Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2008

CURSO SOBRE REXISTRO CIVIL, modalidade teleformación

ADMITIDOS CURSO REXISTRO CIVIL


De conformidade co establecido na Resolución da Escola Galega da Adminsitración Pública do 23 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 126, do 1 de xullo), pola que se convoca o curso de rexistro civil para persoal ao servizo da administración de xustiza, este terá comezo o vindeiro día 1 de outubro, na modalidade de Teleformación,

Podedes consultar a listaxe de admitidos ao curso

listado de admitidos no curso

CREACION DE SERVICIOS DE ATENCION O CIDADAN E VICTIMA

A Xunta constitúe os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e VigoEstes servizos iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008Asumirán a atención personalizada ao cidadán, a información xeral, o tratamento de suxestións ou queixas e a asistencia ás vítimas dos delitos e das faltasSantiago, 26 de setembro de 2008.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da súa Dirección Xeral de Xustiza, publicou esta mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo polo que se constitúen os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima, dependentes dos decanatos dos xulgados de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Estas oficinas serán atendidas por persoal ao servizo da Administración de xustiza e iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008.O servizo, que actuará en coordinación coa Unidade de Atención á Cidadanía do Consello Xeral do Poder Xudici…

MESA SOBRE OFERTA DE EMPREGO ANO 2008

A  Administración asumíu que os últimos procesos selectivos foron moi longos, pero achacárono á fase de concurso, dado que as diferentes Administracións retrasáronse moito en enviar as certificacións de servizos prestados, e por iso, eliminan ese requisito facendo que sexa o propio opositor o que faga unha declaración sobre os servizos prestados.

Por outra banda, asume o compromiso de que o tribunal calificador único, na primeira reunión, fixe un calendario aproximado de realización de exercicios, pero non vai constar nas bases; ao noso comentario de se van respetar os prazos do mesmo xeito que os establecidos nas anteriores convocatorias, non houbo resposta.

Comprometeronse a unha maior coordinación coas Comunidades Autónomas para que non haxa os desfases deste proceso pasado.

Parecelles digna de estudo a proposta feita por un sindicato de, no futura facer as convocatorias escalonadamente, primeiro secretarios, logo xestores, despois tramitación e por último auxilio, co fin de evitar qu…

CORRECCION DE ERROS NO CONCURSO DE TRASLADOS

O dia 24 de setembro a Xunta comunícanos via Correo electrrónico a seguinte mensaxe en relación co concurso de traslados "Detectado un erro na adxudicación provisional do concurso de traslados intentaremos publicar no BOE e DOG a seguinte corrección:
Eliminar a resulta ofertada- núm. 4228 -do corpo de tramitación correspondente á Sección 1ª da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Motivo:
A Sección 1º ten no seu cadro de persoal un tramitador de maís do aprobado polo Ministerio de Justicia, "sobredotado", e autorizamos unha comisión de servizos para a Sección 2ª que ten unha praza vacante, ofertada no concurso de traslados.
Cando nos confirmen do Ministerio se é posible a corrección e data prevista de publicación no BOE, remitimos un ovo correo para a vosa información".



O dia de hoxe 25 e despois de conversas, e diversas aclaracións formuladas pola CIG coa Conselleria, esta nos comunica: En relación coa corrección dun erro na adxudicación provisional do concurso de t…

CREACIÓN DE SERVIZOS DE ATENCIÓN AO CIDADÁN E VÍTIMA

A Xunta Informanos que o día 26 de setembro é a data prevista de publicación no DOG da resolución de creación dos Servizos Comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia a Vítima, nas localidades de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Nesa resolución tamén acordase a data de entrada en funcionamento para o día 31 de outubro.

Esta prevista que a provisión de postos destes Servizos, se faga mediante comisións de servizos.

CURSOS DE GALEGO XURIDICO

Listaxes provisionais dos cursos medios e superiores de linguaxe xurídica galega dentro da Comunidade Autónoma de Galicia



medio A Coruña

medio Ferrol
medio Santiago
medio Vigo
superior A Coruña
superior Ferrol
superior Lugo
superior Ourense
superior Pontevedra
superior Santiago
superior Vigo



As solicitudes as que lle falta a documentación sinalada nas listaxes provisionais dos cursos medios e superiores de linguaxe xurídica galega para persoal de xustiza (dentro da Comunidade Autónoma) deben ser subsanadas no prazo de 10 días a partir do 18/09/2008.

OPOSICIONS OFERTA DO 2008

OPOSICIÓNS 2008.-

O, 16 de setembro, celebrouse Mesa Sectorial en Madrid a fin de analizar as novas bases que rexeran as vindeiras oposicións aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio; xuntanza que proseguirá o vindeiro 25 de setembro a fin de rematar a negociación correspondente. Segundo o Ministerio, ata o mes de novembro, como mínimo, non saira a convocatoria debido ao informe preceptivo do MAP.
Por parte da CIG fixéronse propostas a fin de que se procedese a reducción dos temarios (sobre todo nos procesos de promoción interna) ademáis dunha máis ampla regulamentación das bases en aspectos tales como os que de seguido vos indicamos:

- Participación ao mesmo tempo por promoción interna e turno libre.
- Valoración das diversas titulacións de informática
- Revaloración das titulacións que teñan que ver co dereito fronte ao resto de licenciaturas e diplomaturas, tales como relacións laborais, criminoloxia, etc.
- Revaloración da titulación de…

CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS.-
O Ministerio de Xustiza informanos de que se prevese a publicacion da listaxe definitiva do concurso de traslado para finais de outubro, polo que os ceses e tomas de posesión respectivos faranse de xeito escalonado ao longo do mes de novembro.