas faremos chegar a través desta mesma canle.

ESTE É O CONSELLO XERAL DO PODER XUDICAIL DO SÉCULO XXI

Moito vir o Sr. Lesmes (presidente do CXPX) a comprobar o estado do novo edificio xudicial de Vigo e dicir que esta é una obra fabulosa para a xustiza do século XXI (por certo, podería terlle preguntado ao presidente da xunta, Sr. Feijoo, polo desfase de millóns de euros existente nesa obra, de 27 a 40) e, sen embargo, o CXPX que dirixe en funcións o Sr. Lesmes danos unha contestación do século XIX en canto a dixitalización de dito CXPX. A CIG solicitoulle ao CXPX o pasado 19/01/2021 que o acceso á comunicación coas salas de goberno dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza, naqueles temas gobernativos da súa competencia, se puidera realizar de xeito dixital, ben a través dun correo electrónico habilitado ao efecto, ben a través da propia sede electrónica do CXPX, a fin de que calquera cidadán puidera contactar fehacientemente con eses organismos en base a información que se facilitara na páxina web. Pois a resposta do CXPX é remitirnos ao papel escrito e nada do tema dixital, conc

COMUNICADO MUXEXU SOBRE VACINACIÓN MUTUALISTAS

A Mutualidade Xeral Xudicial (Muxexu) acaba de emitir un comunicado no que se informa das actuacións dirixidas a asegurar a vacinación de mutualistas fronte á COVID-19. As vacinas son de adquisición centralizada, de modo que son proporcionadas polo Ministerio de Sanidade, e a súa administración corresponderá en todo caso aos recursos, centros e hospitais que decidan os servizos públicos de saúde. Nesta liña, o colectivo de mutualistas será vacinado polo Sistema Nacional de Saúde, de igual forma que o resto da poboación xeral. É dicir, a vacinación do colectivo da Muxexu está garantida, tanto para os mutualistas e beneficiarios adscritos aos servizos públicos de saúde das comunidades autónomas e ao INGESA coma para os adscritos a entidades de seguro libre. Ligazón comunicado: https://drive.google.com/file/d/1B6l63LCfzBlh3rKAGbkvC7Y5RtEf0lXI/view?usp=sharing

VALORACIÓN PROVISIONAL MÉRITOS OPOSICIÓNS MÉDICOS FORENSES - 2019

Publicouse na páxina web do Ministerio de xustiza o Acordo do 1 de febreiro de 2021 do tribunal cualificador do proceso selectivo para acceso pola quenda libre ao corpo nacional de médicos forenses (Orde JUS/626/2019, de 28 de maio), polo que se fai pública a valoración provisional de méritos da fase de concurso e do coñecemento das linguas oficiais das  ccaa. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acuerdo%20publicacion%20meritos_signed.pdf Ligazón listaxe méritos:  https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/LISTADO%20DE%20%20M%C3%89RITOS%20MF19.pdf

MOBILIZACIÓNS "SAÍDA GALEGA XUSTA DA CRISE"

Centos de persoas mobilizáronse este domingo por todo o país, convocadas pola CIG, para reclamar unha #SaídaGalegaXusta da crise Paulo Carril, Secretario Confederal, chama a intensificar a loita obreira para forzar a posta en marcha de políticas que permitan iniciar unha auténtica recuperación económica e social Vídeo en youtube: https://youtu.be/z5m3_VS8rUk Facebook: https://bit.ly/3q0GLHk   Twitter: https://bit.ly/3oSIWvi ℹ️ +INFO: https://bit.ly/3aKBs8r

PLAN DE FORMACIÓN 2021 INAP

No BOE do  5 de febreiro publicouse a Resolución de 2 de febreiro de 2021, do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), pola que se publica o Plan de Formación 2021 e se establece o rexime xeral de convocatorias de accións formativas para 2021 e se convocan determinadas actividades formativas do programa de desenvolvemento profesional continuo. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2021/02/05/pdfs/BOE-A-2021-1708.pdf Ligazón buscador cursos: https://buscadorcursos.inap.es/

CORRECCIÓN ERROS COMISIÓNS DE SERVIZO

Advertido un erro na Resolución do 4 de febreiro de 2021 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, publícase a correspondente corrección de erros.  O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo). Ademais, as solicitudes deberán adiantarse, no citado prazo de cinco (5) días hábiles, ao correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, para axilizar a súa tramitación. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1pO5uqCJ_0bMzq4u78mAHGqZtA8CHxf9j/view?usp=sharing

PRÓXIMA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio de Xustiza ven de remitirnos a Orde definitiva de publicación do concurso de traslados convocado pola Orde JUS/808/2020, de 28 de xullo. Confirmase que as listaxes coa adxudicación definitiva estarán a semana que ven. A previsión de publicación no BOE é o 19/02/2021 . Cesamentos: Tramitación PA: 22/02/2021. Xestión PA e Auxilio X: 26/02/2021.   Ligazón Orde definitiva: https://drive.google.com/file/d/17apm-kULpZT4Zzvv7VJ4Hlft3j9sSp5p/view?usp=sharing

CONVOCATORIA COMISIÓNS DE SERVIZO ÓRGANOS NOVA CREACIÓN

No día de hoxe ven de de publicarse na intranet a Resolución do 4 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza , pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será do 08/02/2021 ata o 12/02/2021 . Ligazón Resolución: https://drive.google.com/file/d/1k3cBPJz9VryUvOvhBj5yO2qqs8spWADD/view?usp=sharing

PRÓXIMA CONVOCATORIA COMISIÓNS DE SERVIZO ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Comunicóusenos pola Dirección Xeral de Xustiza que, durante esta semana, está prevista a publicación na intranet de xustiza ( http://intranet.xustiza.gal ) e, no sitio web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo  ( https://cpapx.xunta.gal/ comisions-de-servizo ), da resolución  pola que se convocará a provisión, en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo en órganos de nova creación, entre o persoal dos distinos corpos e escalas da Administración de Xustiza.

A CIG REITERA O REFORZO PARA O XULGADO Nº 1 DE CALDAS DE REIS

Resulta que, recentemente, tras manter unha conversa co Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra, reiteramos a petición de reforzo do Xulgado de Caldas de Reis nº 1, un dos poucos xulgados mixtos (por non dicir o único que debe quedar nesta situación) que, a pesares de ter encomendada as tarefas do Rexistro Civil, carece do aumento no seu cadro de persoal  dun funcionario máis do corpo de tramitación ou de xestión (mellor deste corpo, porque pode asinar no rexistro civil) que, xustamente, todos os órganos dese tipo teñen establecido agás o xulgado de Caldas de Reis, que leva penando máis de tres anos, ben porque se lle nomee un reforzo, ben porque se xestione a creación da praza correspondente no cadro de persoal dese órgano xudicial.  Consultada a Dirección Xeral de Xustiza só se nos acusou recibo da petición; consultado o Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra, indicóusenos que leva reiterando dito reforzo desde hai máis de dous anos; e, consultado o TSXG indicóusenos

HABILITADO O NOVO SISTEMA DE XUSTIFICANTES DE ENTREGA

Habilitouse para todos os órganos xudiciais de Galicia a posibilidade de enviar e descargar electronicamente as confirmacións de recepción (probas de entrega electrónica) a través do servizo de correos, suprimíndose así as cartolinas de cor rosa. O envío de comunicacións con confirmación da recepción a través de correos.es permite a descarga do xustificante de entrega por medios electrónicos e facilita a súa incorporación ao procedemento xudicial ao que corresponda sen necesidade de escanear ningunha documentación, a través dunha simple operación informática. Na seguinte ligazón podes acceder á Guía explicativa da xestión destas probas de entrega electrónica.  Acceder á guía Tamén a podes atopar na intranet, no apartado de Documentación da   Comunidade Virtual de Aprendizaxe

CURSOS PREPARATORIOS LINGUA GALEGA - CELGA 1, 2, 3 e 4

No DOG do 3 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A). Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua. As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da pro

CAMPAÑA ANUAL DE VIXILANCIA DA SAÚDE

No DOG do 3 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade á *campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2021* no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.     A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza). O prazo de inscrición rematará transcorridos 3 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2021/20210203/ Anunci

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

P ublicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 18 de xaneiro para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet  e na seguinte ligazón:  https://drive.google.com/file/d/185eBjjetzVnx5amcHES_3mjGPDryyR-3/view?usp=drivesdk

CURSOS IDIOMAS EGAP

No DOG de hoxe, 1 de febreiro, publicouse a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).                                                                          https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210201/AnuncioO150-210121-0001_gl.pdf Matrícula: dende as 8 horas do 2 de febreiro ata as 23.55 horas do 15 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a dúas. Máis información en: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3574