Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

BOLSA DE INTERINOS DE CASTELA-LEÓN - SEDE BURGOS

Na páxina web do Ministerio publicouse a Resolución da XERENCIA TERRITORIAL DE XUSTIZA DE CASTELA-LEON  EN BURGOS,  de data 26 de setembro de 2016, pola que se acorda a convocatoria para a constitución de bolsas de traballo de persoal interino en dito territorio, en relación cos corpos de M.Forenses, Xestión, Tramitación e Auxilio, para as provincias de Ávila, Burgos, Segovia e Soria. O prazo de presentación de instancias será do 3 de outubro de 2016 ao 17 de outubro de 2016. Ligazón instancia: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428077123?blobheader=application%2Fmsword&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_I_Bolsa_Interinos_CyL_2016_Burgos.DOC

EXAME DE INCIDENCIAS - TRAMITACIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OP2015

No día de hoxe, na páxina web do Ministerio aparece publicado o Acordo de 27 de setembro de 2016 do Tribunal Calificador Único, polo que se convoca á realización do exame de incidencias, correspondente ao primeiro exercicio (TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, QUENDA LIBRE, Orde JUS/2684/2015, de 1 de decembro (BOE de 15 de decembro))

DISTRIBUCIÓN SEDES DE EXAME - AUXILIO XUDICIAL - OP2015

Na páxina web do Ministerio acaba de publicarse a distribución por Facultades e Aulas para a realización dos exercicios do próximo 1 de outubro de 2016, para acceso ao Corpo de Auxilio Judicial.  * Os aspirantes que se examinan en Madrid, deben tener en conta o ámbito polo que concorren: Ministerio de Xustiza ou Comunidade de Madrid . * Os aspirantes que concorren por outros ámbitos territoriais, con máis dun Centro de exame, poderán consultar na páxina web da Comunidade Autónoma respectiva.

CONCENTRACIÓNS NOS EDIFICIÓS XUDICIAIS - OITO ANOS PERDIDOS... E O QUE NOS QUEDA.

As organizacións sindicais con presenza no sector da Xustiza realizaron este semana pasada sendas concentracións diante de edificios xudiciais da Coruña e Lugo (En Pontevedra e Vigo non lles foi permitido pola Subdelegación do Goberno) para denunciar o desmantelamento da xustiza por mor das políticas de recortes do PP, alertando da grave falta de medios humanos e materiais para garantir un servizo público de calidade.  Hoxe é un día triste, porque o que foron 8 anos de infortunio van camiño xa de iniciar a súa andaina hacia os 12 e, o que é peor, que as cousas non van mudar ´para mellor, nin un ápìce, nestes vindeiros catro anos.  http://www.galizacig.gal/avantar/novas/21-9-2016/concentracions-de-traballadoresas-en-edificios-xudiciais-contra-o-desmantelamento-da

PRIMEIRO EXERCICIO - LETRADOS ADMÓN.DE XUSTIZA - QUENDA LIBRE - OP2015

No BOE de hoxe, 23 de setembro, publicouse o Acordo do Tribunal Cualificador número Un, polo que se convoca aos aspirantes pola quenda libre á realización do primeiro exercicio.  

CONVOCATORIA DATAS DE EXAMEN ORAL DA PROMOCION INTERNA A LETRADOS DA ADMÓN. DE XUSITZA

¡ÚLTIMA HORA! CANCÉLASE A CONVOCATORIA PUBLICADA PARA O DÍA 22 DE SETEMBRO, QUE PASA AO DÍA 26 DE SETEMBRO. A hora de comenzo do chamamento en todos os Tribunais será ás 16:30h. Datas nas que non haberá chamamento: 12/10, 20/10, 31/10, 01/11 y 09/11. Datas nas que haberá chamamento: 14/10, 04/11 y 11/11, ás 10 horas en todos os casos. Os lugares de celebración do exercicio oral son: - Tribunal nº 1: Sala de Vistas 2.27 - 2º andar, ata o 6 de outubro. A partir do 10 de outubro, Biblioteca d o Tribunal Supremo, 2.02 - 2º andar. - Tribunal nº 2: Sala 4ª - Sala de Vistas 2.25 - 2º andar. - Tribunal nº 3: Sala 5ª - Sala de Vistas 2.21 - 2º andar. - Tribunal nº 4: Sala II, Sección 2ª, 1.38 - 2º andar. A entrada farase pola rúa Marqués da Ensenada, nº 1 de Madrid.     Documentos asociados Convocatoria 26 a 29 septiembre (PDF. 15 KB ) Rectificación convocatoria 26 a 29 septiembre (Tribunal 3) (PDF. 15 KB ) Convocato

EXAMEN TIPO WORD PARA O CORPO DE TRAMITACIÓN - OP2015 - QUENDA LIBRE

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o examen d e escritura en Word das probas selectivas para acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa pola quenda libre. Ligazón: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428072608?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DSegundo_Ejercicio._Prueba_de_Word.pdf

COMO DESVIAR O CORREO DA CONTA "XUSTIZA.GAL" A TÚA CONTA DE CORREO PARTICULAR

De todos é sabido que as contas de correo corporativas "xustiza.gal" non son as máis empregadas polas traballadoras/es da Administración de Xustiza para realizar as súas xestións, aínda que isto probablemente terá que ir mudando nos vindeiros meses.  Tras a implantación na OPAX da "Caixa de Comunicacións", a través da cal a administración autonómica pretende realizar todos os trámites relacionados coa vida laboral do traballador, empregando así mesmo as contas de correo corporativo como cauce de aviso e información das notificacións enviadas, a fin de evitar que ditas comunicacións non sexan atendidas a tempo, aquí vos deixamos un manual para que todos os correos que vos cheguen á conta de correo corporativo "xustiza.gal" os podades ter ao mesmo tempo tamén nas vosas contas de correo particulares, evitando así que, por non abrir o correo corporativo coa frecuencia necesaria, perdades algunha notificación importante. O correo así reenviado quedará tanto

CANDO ALGUEN LLE PISA OS "CALOS" A ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

Incautos de nós só se nos ocorre, no seo da Xunta de Persoal de Pontevedra, a idea de denunciar á Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza polo intento de realización dun acto que considerabamos electorarista, como era o de publicitar, en plena campaña electoral, o gañador do proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo, escudándose en que se trataba dun procedemento administrativo e que se tiña que cumprir coa data fixada para este acto antes sequera da convocatoria das eleccións autonómicas. As represalias non se fixeron  esperar e a Subdelegacion do Goberno en Pontevedra denegou a petición da comunicación dunha concentración (nin tan sequera manifestación) das traballadoras/es da administración de xustiza en Vigo e en Pontevedra, escudándose no prazo de comunicación, cando en ningunha ocasion anterior, a pesares de tampouco cumprir con ese prazo, se nos denegou nunca un acto deste tipo. A administración autonómica actuou deste xeito (eles dirán que non, qu

CAIXA DE COMUNICACIÓNS DA OPAX

Segundo se publicou no día de hoxe na intranet , está dispoñible na OPAX a caixa de comunicacións , unha nova ferramenta de comunicación entre o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e os servizos de persoal nas súas relacións. A caixa de notificacións será a nova canle de notificación das resolucións que atinxen ao persoal dos corpos xerais da Administración de xustiza en Galicia. A través desta nova funcionalidade, e á medida que se vaian adecuando os procedementos actuais, os acordos, logo de seren asinados pola autoridade competente, serán postos polo correspondente servizo de persoal á disposición da persoa interesada no apartado da OPAX habilitado para o efecto, con vistas á súa consulta ou descarga. Posto que se trata dun medio de notificación, o acceso terá que facerse mediante o certificado electrónico co que conta todo o persoal ou ben a través de calquera outro medio dos validamente recoñecidos, incluido o asociado ao DNI. No

REMATA O PRAZO DE ALEGACIÓNS AO CONCURSO DE TRASLADOS.

L embrarvos a tod as/os as /os que participáchedes no concurso que ho xe rem ata o prazo de alegacións ao concurso de traslados e , tanto se obtivechedes destino provisional, como se non obtivéchedes destino ningún, tedes que consultar o voso Anexo III, que non é outra cousa que a vosa instancia gravada, para o cal tedes que ir á páxina do Ministerio de Xustiza e introducir o voso NIF para comprobar o contido da mesm a . Ligazón comprobación Anexo III: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario1#nif

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 14 / 0 9 /2016 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 15, 16 e 19 de setembr o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es Fax: 981546222 Ligazón para substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNOUNXY25kSFhqaUk/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

LISTAXE DOS DISTINTOS CHAMAMENTOS PARA O SEGUNDO EXERCICIO DE TRAMITACIÓN - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a listaxe cos distintos chamamentos que se farán nas respectivas sedes de examen, do segundo exercicio de acceso pola quenda libre ao corpo de Tramitacion Procesual e Administrativa.

MESA REDONDA SOBRE O ESTADO DA XUSTIZA E AS SÚAS ACTUAIS PROBLEMÁTICAS

¡¡¡ A XUNTA CONSIDÉRANOS DELINCUENTES SANITARIOS !!!

O Director de Función Publica “recoñeceu” na reunión de hoxe que non aceptaba incluír as enfermidades do R.D.2210/1995 (Gripe, Sarampelo, Hepatite...) porque dubida da veracidade de moitas das baixas presentadas polos traballadores. Tamén recoñeceu que esperan un estudo para saber canto diñeiro aforran ao descontar aos traballadores que están de baixa, e sobre todo canto aforran por ir os traballadores enfermos a traballar.   A XUNTA DE GALICIA QUERE FACERNOS COMULGAR CON RODAS DE MUIÑOS E QUE ACEPTEMOS: * Que Juan Xosé Martín, Director Xeral e Letrado da Administración de Xustiza, os Funcionari@s do Ministerio de Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados, Letrados e Fiscais NON TEÑAN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995; Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela, Infección polo Virus de la Inmunodeficiencia Humana/Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (VIH/SIDA), Legionelosis.............. E así ata alcanzar 60 enfermidades d

DATA, LUGAR E HORA DO EXAMEN DO SEGUNDO EXERCICIO DE TRAMITACIÓN - OP2015 - QUENDA LIBRE

No páxina web do Ministerio de Xustiza sae publicado o Acordo polo que sinala a data e os lugares e hora do examen correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo para ingreso no corpo de Tramitación Procesual e Administrativa - OP2015 , así como o barremo de corrección que o tribunal empregara en dito exercicio .  Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428055303?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_8_de_septiembre.pdf  Ligazón Sedes de Examen: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428055304?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_I._Sedes_de_Examen_0.pdf Ligazón Baremo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428055305?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3D

TOMADURA DE PELO OU ACORDO???

ANTE A INCAPACIDADE DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA PARA ASINAR O ACORDO QUE EVITE A DISCRIMINACIÓN SANITARIA DO PERSOAL DE XUSTIZA, OS SINDICATOS FORZAMOS UNHA REUNIÓN DEFINITIVA CO DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA DA XUNTA O LUNS 12/09/16 Dada a incapacidade do Director Xeral de Xustiza, na Mesa de Función Pública logramos que o máximo responsable da Función Pública de Galicia veña o próximo luns á nosa Mesa de Negociación para acadar un acordo que acabe coa discriminación sanitaria do persoal da xustiza galega. Ante a posibilidade de que a reunión sexa unha nova tomadura de pelo aos traballadores e traballadoras e non teñan intención de asinar o acordo, os Sindicatos con representación na Mesa temos convocados unha serie de actos e mobilizacións coincidindo coa campaña electoral. O punto de partida será o xoves 15 de setembro na Coruña. Na semana seguinte estenderanse a tódolos partidos xudiciais. NON PODEMOS PERMITIR QUE: Mentres os Funcionari

PARA CONTACTAR CO CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL HAI QUE PAGAR

Perplexos, como mínimo, nos deixou a contestación que nos remitiu o Consello Xeral do Poder Xudicial, indicándonos que, non se sabe porque designios da lei, non son un órgano da administración pública e, por iso, non se lles poden remitir escritos (supoñemos que por parte dos cidadans) a través dos rexistros xerais das distintas administracións, polo que só queda o camiño de pagar o servizo de correos, envios certificados, para contactar dunha forma correcta con eles ou tamén mandarlles un burofax. Así é como queremos achegar a xustiza ao cidadán, poñendo trabas e impedimentos baseados nunha rancia concepción do que é a independencia xudicial e a do seu órgano de goberno (por certo, escollido a dedo polo parlamento, non directamente polos cidadans). En fin, teremos que ir falando con Iker Jiménez para vez de xerar outra via de contacto co Consello Xeral do Poder Xudicial, a través do máis alá, dado a apariencia de ente de este "Organo Constitucional". Ligazón contest

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE AUXILIO XUDICIAL E LUGARES DE EXAMEN - OP2015

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/1435/2016, de 31 de agosto, pola que se elevan a definitivas as listaxes de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso no corpo de Auxilio Xudicial-OP2015 e se sinalan tamén os lugares e a hora do examen.  Na páxina web do Ministerio de Xustiza quedaran expostas a totalidade das listaxes defintivas nas que os opositores deberán comprobar a súa admisión ou exclusión. Tamén poderá comprobarse a admisión ou exclusión na Sede Electrónica do Ministeiro de Xustiza .

CONSULTA DE NOTAS OPOSICIÓN TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OP2015

Aquel que o desese xa poderá consultar a súa nota e obter a correspondente certificacion, accedendo á sede electrónica do Ministerio, no enlace que vos deixamos, tendo que introducir para iso ademais da súa data de nacemento o código da instancia presentada. 

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 05 / 0 9 /2016 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es Fax: 981546222 Ligazón para substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNSHVHbFhaYzNXOW8/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

EXPLICACIÓN SOBRE A DEVOLUCIÓN DA PAGA EXTRA 2012

Por se a algúen lle quendan dubidas sobre o contido da súa nómina de Agosto, en relación coa contía que como devolución do último pagamento da extra de 2012 fixo a nosa ben querida comunidade autónoma (despois de outros catro prazos), indicarvos que ao importe  que por ese concepto se nos pagou debe de sumarselle aquel outro importe que se nos devolveu en febreiro de 2013, en virtude dunha modificacion operada por la Lei 10/2012 de taxas xudiciais, na que na súa Disposición Final Cuarta equiparaban a retención da nosa paga extra co importe que se ia reter aos funcionarios da administracion xeral do estado, segundo os respectivos grupos. Como a nosa paga extra era máis grande que a ditos funcionarios, de aí a devolución operada pola administracion no citado mes de febreiro de 2013. A lectura que hai que facer desta devolución da paga extra e que non foi unha decisión graciosa da administración, se non que a mesma se acadou polas múltiples sentenzas gañadas, entre outras, por esta c

COMPROBACIÓN OBRIGATORIA DO ANEXO III DO CONCURSO DE TRASLADOS

Toda vez que o prazo para formular alegacións ao concurso de traslados finaliza o vindeiro 15 DE SETEMBRO , é bo lembrarvos a tod as/os as /os que participáchedes no concurso que, tanto se obtivechedes destino provisional, como se non obtivéchedes destino ningún, tedes que consultar o voso Anexo III, que non é outra cousa que a vosa instancia gravada, para o cal tedes que ir á páxina do Ministerio de Xustiza e introducir o voso NIF e comprobar o contido da mesma. Ligazón comprobación Anexo III: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario1#nif