Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2019

RETRASO NAS CONVOCATORIAS DE PROMOCIÓN INTERNA

O Ministerio de Xustiza informounos do retraso na publicación das convocatorias de promoción interna dos Corpos ao Servizo da Administración de Xustiza por problemas informaticos detectados na plataforma de xestion de ditos procesos selectivos; problemas que debe resolver Funcion Publica antes poñer en marcha ditos procesos selectivos.

CONVOCATORIA BOLSA DE INTERINOS PERSOAL XERAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALIZA

Como xa vos adiantaramos nunha nova recente, no día de hoxe públicase no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190326/AnuncioG0244-200319-0003_gl.pdf

PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS NIVEIS DE LINGUA GALEGA CELGA 1,2, 3 E 4

No DOG do 25 de marzo publicouse a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190325/AnuncioG0535-200319-0005_gl.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O  14 de marzo, publicáronse as resolucións coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas os pasadosdía 1 e 8 de marzo, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicialou nas seguintes ligazóns:
https://drive.google.com/file/d/1nREE_iKVvEQHxJwn1g5Xjxl-qvqRwQfV/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1ImGcDi5UTEXQwyXAzqJjNnAS44o1N2pe/view?usp=sharing

CURSOS DE FORMACIÓN DE APLICACIÓNS DO CENTRO DE TRABALLO

No DOG do luns 18 de marzo de 2019 saíu publicada a Resolución do 11 de marzo de 2019 pola que se convocan actividades de formación para o posto de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (Lexnet, Punto neutro xudicial, Intranet, Minerva, Sirax, e Outras utilidades e aplicacións).

SENTENZA ESTIMATORIA COTIZACIÓNS SEG.SOCIAL ANTERIORES A 1990

A CIG ven de acadar a primeira sentenza estimatoria na que resultan condenadas tanto a TXSS como o Ministeiro de Xustiza, en relación coa falta de cotizacións á seguridade social do persoal interino que prestou servizos nos anos anteriores a 1990. Dita sentenza foi estimada totalmente, con imposión de custas por importe de 750€ a cada unha das partes demandas, e dicir, ademais de ter que dar de alta na seguridade social á traballadora, con caracter retroactivo, terán que abonar esas sumas pola condena en custas.


"FALLAMOS: Estimar el recurso contencioso-administrativo interpuesto por ........ contra resolución de la Dirección Provincial en Pontevedra, con sede en Vigo, de la Tesorería General de la Seguridad Social, de fecha 21 de marzo de 2018, desestimatoria de recurso de alzada planteado frente a otra de 13 de noviembre de 2017, por la que se denegó solicitud deducida por la actora relativa a su retroactiva afiliación, alta y cotización en el Régimen General de la Seguridad Soc…

E SEGUIMOS PARA BINGO. A CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO EN 40 MILLÓNS DE EUROS

É unha pena que o delito de malversación de caudais públicos non se poda aplicar neste caso ao conselleiro Sr. Rueda e ao presidente da Xunta de Galicia, Sr. Feijoo, pois a mala xestión política non está castigada no Código Penal. Un pode enterrar 40 millóns de euros nunha obra pública como a cidade da xustiza do antigo Hospital Xeral de Vigo (e o que te rondará...) e irse de rosiñas para a súa casa, sen o menor pudor e sen que ninguén che poda pedir responsabilidades por tan tremenda neglixencia.
A Xunta de Persoal de Pontevedra cansouse ata a saciedade de solicitar da consellería da que é titular o Sr. Rueda,  de que con anterioridade a calquera licitación sobre execución de obras no antigo edificio do Hospital Xeral de Vigo se fixera un estudio pormenorizado do estado das citadas instalacións, concretamente, entre outros, o escrito de data 11/3/2016, no que se indicaba claramente que, tras as conversas mantidas co Departamento de Tecnoloxía da Construción da Facultade de Arquitectur…

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 08/03/2019 e 11/03/2019 os avisos de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 11, 12  e 13 de marzo. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1C3KfTAzudhQp4UdxxZkiQ0ChCj93jgOX/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwG

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 01/03/2019 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 4, 5  e 6 de marzo. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1Jswo4FbtoJvB6Mcprd6VtdzfVuhXMlkM/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwG