jueves, 27 de septiembre de 2012

ORZAMENTOS DO ESTADO PARA 2013

   Este mércores pasado tivo lugar en Madrid a Mesa Xeral de Administracións Públicas co único punto na orde do día da presentación do capítulo adicado a persoal, dentro dos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, que aborda as retribucións e condicións laborais do persoal ao servizo das administracións públicas. Un ano máis estes orzamentos inciden na conxelación salarial e no mantemento da taxa de reposición do 0%, afondando deste xeito no deterioro e desmantelamento dos servizos públicos.
   Recuperarase a paga extra de nadal para o 2013 (salvo que en xullo volvan a ditar outro Decreto-Lei) pero mantense, como xa se indicou, a conxelación salarial e a correspondente perda de poder adquisitivo que, xunto coa taxa de reposición do 0% e a non cobertura das prazas por persoal interino, fará que este ano os servizos públicos queden, aínda se cabe, máis deteriorados.

Nova completa sobre o anteproxecto de orzamentos

miércoles, 19 de septiembre de 2012

CONCENTRACIÓN NOS XULGADOS DE VIGO CO CONSELLEIRO SR. RUEDA DE PROTAGONISTA

   Hoxe en Vigo as compañeiras e compañeiros demos unha lección de dignidade como traballadores públicos e recibimos como se merecía ao Conselleiro de Xustiza Sr. Rueda, quen viña a formalizar a constitución do centro de mediación familiar. O Sr. Conselleiro recibiu unha sonora pitada e fomos quen de seguilo ata a mesma sala de reunións onde ía ter lugar o acto formal de presentación e retrasar dita constitución durante máis de media hora, ata que se ameazou aos traballadores co desaloxo por parte das forzas do orde público que custodiaban as portas de entrada. Tal foi o éxito da concentración-pitada-algarabía que ningún medio de comunicación puido retratar o momento da constitución formal do centro de mediación.

   O máis triste do acontecido neste día foi ver como, os nosos superiores, Xuiz Decano de Vigo, o Fiscal Xefe de Area, o Fiscal Xefe do TSX e o Presidente do TSX, todos eles empregados con soldo do erario público e aos que tamén lles van a detraer a extra de nadal (claro que cobrando 3000, 4000 ou 5000 euros ao mes ao mellor non o sinten tanto), lle estiveron a bailar o auga ao Sr. Conselleiro, no canto de solidarizarse co resto de  traballadores e deixar só a aquel na sinatura da constitución do centro de mediación. Moi ao contrario, foron os que o arrouparon neste acto, cando o lóxico sería deixalo só, mostrando así o descontento do colectivo como empregados públicos, pero en fin, que se lle pode pedir a quen realmente non se considera empregado público se non un poder do estado. A ver se algúns dos compoñentes da "caste" xudicial deste pais aprende dos xuíces Gregos.

CRITERIOS AUSENCIA POR ENFERMIDADE E PAGA EXTRA

   Finalmente a Subdirectora Xeral confirmou que, salvo "catástrofe", a paga extra aos funcionarios de xustiza lles será retirada no mes de decembro, procedendo a non abonar a mesma en dito mes, polo que non se levará a cabo o previsto no Decreto-Lei de medidas económicas ditado polo goberno en relación co detrimento mensual e prorrateado de dita paga.
   En canto as ausencias por enfermidade (1-3 días), que ata o de agora non se tiñan que xustificar se non simplemente comunicar, no caso de que as mesmas se reproduzan con determinada frecuencia a longo do ano (máis de 3 veces) levará aparellado que a partir do 2 día deberá de presentarse xustificante médico.

martes, 18 de septiembre de 2012

PETICIÓN DE PRAZAS XESTION PI - OP2011

   A administración ven de publicar a Resolución do 10 de setembro de 2012 pola que se ofertan as prazas desertas aos opositores que superaron a probas de acceso ao corpo de Xestión na quenda de promoción interna dos procesos selectivos convocados no 2011.

Resolución ofrecemento de prazas.

viernes, 7 de septiembre de 2012

PROLONGACIONS DE XORNADA NOS XULGADOS DO SOCIAL

   Segundo a Dirección Xeral de Xustiza e, con base aos pedimentos realizados, vanse a outorgar prolongacións de xornada, tanto nos Xulgados do Social de Vigo como nos de Santiago, a prol de 1 Xestor, 2 Tramitadores e 1 Auxilio por órgano, a fin de poder facer fronte ao traballo que poida xerar o maxistrado de reforzo nomeado en ditas cidades e xurisdición.

jueves, 6 de septiembre de 2012

CURSO PRÁCTICO - CORPO XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OP2011

   Segundo nos comunica a administración, a convocatoria dos funcionarios en prácticas para a realización do curso selectivo para o acceso ao Corpo de Xestión (Promoción Interna) será no lugar, día e hora abaixo indicados:

Lugar: EGAP (Escola Galega de Administración Pública - Rúa Madrid, 2-4, Santiago
Día: 17 de setembro de 2012
Hora: 10:00 Horas

Resolución Dirección Xeral

miércoles, 5 de septiembre de 2012

LISTAXES PROVISIONAIS ACCIÓN SOCIAL 2012 - AXUDAS DISCAPACIDADES

   Hoxe enviouse ao DOG, para a súa publicación,  a Resolución pola que se aproban as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do fondo de acción social 2012 para funcionarios da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia.

   Ao tratarse do programa III (axuda discapacidades) non se publicara ningunha listaxe na web, as comunicacións enviaranse aos interesados por correo con acuse de recibo a partir do momento da publicación no DOG da resolución.