jueves, 30 de mayo de 2013

A LOITA SI QUE VALE - MESA SECTORIAL 29-05-2013






A PRESIÓN SINDICAL, LEVANTÁNDONOS DA MESA, E O IMPORTANTE SEGUIMENTO DAS MOBILIZACIÓNS DO PASADO DÍA 22 DE MAIO OBRIGAN Á DXX A RECOÑECER OS 3 DÍAS DE LIBRANZA E A FLEXIBILIDADE HORARIA

DÍAS DE LIBRANZA E FLEXIBILDADE HORARIA
A decisión unánime de abandonar a mesa levada a cabo por CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG, sindicatos con representación na Mesa Sectorial, e o apoio dos traballadores nas mobilizacións convocadas o pasado día 22 de maio nas sete grandes ciudades de Galicia, obriga á Administración a rectificar a súa negativa a:
1º Recoñecer a discriminación dos funcionarios de Xustiza con respecto do resto de funcionarios doutras administración
A partires do PRIMEIRO DE XUÑO todos os funcionarios, de maneira voluntaria, poderán acumular as horas traballadas por enriba das 7 horas diarias obrigatorias (en cómputo mensual), ata alcanzar un máximo de 22 horas e media en cómputo anual equivalentes a 3 días de libranza.
Esta foi a principal razón de levantármonos da Mesa Sectorial o pasado día 8 de maio
2º Negativa a cumprir coa “flexibilización do horario fixo” recollida na normativa de permisos e licenzas. Neste punto a administración non tivo máis que aceptar a obviedade, é dicir, que o traballador ten o dereito a converter 1 hora do horario fixo, para conciliar a vida laboral e familiar,  en 1 de horario flexible. Tal e como esta a pasar a día de hoxe.

lunes, 27 de mayo de 2013

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día de hoxe algunha das  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo.


Adxudicacións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oMDJKUVhES2ZTeTg/edit?usp=sharing

Novas substitucións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oYmZlM2Fmbm9FZ00/edit?usp=sharing

jueves, 23 de mayo de 2013

PUBLICACIÓN SIMULTÁNEA DE SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS-HORIZONTAIS

   Por parte da Dirección Xeral de Xustiza comunicóusenos que no sucesivo e, para axilizar a tramitación das provisións de postos de traballo mediante substitucións, procederase á publicación simultánea na intranet durante tres días hábiles, tanto das substitucións verticais coma das horizontais.

lunes, 20 de mayo de 2013

CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA

   No DOG de hoxe 20 de maio sae publicada a resolución pola que se convocan os cursos de linguaxe xurídica galega, en modalidade de teleformación, para o persoal destinado dentro e fora da comunidade autónoma. Convocaranse as seguintes edicións de nivel medio e superior:

Medio:

  




Superior:

   



   O persoal que desexe participar nalgún dos cursos convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP , non sendo admisibles outras formas de solicitude.
   O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e dicir, o 30 de maio de 2013

miércoles, 15 de mayo de 2013

CURSOS FORMACIÓN EGAP PARA TRABALLADORES DE XUSTIZA

   No DOG de hoxe 15 de maio saíu publicada a convocatoria de cursos de formación para traballadores da administración de xustiza en Galiza.
   As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes (16 de maio) e ata as 14.00 horas da data de finalización o vindeiro 25 DE MAIO. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
   O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco. Serán excluídos automaticamente aqueles solicitantes que presenten solicitudes para máis de cinco cursos.

 

martes, 14 de mayo de 2013

CONVOCATORIA ACCION SOCIAL 2013

   No DOG de onte 13 de maio saíu publicada a convocatoria de axudas de acción social para este ano 2013, exclusivamente do programa para persoas con discapacidade física, psíquica o sensorial. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles que finalizan o vindeiro 31 DE MAIO. As solicitudes deberán de cubrirse a través da OPAX.

jueves, 9 de mayo de 2013

NOTA CONXUNTA TRAS O ABANDONO DA MESA DE NEGOCIACIÓN



O DIRECTOR XERAL, JUAN JOSÉ MARTÍN ÁLVAREZ, CUNHA ACTITUDE FASCISTA, REVENTA AS NEGOCIACIÓNS E IMPLANTA O TOTALITARISMO NAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS  TRABALLADORES DA XUSTIZA EN GALICIA.
Tras varios meses de negociación  nos que conseguimos minimizar algúns dos recortes con respecto ao RD 20/2012  (sete días de vacacións de disfrute independente, a posibilidade de unir eses días aos moscosos, concesión do permiso de ingreso hospitalario de xeito independente no prazo dun mes, mantemento do horario de verán e semana grande, días de asuntos particulares por cada festivo nacional que coincida en sábado, …), o Director Xeral, nunha actitude fascista sen precedentes, non sabemos se dirixido, como un monicreque, polo Conselleiro, trocou a súa actitude na mesa amosando  desprezo ás Organizacións Sindicais con representación na mesma (CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG) e por ende, aos traballadores; o detonante da súa mala fe negociadora foi a negativa da concesión de días de libranza a custe cero a cambio do exceso de horas traballadas.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día de hoxe algunha das  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo.


Adxudicacións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oR19xNlBzYkt2aDQ/edit?usp=sharing

Novas substitucións:
https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5ocDZOOXlpTS1sNjA/edit?usp=sharing

lunes, 6 de mayo de 2013

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS 2013

   No DOG e BOE de hoxe 6 de maio saen publicadas as resolucións de convocatoria do concurso de traslados deste ano 2013. 
   O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro 16 DE MAIO.
   Podedes cubrir a instancia de xeito informático a través da aplicación AINOA facendo click no enlace de abaixo ou ben entrando na intranet de xustiza  en RR.HH - Concursos de traslados. Non esquezades que aínda cubrindo e formalizando a instancia de xeito informático debedes tamén imprimir a mesma e enviala da forma ordinaria a administración correspondente. Se todos o facemos así poderemos axilizar moitísimo a resolución do concurso.