viernes, 28 de noviembre de 2008

LISTADOS DEFINITIVOS DE ACCION SOCIAL

LISTADOS DEFINITIVOS DE ACCION SOCIAL

 


 No DOG do 28 de novembro publicase a Resolución do 24 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2008 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.


 Os listados estan pubicados na paxina web da Xunta. premer aqui para ver os listados



COMISIONS DE SERVIZO PARA OS XULGADOS...

COMISIONS DE SERVIZO PARA OS XULGADOS DE NOVA CREACION.


A Xunta de Galiza informanos de que o vindeiro día 2 de decembro sairan para ser cubertas por Comisións de Servizo entre titulares destinados en órganos radicados en Galiza en situación de servizos activo.

Teran perferencia na selección so participantes que nonobtivesen praza no último concurso de traslado, nin se atopen en comisión de servizos ou substitución.

O prazo de de presentación de solicitudes será de CINCO DIAS hábiles desde o día seguinte a publicación do DOG. sera requisito remitir as solicitudes por fax ao 981.546222, e despois remitiranse na forma que determina a lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administativo común.

As Vacantes que se convocan son:






































































XULGADO

CORPO XESTIÓN


CORPO TRAMITACION


CORPO AUXILIO

Xdo 1ª insta. 12 A Coruña

3


4


1

Xdo 1ª Insta. 6 Santiago

2


4


1

Xdo Contencioso-Adtvo 2 Lugo

2


4


1

Xdo 1ª Insta. 6 Ourense

2


4


1

Xdo 1ª Insta. 5 Pontevedra

2


4


1

Xdo mixto 2 A Estrada

2


2


1

Decanato de Cangas

0


1


0

Decanato O Porriño

0


1


0






martes, 25 de noviembre de 2008

MESA SECTORIAL – 20/11/2008

MESA SECTORIAL – 20/11/2008



Na MESA SECTORIAL celebrada onte en Santiago chegáronse aos seguintes acordos:




  1. Asináronse as actas onde se recolle o acordo de aumento retributivo para o ano 2009. Segundo o Subdirector de MM.PP., dito acordo xa foi remitido ao Consello da Xunta a fin de ser aprobado antes de que finalice este ano. Esperemos non ter problemas para a percepción de dito incremento salarial.



  1. En breve serán publicadas no DOG a Orde e a Resolución de interinos e concesión de permisos e licenzas, respectivamente, logo dunha longa negociación coa administración.

En permisos e licenzas foron recollidos, nunha única norma que facilitará a súa localización, todos aqueles máis favorables que nos son de aplicación consonte ao Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei da Función Pública Galega. A proposta da CIG conseguiuse incluir a equiparación das parellas de feito que estiveran sen inscribir nun rexistro de parellas ao resto de parellas de feito e matrimonios, aos efectos da petición de permisos e licenzas.


Na regulación das novas bolsas de interinos, entre outras novidades, cabe salientar as seguintes:


1. Tentáronse corrixir os erros máis importantes de que adoecía a anterior regulamentación, a fin de facer máis axil a xestión e nomeameto de dito persoal.


2. Estableceuse a posibilidade da comarcalización, e dicir, posibilidade de elección de comarca de preferencia.


3. Auméntouse de xeito considerable o número de compoñentes das bolsas (tramitación e auxilio) debido ao efecto rebote das substitucións verticais.


4. Permitiuse no mesmo corpo o cambio de bolsa dentro da Comunidade Autónoma por modificación do enderezo de residencia.


5. Regularizouse definitivamente a aquel persoal interino que non posue a titulación correspondente para o corpo que se desempeña.


6. Establecéronse e xeito máis concreto as causas e preferencias de cese tanto entre interinos como entre titulares e interinos.





  1. Constatouse na mesa a problemática existente nas atribucións de funcións do corpo de auxilio judicial e todas as centrais sindicais coincidimos en indicar que dita problemática ven dada pola negativa da administración á creación dos servizos comúns de auxilio judicial. Quedouse de realizar unha xuntanza para analizar en profundidade o tema e prantexar as posibles solucións ao mesmo. A CIG, como noutras ocasións, propuso que as retribucións para o caso de atribución de funcións fora diaria por analoxía as retribucións dos Secretarios Xudiciais en casos similares.

Por parte da CIG, así mesmo, fíxoselle chegar a petición de que a resolución de substitucións debe ser aplicada na súa totalidade e proceder a nomear substitucións horizontais antes de proceder ao nomeamento de pesoal interino.




  1. En canto aos órganos de nova creación, preguntouse sobre a ubicación dos mesmos, dada a escaseza de espazos nos edificios xudiciais, remitíndosenos por parte da Dirección Xeral á Secretaría Xeral da Consellería que é a encargada das obras e infraestructuras xudiciais. Coma sempre na administración de xustiza imos por detrás das necesidades reais de espazo

Así mesmo a CIG fixo fincape que na maioría de órganos creados redúcense nos seus cadros de persoal o número de traballadores, sen que esta reducción se reflicta na creación de prazas nos servizos comúns e decanatos co que se consegue a saturación deste últimos.




  1. En canto ao sistema de gardas nos órganos xudiciais solicitouse para Vigo e Coruña que a totalidade do cadro de persoal entre de garda ordinaria debido a sobrecarga de traballo que se rexistra neste servizo e ante a imposibilidade de momento de poder acceder ás gardas de 24 horas debido aos módulos de traballo fixados polo CXPX.

Solicitouse así mesmo que se estableza un acordo (a semellanza co fixado en Catalunya) para retribuir correctamente os distintos servizos de garda


Na Coruña, a partires do 1 de Janeiro de 2009 será de aplicación a dobre garda xa vixente na actualidade en Vigo.




  1. En rogos e preguntas por parte da administración indicóusenos que non se ia contestar ao recurso prantexado pola CIG contra a creación dos perfis nas fiscalias de determinados postos que cotempla a norma ISO. A CIG entende que ditos perfis non foron negociados pola administración e que os mesmos deben formar parte da RPT correspondente, sen que quepa a súa dotación na actualidade ao carecer desta última ferramenta.

Preguntada a administración se estaba enterada da CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS para este ano 2008 indicóusenos que se enterou neste mesmo día da súa publicación no BOE. A CIG recriminoulle á Directora Xeral o seu poco peso específico tanto a nivel da propia Consellería de Xustiza como a nivel do Ministerio de Xustiza e que era unha vergonza que unha administración convocante se enterara, sen ningún tipo de antelación, da convocatoria de oposicións para o acceso ao corpo de xestión na nosa Comunidade Autónoma (así tamén saiu o concurso de traslados).


Pola CIG preguntouse finalmente se se ian manter as quendas dos rexistros civis. A administración indicou que en principio se manterían as mesmas en identicas condicións, poidendo os novos traballadores dos rexistros civis entrar a formar parte daquelas en canto remataran as vixentes.

lunes, 17 de noviembre de 2008

A CIG mobilízase en toda a Galiza en ...


A CIG. MOBILIZASE EN TODA A GALIZA EN DEMANDA DE MEDIDAS PARA AFRONTAR A CRISE ECONOMICA


As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro mobilizaron a máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social





jueves, 13 de noviembre de 2008

Delegados da CIG concéntranse contra ...


 


Delegados da CIG concéntranse contra o último acordo retributivo para os empregados públicos



Un cento de delegados/as da Área Pública da CIG, que engloba as federacións de Administración Pública, Ensino e Saúde, concentráronse o 5 de novembro diante da Delegación do Goberno español na Coruña para rexeitar o último acordo retributivo atinxido na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.





 



Ao remate da protesta, unha representación dos delegados rexistrou unha carta dirixida á ministra de Administracións Públicas que recolle os motivos polos que a CIG rexeita este acordo. O escrito presentado tamén contempla as demandas expresadas pola central nacionalista a este respecto.



 



Á Área Pública da CIG rexeita o acordo asinado na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, que foi rubricado polo Goberno do Estado e os sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF, pois supón unha suba salarial do 3% (2% con carácter xeral e 1% para completar o Complemento específico nas pagas extraordinarias).



Reivindicacións



A Área Pública da CIG volveu reiterar as súas propostas retributivas nas seguintes cuestións:



1.Suba do IPC real



2. Cláusula de Revisión Salarial



3. Recuperación do poder adquisitivo



4. Eliminación da taxa de reposición de efectivos



5. Recoñecemento do dereito a xubilacións anticipadas/parciais e retirada das disposicións que restrinxen a invalidez nas clases pasivas



5. Incorporación do salario directo do importe dos planos de pensións.



Por estas razóns, a Área Pública da CIG defende que os traballadores e as traballadoras das distintas administracións públicas poidan manter o seu poder adquisitivo e que se melloren os servizos públicos eliminando as limitacións ás contratacións impostas pola taxa de reposición de efectivos.






PRAZAS DESERTAS DO CORPO DE XESTION EN GALICIA

PRAZAS DESERTAS DO CORPO DE XESTION NO CONCURSO DE TRASLADOS EN GALICIA

A CIG despois de que o Ministerio de Xustiza resolvera de forma definitiva o concurso de traslado, e ante as prazas desertas que se producen no corpo de Xestión, ven de solicitar da Dirección Xeral de Xustiza que de forma urxente anuncie na intranet as mesmas para que poidan ser cubertas en SUBSTITUCION entre titulares. As desertas que se producen como consecuencia do concurso de traslados son:



Resultas que quedan vacantes:




  • -SERVICIO COMÚN DE APOIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (2 prazas)


  • -XDO. DE PAZ DE A GUARDA


  • -XDO. DE CALDAS 1


  • -XDO. DE INSTANCIA Nº 2 DE PONTEVEDRA


  • -XDO. DE PAZ DE O PINO


  • -XDO. DO BARCO DE VALDEORRAS Nº 2


  • -XDO. DE PAZ DE BEGONTE


  • - XDO. DE ARZÚA


  • -XDO. DE MUROS


  • -XDO. DE PAZ DE MUXÍA


  • -XDO. DE ORTIGUEIRA


  • -XDO. DE RIBEIRA Nº 2


  • -S.C.N.E. DE SANTIAGO (2 prazas)


  • -XDO. DE PADRÓN Nº 1


  • -SERVICIO COMÚN DE APOIO DE VIGO


  • -XDO. DE PAZ DE CARNOTA


  • -XDO. DE MONDOÑEDO


  • -XDO. DE CHANTADA


  • -XDO. DE PAZ DE VIANA DO BOLO


  • - XDO. DE PAZ DE PONTE-CALDELAS


  • -VIXIANCIA PENITENCIARIA DE PONTEVEDRA


  • -XDO. TUI Nº 1


  • -XDO. PENAL 3 DE VIGO


  • - AP SECC. 6º VIGO


  • - MIXTO 1 DE PONTEAREAS


  • -REXISTRO CIVIL DE VIGO (2 PRAZAS)


  • -XDO. DE PAZ O GROVE



Vacantes que quedan vacantes:




  • -INSTANCIA 3 DE SANTIAGO


  • -MONTERROSO


  • - CAMBADOS 4 (2 prazas)


  • -INSTRUCCIÓN 4 DE VIGO


  • -INSTRUCCIÓN 5 DE VIGO


  • -PENAL 1 DE VIGO