Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2013

ACLARACIONS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO

Segundo a última comunicación do Ministerio e en base a unha nova difundida por unha Central Sindical en relación á Orde de 19-7-2013 pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, no senso de que se vai publicar unha nova listaxe do indicado concurso con data 2 de agosto comunícasenos o seguinte: 1º.- Non se van publicar novas listaxes provisionais de adxudicación de prazas do concurso de traslados resolto con data 19-7-2013. 2º.- As alegacións que se presenten serán revisadas e, no seu caso, serán correxidas na resolución definitiva do concurso. 3º.- As alegacións DEBEN PRESENTARSE EXCLUSIVAMENTE POR FAX, segundo indica a Orde de 19-7-2013, pois se presentan tamén a través do Rexistro Xeral do Ministerio, producirase unha duplicidade de alegacións cos prexuízos que iso acarrexaría.

PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS CONCURSO DE TRASLADOS

   O Ministerio acaba de trasladarnos as listaxes provisionais do concurso de traslados deste ano 2013. Esperemos que non teñan moitos problemas e fallos e que se parezan finalmente as definitivas o máximo posible.    Para coñecer os vosos destinos podedes poñervos en contacto cos delegados sindicais da CIG en cada provincia ou facer clic no enlace de abaixo que vos dirixe á páxina do Ministerio.     Aínda que obtiverades destino provisional debedes comprobar que o Anexo III está correctamente cuberto coas prazas que indicáchedes, xa que doutro xeito podería ter ocorrido algún erro de transcripción e iso provocar un destino non desexado.

ÚLTIMA HORA CONCURSO DE TRASLADOS

  Por parte do Ministerio de Xustiza comunicase que a resolución provisional do concurso de traslados anunciado con  data 15-4-2013 será publicada no Boletín Oficial do Estado do día 2 de agosto.   O prazo para presentar alegacións contarase desde o día siguiente a dita publicación e ata o15 de setembro.

EMPREGO DA BOLSA DE HORAS PARA DÍAS DE LIBRANZA

   Toda vez que xa houbo compañeiras/os que obtiveron crédito horario suficiente no mes de xuño para poder gozar dun día de libranza é polo que solicitamos da Dirección Xeral se publique na intranet a información pertinente sobre este extremo e tamén se dean as ordes oportunas as delegacións para que ese crédito horario se poida facer efectivo a través da petición de días de libranza.

OPOSICIÓNS SECRETARIOS XUDICIAIS

   No BOE de onte saíu publicada a Orde JUS/1287/2013, de 26 de xuño, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre e polo sistema de promoción interna, no Corpo de Secretarios Xudiciais.    As prazas ofertadas serán 58 e a distribución polas quendas de acceso será a seguinte: para o acceso libre: 29 prazas, das cales 2 constitúen o cupo de reserva de persoas con discapacidade. Para o acceso por promoción interna: 29 prazas, das cales unha constitúe o cupo de reserva de persoas con discapacidade.    O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de acceso libre, e mediante o sistema de concurso-oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna.    Os que desexen participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar no prazo de VINTE DÍAS NATURAIS (ata o 29 de xullo) o modelo oficial de solicitude de admisión as probas selectivas no

CONCURSO DE TRASLADOS

  Finalmente o Ministerio, desdecíndose unha vez máis do manifestado en mesa, agora comunica que "Es posible que lo publiquemos a finales de julio. Si es muy a finales dariamos plazo en septiembre." Polo tanto, as listaxes provisionais sairán en xullo e o prazo de alegacións ao concurso alongarase, ao parecer, ata setembro, a fin de que as compañeiras/os que estiveran de vacacións poidan revisar o mesmo.

MESA SECTORIAL XUSTIZA - 4 DE XULLO

Reunidas as centrais sindicais con representación na mesa sectorial de xustiza de Galicia, CCOO, SPJ-USO, UGT, CSIF e CIG, coa Dirección Xeral de Xustiza, pasamos a informarvos dos asuntos que alí se trataron: PROBLEMÁTICA NOS DESCONTOS NÓMINAS Por todas as centrais sindicais solicitouse á Dirección   Xeral que se recoñeceran os erros   cometidos na confección das nóminas e a dificultade que a redacción das mesmas ocasionou ás compañeiras/os para o seu entendemento. Así mesmo, solicitouse que se expedira unha certificación de haberes ata o día da data, para comprobar os seguintes extremos: -        En relación ás compañeiras/os que solicitaron o anticipo da extra de xuño,   para coñecer se coinciden tanto a cantidade bruta e líquida a percibir   comparándoas coas compañeiras/os que non a solicitaron. -        En canto á retención sufrida no CAT e o IRPF deste complemento, solicitouse que se axustaran nos próximos meses as cantidades retidas indebidamente. Por outra

ACUMULACIÓN CRÉDITO HORARIO

   Dende a Dirección Xeral recórdasenos a todo o persoal ao servizo da Administración de xustiza que non se poderá acumular crédito horario para días de libranza durante os meses de xullo e agosto . O tempo realizado e acumulado xa se pode consultar a través da OPAX na pestana correspondente.

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Publicáronse na intranet os avisos de desocupación de novas prazas e o prazo de presentación de solicitudes remata o día 3 de xullo. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Novas substitucións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oT3FIYTVxTVdaWWc/edit?usp=sharing

AXUDAS POR REDUCIÓN DE XORNADA PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR

   No DOG de hoxe 19 de xuño de 2013 saíu publicada a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo .    As solicitudes deberán presentarse no prazo de un mes (ata o 1 de agosto) e  preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.    Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o f